Segundo a última actualización, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 869, informa a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellaría de Sanidade. Deles 215 atópanse na área da Coruña, 58 na de Lugo, 124 na de Ourense, 37 na de Pontevedra, 261 na de Vigo, 147 na de Santiago, e 27 na de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, un máis entrou na UCI, co que se alcanzan 12 casos actualmente neste estado. Ademais, 61 están en unidades de hospitalización e 796 no domicilio. A cifra de persoas curadas ascende a 9.716, rexistrándose 613 falecementos, un máis ca onte.
O número de PCR realizadas é de 134.690.