En Santiago de Compostela realizouse o acto de presentación da plataforma Galiza Contra a Guerra, que reúne a diversas organizacións contrarias ao ataque imperialista que Estados Unidos e algúns aliados preparan contra Siria.
Segundo un dos seus portavoces, Óscar Valadares, “este ataque é unha “estratexia xenocida e criminal que leva ao pobo sirio ao abismo para impoñer intereses económicos e políticos”. “Abrirá a caixa de Pandora dunha situación de consecuencias imprevisíbeis que ameazan con incendiar aínda máis a rexión”, engadiu.
Galiza Contra a Guerra cualifica de “imperialista” o ataque e aposta pola “negociación política para lograr a resolución de conflitos, respectando sempre a soberanía dos pobos”. Ademais, desde a plataforma avisan de que aínda no caso de que Nacións Unidas chegue a autorizar o ataque “este continuaría sendo unha barbarie”.
Da plataforma fan parte organizacións como a CIG, Adega, Nós-UP, PCPG; Causa Galiza, BNG, Fruga, Isca, Xuventudes Comunistas ou Galiza Nova.