“No reconto calculamos que os residuos de tódolos concellos suman máis de 13 toneladas, pero debemos lembrar que o noso principal obxectivo non era este. O voluntariado denuncia que a situación dos nosos ríos debe mudar, e para iso facemos actividades como esta”, explica ADEGA no informe sobre a xornada publicado esta cuarta feira.
A XII Limpeza Simultánea chegou a 52 concellos de toda Galiza, participarán un total de 75 entidades e 9 concellos, actuaron nun total de 53 treitos de río. Algunha entidades tiveron que adiar a limpeza por mor da choiva caída o domingo.
“Apareceron moitas rodas de automóbiles e tractor, cristais, un somier, o motor dun coche, unha moto, plásticos de silo, cascallos, ferralla, pilas, electrodomésticos, un sofá, uralitas, un acumulador de auga quente. As toalliñas húmidas volveu ser do lixo máis abundante, e tamén as rodas de coche abundaron en moitos treitos”, detalla ADEGA no comunicado.