Mobilidade

Estas son as claves para unha futura conexión ferroviaria directa entre Lugo e Compostela

A conexión ferroviaria entre Lugo e Compostela está un paso máis perto despois de que o Ministerio español de Transportes anunciara esta segunda feira a licitación dun estudo de viabilidade desta liña. Esta conexión figura no acordo de investidura firmado polo BNG e o PSOE. A construción dunha variante entre Ordes e Curtis posibilitaría conectar a cidade das murallas coa capital en menos de 45 minutos.

Un viario entre Ordes e Curtis permitiría conectar Compostela e Lugo nuns 45 minutos. (Mapa: Nós Diario)
photo_camera Un viario entre Ordes e Curtis permitiría conectar Compostela e Lugo nuns 45 minutos. (Mapa: Nós Diario)
Comentarios