Opinión

Banca pública

Nestes días nos que cada vez máis nos damos conta do que a macroeconomía inflúe nas nosas vidas. É por isto que as persoas de a pe, os cidadáns menos entendidos nesta materia, necesitamos que se nos presenten solucións concretas aos nosos problemas que tamén son concretos. Neste sentido encadro a proposta que lanza o BNG para a creación dunha banca pública. É concreta e razonábel.

Nestes días nos que cada vez máis nos damos conta do que a macroeconomía inflúe nas nosas vidas. É por isto que as persoas de a pe, os cidadáns menos entendidos nesta materia, necesitamos que se nos presenten solucións concretas aos nosos problemas que tamén son concretos.

Neste sentido encadro a proposta que lanza o BNG para a creación dunha banca pública. É concreta e razonábel. É ademais coherente co esforzo que estamos a facer por salvar a banca. Esta proposta anima á administración a poñer cartos nos bancos, mais garantindo que van pasar a ser os nosos bancos. As solucións que dende outro razonamento se están a tomar de inxectar cartos na grande banca, tentan remedar os seus problemas de solvencia e mala xestión, mais cando pase esta crise esas entidades continuarán en mans privadas. Faremos o traballo de sanear unhas entidades privadas que pese á nosa axuda seguirán a ser privadas. No caso galego está tamén por ver se así e todo conservaremos unha entidade galega despois do ciclón.

As grandes cifras de negocio dos bancos, a socialización das perdas e o obscurantismo na xestión son vistos pola cidadania como cuestións graves sobre as que non se está a actuar con contundencia. Dende logo inxectar máis cartos nun sistema que non pon remedio a ningunha destas eivas máis parece unha custión de fe que algo razonábel.

Se recorremos á perspectiva que dá o tempo vemos como hai dez anos todo isto era impensábel.Gozabamos de caixas de aforro galegas, que aínda coas súas eivas obstentaban un plus de confianza de todos nós. De aí o seu éxito na captación do 50% do aforro dos galegos e galegas.

Mais esa confianza foi traizoada, e agora que a necesitamos esta non aparece por ningún lado. Mais debemos ser conscientes de que o poder político ten as ferramentas para poder recuperala. Esta proposta de banca pública funciona xa en estados como o alemán, así pois non pasa por ser a máis novedosa mais seguramente si por ser unha das máis válidas para atender ao que dicía ao principio, os nosos problemas concretos

En todo caso non vai ser a solución milagreira. Esta crise se algo deixou claro é que o que realmente está enfermo é o sistema e aquilo no que hoxe está substentado, o modelo especulativo. Mais será algo que abordaremos noutra conversa

Xoán Allegue, responsábel comarcal do BNG

Comentarios