Opinión

Construirmos unha igualdade colectiva

Estes días fun testemuña en primeiro termo dun delirio. Cidadáns que renegan do avance en dereitos 
para o colectivo LGTBI en Galiza; un feito insólito que colisiona no panorama social, onde os 
dereitos civís e políticos están a ser gravemente atacados e onde o Partido Popular mesmo vai 
revisar e restrinxir dereitos como o aborto, laminando un dos dereitos máis básicos conseguidos 
polas mulleres, ou a seguridade cidadá, protexida por forzas represivas baixo o paternalismo 
corrector do Estado.    

Estes días fun testemuña en primeiro termo dun delirio. Cidadáns que renegan do avance en dereitos  para o colectivo LGTBI en Galiza; un feito insólito que colisiona no panorama social, onde os  dereitos civís e políticos están a ser gravemente atacados e onde o Partido Popular mesmo vai  revisar e restrinxir dereitos como o aborto, laminando un dos dereitos máis básicos conseguidos  polas mulleres, ou a seguridade cidadá, protexida por forzas represivas baixo o paternalismo corrector do Estado.    

"Non reparamos en que @s galeg@s partimos de cero. Cero é a lexislación que ampara os nosos dereitos como colectivo LGTBI"    

Hai uns meses o PSdG apresentou no Parlamento de Galiza unha Proposición de Lei pola  visibilidade e non discriminación de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais en Galiza cun texto ambicioso para a súa toma en consideración. Ambicioso, sí. Por qué? Porque nesta febre comparativa con outros países e nacións que ás veces nos da non reparamos en que @s galeg@s partimos de cero. Cero é a lexislación que ampara os nosos dereitos como colectivo LGTBI.    

Após a toma en consideración, o BNG e Galiza Nova fixemos emendas ao texto.Emendas verdadeiramente transformadoras do que se nos apresentou, mais tendo riba de nós o fío das tesoiras de quen sustenta un Goberno conservador e reaccionario. Con todo, fomos quen de introducir modificacións substanciais. Pequenas doses de realismo no guión dunha obra que aínda non imos representar; mais non por falla de vontade, senón por falla de base lexislativa e de base, en xeral.    

"Vincúlase por primeira vez á Administración educativa directamente coa realidade LGTBI, implicándoa na prevención de actitudes e comportamentos discriminatorios"

Así, das nosas vintetrés emendas ao texto, o PPdG decidiu incorporar ao Informe da Ponencia tan só  cinco: tres totais, unha parcial e unha transaccionada. É unha nimiedade? Unha insignificancia? Unha pequenez? Non! Claro que non! Ao contrario do delirio padecido nestes días por unha parte da mocidade de Anova e de Izquierda Unida, eu non acredito na posición absoluta: ou o todo ou a nada. Coa nosa achega á Proposición de Lei o PPdG aceptou aplicar a futura Lei ao deporte, e polo tanto aos Clubes deportivos, co estigma social que aínda agora supón. Máis aínda nos deportes de elite desa marca España. Incorporóuse unha nova definición de familia, entendida tamén como as unidades monoparentais, formadas por mulleres ou homes, con fillos e fillas ao seu cargo. Vincúlase por primeira vez á Administración educativa directamente coa realidade LGTBI, implicándoa na prevención de actitudes e comportamentos discriminatorios por razón de orientación sexual ou identidade de xénero. E finalmente acéptase modificar os planos de estudo de varias titulacións universitarias para incorporar a realidade LGTBI e os diferentes modelos de familia.    

Comprender a virtualidade deste avance que se nos apresenta, aínda pequeno, é avirse á  consecución final da normalidade social para coa cuestión LGTBI en Galiza. É comezar a falar a serio da situación do colectivo LGTBI no país; das problemáticas e das demandas que aínda fican por facer, que son tantas, e trazar unha unidade de acción para acadar a igualdade real. E o rigor debera ser o noso fío conductor, moi lonxe das modas e dos tópicos, para construirmos sen discriminación unha igualdade colectiva.    

Como membros do colectivo LGTBI temos un compromiso ineludíbel con nós mesm@s, e ben pouco intelixentes somos se ?camos nas marxes, tirando pedras ao propio tellado común. A oportunidade bríndasenos no Pleno de Abril; non a deixemos pasar.

Comentarios