Opinión

Folga de xénero

Como chegar a unha analoxía entre o día de hoxe e unha opresión milenaria. Seica non é difícil, se xa levamos aguantado un par de séculos de capitalismo mutante ás costas, ben podemos entendelo como un mal endémico que nos corroe desde dentro, esclavizando a cada cidadá/n a asumir un modo de vida deshumanizado e carente de referencias externas dunha vida real, e non por medio dunha patronal que nos cede diñeiro a cambio da

Como chegar a unha analoxía entre o día de hoxe e unha opresión milenaria. Seica non é difícil, se xa levamos aguantado un par de séculos de capitalismo mutante ás costas, ben podemos entendelo como un mal endémico que nos corroe desde dentro, esclavizando a cada cidadá/n a asumir un modo de vida deshumanizado e carente de referencias externas dunha vida real, e non por medio dunha patronal que nos cede diñeiro a cambio da nosa enerxía física e mental. Todas sobrevivimos neste sistema que moitas detestamos, todos secundamos unha folga porque alén das trabas que xa temos, parece que os días máis escuros están por vir.

Mais de cando en cando as palmadiñas na espalda parecen querer pechar bocas abertas para queixarse. Hoxe non só saímos á rúa para berrar polos nosos dereitos laborais, senón polos propios dereitos humanos que vamos perdendo e considerando luxos lonxanos. E quizais por eso, encendida a mecha, non puiden deixar de atopar un paralelismo que podería ser un motivo de parálisis non só no noso territorio, senón en todo o mundo. Fagamos unha folga de xénero!

A semana pasada congratulábamonos pola decisión do TC sobre o matrimonio homosexual, e obviamente todas as que loitamos por compañerxs que cren nesas unións, todos os que falamos de familias diversas algunha vez, celebramos desfacer o nudo da corda que acariciaba os colos de que sendo do mesmo sexo, ousara casar. Mais como mencionaba María Bar Cedón hai uns días, ninguén cuestionuo o matrimonio en sí. Como parte do colectivo LGTBQ, como feministas, como transfeministas, loitamos por algo máis amplo, unha liberdade lonxe do lastre dun inxusto heteropatriarcado milenario.

Que é o que pasaría se hoxe fixeramos tamén folga de xénero? Se saíramos á rúa conscientes da opresión que cae nas nosas costas coma traballadoras e traballadores da prostitución, como eses centos de miles de persoas que viven nas travesas dos armarios e migran na busca de liberdade, coma trans que somos, en continua busca de un futuro lonxe das luces de boulevar que sempre nos acolleron coma freaks. Se coma coidadoras, limpadoras, asistentes, desatenderamos todas as normas que asimilamos case como lei natural e nos puxéramos en folga de atención aos nosos benditos maridos, a todas as figuras que desde o masculinismo mais arraigado nos impón un posto de servidumbre ou unha asimilación a cánones heteronormativos e machistas para conseguir poder?

Igual que cada reivindicación laboral e social que hoxe saliu das nosas gorxas, igual que cada manifestación de violencia diaria en forma de machismo, transfobia, homofobia sufrimos, parece necesario destruir cada pequeno rastro que de distinción de xénero existe, por segregarnos, por categorizarnos, por deseñarnos á medida dos nosos gardiáns. Eu empezo a miña folga de xénero, de hoxe en diante.

Comentarios