Opinión

“Déjà vu” no Molinón

Si, si. Isto xa o vimos no Molinón. Hai dous anos e medio cando o Depor se xogaba a vida para non descender á Segunda.

Si, si. Isto xa o vimos no Molinón. Hai dous anos e medio cando o Depor se xogaba a vida para non descender á Segunda. Penalti inxusto na contra, gol e derrota. A mesma película. Daquela o trencilla era Estrada Fernández e Lotina aplaudiuno polo seu exitazo arbitral que poñía contra as cordas aos deportivistas. Onte, Vázquez non aplaudiu a Bikandi Garrido, porque aínda non está tan apurado en canto a puntos, pero se esto chegara a pasar un sete de maio, como hai tres tempadas, a Fernando Vázquez non lle chegaba a lateral do campo para darlle as gracias tocándose a faciana coas palmas.

Pois si, o do Molinón foi un atraco, un roubo, unha estafa, unha ratería, un desfalco, un saqueo, un timo, un furto, un expolio... e non me chegan os sinónimos para cualificalo.

Pero posta a excusa por diante, que é real, e non é unha lectura apaixoada nin quenturenta, toca ser autocríticos.

O Depor perdoou antes da pillaxe catro ocasións. A primeira no minuto un. E todas co mesmo protagonista: Borja Bastón. Que lle pasara a Arizmendi sería comprensible, pero cando a cousa pasa nas botas do único home que parece marcar as diferenzas na punta do ataque do Depor a cousa alcanza a categoría de desesperante.

O do Molinón foi un atraco, un roubo, unha estafa, unha ratería, un desfalco, un saqueo, un timo, un furto, un expolio...

En Segunda División o perdón trae condena. E iso é o que reflicte xa a clasificación. Porque na casa o Depor tamén perdoou dúas veces; e, por riba, perdeu a chaveta á hora de defender as faltas, causa da penitente clasificación. Porque o Depor, abofé, podería estar moito mellor do que está. Pero para iso hai que acertar, marcar goles, os de toda a vida. Un ben escaso agora.

Outro síntoma que advirto é que ao Depor non lle gusta xogar contra o marcador. Fáiselle moi costa arriba remontar. Son sinais, percepcións, un apuntamento para poñer na axenda dos adestramentos e tentar porlle solución con urxencia.

Pero todo non vai ser malo. Hai lecturas positivas do visto ata agora en catro xornadas. Para ser un equipo moi reformado, moi novo, e con moitas incorporacións tardías o equipo da a cara. Solvente Lux; interesante Ínsua; mariscal Juan Domínguez; loitador Laure; eléctrico Rudy, pero debe atemperarse; ilusionante Bicho, aínda que onte non o vimos; Juan Carlos, mellor que Wilk mil veces; Culio, un faro. Bastón, un doce descubrimento. Os demáis, está por ver.

Sobre o ascenso

Queda moito por xogar, pero iso de que este equipo ten que ascender como dixo o líder dos deportivistas, que debeu perder a brúxula con tanto papeleo concursal cando o esixiu, é moito dicir. Non digo que non o poida lograr, pero, desde logo, para pensar remotamente coa Primeira División, aínda que sexa pola vía da promoción, hai moitísimo que mellorar.

O Depor é moi inocentón, blando, confiado, lento as veces e cun sentido da puntería impropio. O equipo, formado ata con seis canteiráns gusta, e iso ten un enorme mérito, pero queda un sabor agridoce có remate dos partidos. Hai que botarlle máis sucre a mestura!!!

Así que non todo é culpa do colexiado vasco. Pero, o de onte, que quede claro, foi un clamoroso ROUBO. O equipo de Vázquez foi desvalixado, escamoteado, sisado, despoxado, rapiñado.

Comentarios