Opinión

Sen non hai cambios, a Víctor quédanlle dous telexornais

Se collemos a clasificación e lle damos a volta as cousas no Dépor seguen igual.

Se collemos a clasificación e lle damos a volta as cousas no Dépor seguen igual. Si, porque dándolle a volta á clasificación o Dépor é líder.

Pero non se confundan. Agora é o equipo líder en cadea de erros. Líder en inseguridade defensiva. Líder en tomar decisións equivocadas. Líder en ridículo. Líder en humillacións. Líder en goles encaixados e en goleadas. En definitiva, líder en ser o peor equipo de Primeira División. Pódese permitir iso un equipo feito para sobrevivir? É realmente o Dépor o peor equipo de Primeira División? Seguro?

Na miña opinión, non. Pero ten que parecelo e ten que demostralo. 

O peor para o Dépor é que arroxa un balance moi negativo demasiado cedo. Moi pronto para estar na cola do pelotón da Liga.  E, por riba, humillante e ridícula esa sensación de ver un equipo morto, afundido, entregado, cos brazos caídos, sen querer reaccionar, sen atisbo de solución.  O Dépor soporta unha lousa excesivamente pesada da que se ten que librar. As palabras de Laure nada máis rematar o encontro reflicten a necesidad de cambios. Cambios radicáis, urxentes. Porque non se pode consentir que un equipo entregue a culler na xornada 7. Porque é inconcebible a imaxe que está a dar o equipo. Porque hai materia prima para ofrecer alternativas. Porque hai máis esquemas que o único que plantexa o adestrador. E, sobre todo, porque hai moito tempo para mudar as cousas e reaccionar. Porque non están tan lonxe dos postos de rescate.  

As palabras de Laure nada máis rematar o encontro reflicten a necesidad de cambios

E non valen excusas. Non. Non serve dicir que non houbo unha planificación boa en pretemporada. Non se pode argumentar que se configurou demasiado tarde o cadro de xogadores. Inadmisible que se afirme que se fixo o que se podía facer porque non hai recursos mellores porque se acudiu a un mercado de fichaxes a custo cero, dese tipo de mercado onde os futbolistas son de 7ª, 8ª ou 10ª opción. Nesa situación tamén están outros equipos, pero dando bastante mellor imaxe que está a dar o Dépor. Poderase descender, pero no caso de que así sexa ten que ser en maio loitando coas botas postas e loitando ata a última xornada da Liga, mantendo plenas as posibilidades de salvarse e evitar a imaxe de que en xaneiro o Dépor xa non ten remedio.   

Sobre todo non se poden facer ese tipo de afirmacións porque o adestrador Víctor Fernández dixo nada máis asumir a dirección do equipo que estaba abraiado pola calidade dos contactos e dos xogadores cos que se estaba a negociar no Dépor. Asumiu o reto e deulle creto ó traballo que estaba a facer a dirección técnica do clube. El afirmou que contaba cunha gran plantilla. Que o demostre. Pero que o demostre con ideas de adestrador moderno, do século XXI.  

 O Dépor xa recibiu en 7 xornadas máis goles (19) que en toda a Liga 93-94 (18 goles en 38 partidos)

Xa que logo, é urxente un cambio. Urxente a renovación da credibilidade do grupo. Urxente mudar a sensación dun equipo que baixa os brazos porque non pode co rival. Urxente loitar, traballar, presionar, intensificar o ritmo de xogo, pelexar cada balón, esforzarse cada minuto, ter outra actitude mental e sacar partido do escaso talento, como o gol de falta de Medunjanin. 

Este equipo non pode seguir cometendo errores tan infantís, que poñen en perigo a viabilidade do clube. Porque eso é o que está en xogo. A viabilidad do Deportivo, que poida seguir cumprindo outros cen anos. Á marxe da falta de ideas do adestrador, que semellan ser moitas, tamén está claro que hai que poñer a vista posta no mercado de inverno. É moi necesario apuntalar a defensa, pero de verdade. O cadro deportivista vai camiño de facer números de escándalo cos goles encaixados. Un exemplo: o Dépor xa recibiu en 7 xornadas máis goles (19) que en toda a Liga 93-94 (18 goles en 38 partidos). O equipo está reclamando a berros axuda. 

Sen intensidade

Hai unha falta de intensidade moi grave. Os xogadores non están no seu sitio. Perden as marcas con excesiva facilidade. Non ten velocidade. Falta de presión. Non estorban os rivais. Non os desbordan. Existe unha descoordinación total. Volven e persisten os erros a balón parado. Os rivais chegan á porta de Lux con enorme facilidade.

A próxima estación é en Riazor co Valencia e o equipo vai montado nun vagón, sen freos

E querido lector, non o digo eu. Dino os comentaristas, que son ex adestradores, da TV que retransmiten os partidos do Dépor.

É a terceira vez que comento nesta columna de opinión: o Dépor ten que repetir o modelo de traballo realiazado en Eibar. Cando volverán a demostrar que poden xogar como en Ipurúa? Cando vai ensinar este equipo que non sae ó pasto a pacer?

E coidado que a próxima estación é en Riazor co Valencia e o equipo vai montado nun vagón, sen freos, baixando unha enorme montaña rusa desde o cumio máis alto…

Fundamental cambiar de imaxe. Hai tempo. Hai equipo. Se non hai cambio, haberá novo maquinista esperando para subirse en marcha, se fai falla.

Comentarios