Opinión

Un pasito “palante”

Confésoo estou moi cabreado. Pero non, non é polo que pensan.

Confésoo estou moi cabreado. Pero non, non é polo que pensan. O meu estado de ánimo ten que ver coa ultraxe que se lle proferiu onte ó Deportivo. Si, amigos lectores, estou falando de dereitos de televisión e a gestión horaria e programativa. Un partido da Liga Adelante anunciado para o domingo pola tarde por unha canle que decidiu contraprogramarse a si mesma, a última hora e investido pouco esforzo publicitario para anunciar a desfeita. A decisión deixou para a conexión pola Internet o seguimiento do partido. Os responsables da Liga, que non vixían estas cousas, min parece importarlles como se vende o seu produto, están maltratando o fútbol coa sea soberbia e o seu pasar de todo. Por non coidar estas cuestións bótase fóra á xente do fútbol. Un bo amigo e veciño, lector desta columna, comentábame hai uns días, tras ver o escandaloso programa de Jordi Évole na que se poñía a lupa sobre as mafias que mandan no fútbol, a súa desafección polo balompé. E con decisións e atitudes coma a desta fin de semana, señores da Liga, señores de Mediapro, apúntenno ben acaban expulsando á xente do fútbol, e por suposto, da televisión. Hai cousas mellores que facer.

E aínda que lles pareza esaxerado, síntoo por quen non estea dacordo, pero como é a miña maneira de pensar e isto é unha columna de opinión, aqui me expreso como me peta porque quero e dame a gana. Son precisamente estas decisións atoladas, sen sentido, sen respecto, as que xustifican a existencia das canles públicas, como a TVG, que trata estas cousas con mellor criterio e profesionalidade. Levo 20 anos traballando como xornalista. Deses 20 anos, en 16, desenvolvin a miña profesión en TVE e a TVG e nunca vin nestas canles esta falta de respecto co afeccionado, co fútbol. Os responsables destas canles, xente coa que tiven o pracer de traballar e compartir moitas horas, nunca tomaban decisións arbitrarias, con desprezo á audiencia, e desprotexendo ó espectador desta forma intolerable, aborrecible.

A necesaria existencia da TVG

A existencia da TVG, que poñen en solfa os neocons e os propios compañeiros xornalistas de Madrid que abondan polas tertulias políticas de plató, é unha necesidade para garantir a protección dos dereitos dos espectadores de afeccións tan honorables como as do Deportivo, as do Celta, as do Lugo e de todo tipo de deportes minoritarios. O desleixo de onte é insoportable. Unha infamia. Unha aldraxe. Unha burrada. Demostra ademáis insolidariedade co resto de colegas e a competencia. Si, porque se desde Madrid ou Barcelona, o Deportivo importa un comino, pois moi ben, non importa, pero deixen a dirixentes máis responsables facer ben o seu traballo. Porque bloquear á TVG, a terceira en prioridade para elixir dar os partidos que transmite, resulta insultante. Se non queren dar o partido que non o dean, pero que llo deixen á TVG. Que por certo, sabe do que fala, non como eses xornalistas que desde 600 ou 1.200 quilómetros e desde un monitor de 14 pulgadas comentan un partido sen coñecer os nomes dos xogadores, se corren risco de sanción, de onte proceden, que nacionalidade teñen ou como lles foi a semana deportivamente. Porque para iso hai un cámara e un redactor a diario nos adestramentos para saber a última hora e todo o que lles acontece a clubes como o herculino. Deixen de tocar de oído e deixen a profesionais serios, como os da TVG, excelentes profesionais, porque non os hai mellores en España e créanme que sei o que digo porque os coñezo moi ben a todos, e podo dar fe diso, que fan un gran esforzo para cumprir so seu traballo, como fixeron sempre desde os comezos do mítico En Xogo. E por riba, agora tamén teñen que soportar recortes bestiais en deportes que intentan superar como poden para chegar a todos os lugares sen que se note a escaseza de medios, cun enorme esforzo, para que vostedes estean ben informados como espectadores.

Bloquear á TVG, a terceira en prioridade para elixir dar os partidos que transmite, resulta insultante. Se non queren dar o partido que non o dean, pero que llo deixen á TVG

Por se non o saben, señores lectores, os magníficos profesionais técnicos de retransmisións deportivas, hoxe en televisións privadas de Madrid, saíron da TVG. Son galegos os que ensinaron e seguen ensinando como se fai unha excelente retransmisión deportiva. Ata os touros, dos que son innovadores e inventores dunha nova forma de facer televisión, fixeron escola os galegos. E como ben se sabe en Galicia hai unha enorme tradición ás touradas. Foron programas como o En Xogo os que ensinaron en España a outras canles privadas como se fan programas de fútbol mesmo sen poder emitir imaxes dos partidos mentres estes estaban en xogo. Programas que duraban tres e catro horas, sen recurrir os berros, os insultos, os descalfificativos, á desinformación. Programas rigorosamente informativos. Logo copiaron a fórmula outros, pareciendo que foron eles os inventores destes formatos. Pero non, antes foi a TVG. Nin sequera o fixeron outras autonómicas.  

E xa se nos poñemos desde o punto de vista do calendario e a clasificación da Segunda División o de onte é máis inxustificable porque a quen se maltratou foi o líder da categoría. Ocórrenseme moitos descualificativos, pero afórroos, porque creo que con deixar co cú ó aire os malos dirixentes é máis ca suficiente. Non sei se é motivo de multa o que pasou esta fin de semana, pero se a Liga non toma medidas significa que non se respecta a si mesma. Por non dicir que haberá xente que se botará ela sola do fútbol. Comprensible.

Crónica con cortes, conxelada

Sobre o partido Alavés - Deportivo, que dicir! Que lles poido dicir? Sinceremante, non podo darlles unha opinión obxectiva. Salvo que queiran ler unha crónica a saltos, con cortes, con misterio, conxelada… que é como a tiven que ver eu pola mala calidade da conexión da Internet que tiña nese momento. Ademais da evidente saturación da rede xa que moitos seareiros e futboleiros estaban intentando conectar co partido. Dato que fala de que o Deportivo si importa a moita xente. O que significa que onte desprezouse a miles de personas.

Así pois, só podo facer unha lectura resultadista. E unha lectura ben diferente sería, sen dúbida, se Borja non marcase o gol do empate no minuto 91. Pero así coa vista botando aínda sobre o meu Mac como se estivese escribindo cun martelo pilón, froito dos cortes da Internet na LigaTV, o resultado non foi tan malo porque salvou o desastre (cargando texto… desculpen as molestias).

Ao Dépor estáselle a facer moi longa a competición e da mostras de fraqueza, probablemente mentáis, amén das físicas, que poden comprometer un final feliz de competición… (cargando texto de novo. Esperen un intre, por favor…).

Gol legal anulado

Fernando Vázquez arranxou algo o problema cando propuxo sobre o campo trocos que pedían máis esforzo ofensivo do equipo que acabaron dando resultado. Resultado que puido ser mellor se o colexiado non anulase un gol claramente legal (caída de dedos do opinador… recuperando forzas… desculoen…). O encontro do vindeiro domingo é unha final que o Dépor debe preparar física e mentalmente toda a semana. É o particular Barça - Atlético da Segunda División. Vamos de infarto (cargando de novo…. ).

Aos xogadores do Deportivo estalles a sobrar catro xornadas de Liga

Aos xogadores do Deportivo estanlle a sobrar catro xornadas de Liga. Está sendo unha competición demasiada longa na que pasaron demasiadas cousas, incluidas as extradeportivas. Un novo traspés pode ser fatal. Eibar, As Palmas e Murcia veñen apretando e semellan estar mellor de pernas e de cabeza (conxelóuseme o teclado. Esperen troco de pilas…).

Pero imos pensar en positivo e como reza a canción de Ricky Martin o gol de Borja é “un, dos tres… un pasito palante”.

Comentarios