Opinión

Máis armas, máis fame

[Alberte Mera]

En momentos dunha crise de prezos como a que está a afectar Galiza e boa parte do mundo, cunha espiral inflacionista que fai encarecer o cesto da compra como moitas xeracións nunca viron, é irritante a aposta dos Estados en gastar cartos públicos en armamento. O Estado español non só aumentou o gasto militar nos Orzamentos do Estado para 2023, senón que ademais figura no ranking mundial de exportadores, no 'top ten', entre os dez primeiros, concretamente no sétimo lugar. Os tres primeiros receptores das armas saídas de fábricas españolas foron ademais Australia (33%), Singapur (13%) e Turquía (9,7%). 

Como recolle hoxe o xornal que vostede está a ler, o gasto militar real, é dicir, atendendo a todas as partidas militares e non só as degranadas nos capítulos do Ministerio Defensa,  aumentou en 2022, alcanzando os 24817,61 millóns de euros (1,98% do PIB). Así o analizou o prestixioso Centre Delàs d'Estudis per la Pau, que ademais apunta que o gasto militar para 2023 é de 27617,43 millóns (2.17% do PIB). 

 Aliás, onte transcendeu que, no seu conxunto, a Unión Europea alcanzou no ano pasado o seu gasto militar récord: 214.000 millóns de euros, unha cifra que non parou de medrar nos últimos anos. O negocio das armas mata e destinar cartos públicos a esta cuestión, tamén. 

Comentarios