Opinión

Rueda, españolazo

O PSC e ERC póñense de acordo para asinar un concerto económico para Catalunya que así sairá do réxime común. Con este preacordo a Generalitat recadaría a totalidade do IRPF e posteriormente aboaría unha parte dos impostos recadados ao Goberno central para financiar servizos e inversións de este en Catalunya.

A militancia de Esquerra votará para aprobar ou non este acordo.

Rueda maniféstase contrario ao pacto fiscal en Catalunya. Se en contas de defender os intereses de España defendera os da Galiza decataríase que con pactos fiscais en Euskadi e Catalunya tamén nós poderíamos conseguir a medio prazo un pacto fiscal para a Galiza.

Os vascos xa conseguiron o seu pacto fiscal o principio da democracia e os cataláns o levan pedindo dende o 1993 cando ERC fixera unha gran campaña baixo o lema “Concert económic” ca que percorrera o daquela secretario xeral de Esquerra, Ángel Colom, toda Catalunya.

A min non me preocupa que Page, Lambán e o sector máis españolista do PSOE se posicionen en contra de este acordo. O que sí me preocupa é que Galiza perda unha oportunidade para conseguilo tamén nós.

Entendo que os españolistas do PSOE, do PP e de Vox tomen esta opción pero non o podo entender do españolazo Rueda, presidente da Xunta, que tería que velar polos intereses da Galiza.

Comentarios