Opinión

Galicia na España aparente

Por primeira vez, quizais dende a aprobación da Constitución, dende Madrid un  conxunto de líderes de opinión vencellados á Universidade, ao xornalismo, á avogacía á política e á creación cultural (Elías Díaz, Nicolás Sartorius, José Antonio Zarzalejos, Ignacio Escolar ou Angel Gabilondo) ven de defender “Unha España federal nunha Europa federal”, asumindo como precisa unha reforma constitucional que limite as competencias do Estado blindando as autonómicas, aposte pola unidade federal europea, garanta un financiamento autonómico xusto e equilibrado e recoñeza a identidade plural do Estado.

"Por primeira vez, quizais dende a aprobación da Constitución, dende Madrid un  conxunto de líderes de opinión ven de defender “Unha España federal nunha Europa federal”,

Dos pouc0s sinais de lucidez da “España aparente”. Os asinantes decátanse que non se fala galego nin catalán por amolar, que o financiamento autonómico e as políticas económicas non son neutrais cos territorios e xeran graves desequilibrios entre eles ou que a recentralización prexudica a unidade europea e a gobernanza aquelada.

O problema é que estes persoeiros tiveron moita menos repercusión en Madrid ca o simultáneo manifesto centralista de Boadella e Vargas Llosa, para o que non hai problema territorial ningún, apenas a axitación do separatismo e doutras xentes de mal pensar e mal vivir. Un manifesto que sintetiza como poucos a cegueira deses superficiais inmobilistas aos que Castelao chamara hai setenta anos como “separadores”.

"Estes persoeiros tiveron moita menos repercusión en Madrid ca o simultáneo manifesto centralista de Boadella e Vargas Llosa"

A reforma constitucional virá máis tarde ca cedo e os galegos teremos que pensar se queremos partillar este inmobilismo político ou aproveitamos a oportunidade para situar os nosos intereses no centro do debate político. E resolvermos cuestións fulcrais para o noso futuro como as inxustas tarifas enerxéticas, un financiamento autonómico que asfixia á nosa sanidade e aos nosos servizos públicos ao non ponderar o espallamento e o avellentamento da nosa poboación ou a falla de competencias para gobernar os nosos portos, aeroportos e infraestruturas e para impulsar a nosa economía.

Que Galicia poida contar. E decidir o seu encaixe no Estado e na Europa. Ou iso ou sermos Murcia ou a Rioxa.

Comentarios