CIG

ECONOMÍA

CIG ve "electoralista" o anuncio de que a eólica Gestamp pretende os terrenos de Astano

A multinacional española Gestamp leva máis de dous anos negociando coa SEPI a cesión de terreos da antiga Astano. CIG advirte dunha eventual "colisión de intereses" entre Gestamp e Navantia.

CIG(2)
SOCIAL

A CIG rexeita na rúa os Orzamentos de 2015

A central sindical concentrouse ás portas das delegacións da Xunta para rexeitar unhas contas públicas que, denuncian, "implicarán a desaparición de servizos públicos e o aniquilamento total doutros". 

CIG
POLÍTICA

A CIG levará á Fiscalía a "manipulación" do informe do Consello de Contas por parte da Xunta

A central sindical nacionalista acusa o goberno galego de querer trasladar á opinión pública a imaxe dunha utilización fraudulenta dos fondos de formación por parte de organizacións como a CIG. 

CIG banca
TRABALLO

Abanca despide máis dúas traballadoras afiliadas á CIG

A central sindical nacionalista denuncia a "represión sindical" na entidade financeira que botou á rúa dúas traballadoras integradas na candidatura da CIG. 

ECONOMÍA

A CIG abandona a negociación da Lei de Emprego Público ao se manter o plus de altos cargos

A CIG non participará na mesa de negociación da Lei de Emprego Público de Galiza despois de que   representantes da Xunta confirmaran que ían manter o plus de altos cargos. 

TRABALLO

A CIG convoca asembleas de delegad@s para analizar as últimas reformas

Terán lugar o 23 de setembro en todas as comarcas do país.

Estaleiros de Navantia na ría de Ferrol
4 MEMBROS DO COMITé ELEITOS NA LISTAXE DE COMISIóNS VOTARON COA EMPRESA

CIG e CCOO impugnarán o convenio colectivo de Navantia asinado esta terza feira en Madrid

CC OO desautorizou os seus delegados.

TRABALLO

CIG denuncia "persecución" a unha súa delegada en Betanzos por parte do concello e a UGT

O sindicato nacionalista ve "persecución sindical" e censura a UGT por "teimar en ir contra os traballadores deste concello no canto de defendelos".

Galiza

A CIG denuncia comportamentos machistas na aplicación do ERE de Abanca

Que 63% das persoas afectadas polo cambio de xornada sexan mulleres é só un exemplo dos “comportamentos machistas” que denuncia a sección sindical da CIG na aplicación do ERE en Abanca. Convocan unha concentración para esta quinta feira. 

.
Galiza

A CIG defende que o dique flotante non infrinxe a normativa comunitaria

A sección sindical da CIG en Navantia-Ferrol, a segunda en representación no estaleiro local, invocou esta mañá o artigo 107 do Tratado Fundacional da Unión Europea para construír o dique flotante na ría de Ferrol sen incorrer no suposto de axudas estatais incompatíbeis co mercado interior.Lembra que Navantia pode facelo con fondos propios. 

CIG Ensino
Galiza

CIG-Ensino pide a demisión do conselleiro polo caos do concurso de traslados

Uns 8.000 profesores e profesoras non saben a tal altura onde impartirán aulas o curso que vén. A sentenza que invalidaba o concurso de traslados da Consellaría de Educación está a crear un fiasco sen precedentes polo que a CIG-Ensino reclama a demisión do responsábel, Jesús Vázquez. 

ECONOMÍA

CIG pide que tamén sexa xulgado José Luís Méndez, ex-director de Caixa Galicia

A Audiencia Nacional non o senta inicialmente no banco dos acusados porén desde a central sindical lembran que a demanda presentada tamén o cita. 

Sindicalistas en folga de fame
TRABALLO

Folga de fame en PSA-Citroën contra o despedimento de dous afiliados da CIG

Dous membros da sección sindical da CIG en PSA-Citroën iniciaron unha folga de fame indefinida como medida de protesto polo despedimento de dous traballadores afiliados do sindicato nacionalista. 

TRABALLO

CIG-Ensino exixe a demisión do conselleiro após a anulación dos traslados

A Consellaría de Educación anunciou que acatará, sen recorrer, a sentenza que anula o concurso de traslados no que participaran 8.000 ensinantes e se adxudicaran 1.600 prazas. A CIG-Ensino exixe a demisión do Conselleiro pola “gravidade dos feitos”. 

TRABALLO

A CIG denuncia a "falsificación" de sinaturas policiais en sancións contra sindicalistas

Reclamou que a Fiscalía investigue un suposto delito de "falsificación de sinaturas" na tramitación de sancións contra representantes sindicais. VÍDEO NO INTERIOR.

Galiza

CIG alerta que a privatización do sistema de esterilización do Sergas será "irreversíbel"

Exixen a publicación oficial do prego de condicións que a Xunta xa fixo circular internamente e a paralización do proceso.

TRABALLO

Sindicatos denuncian a TVG por fraude nos contratos dos presentadores de Foro Aberto

CIG, UXT E USO levan á inspección a posíbel irregularidade na contratación mercantil de Carlos Luis Rodríguez e Pablo Acción -ambos xornalistas próximos ao PP- xa que cren que “encobre unha relación laboral ordinaria que debería desempeñar persoal da casa”.

SOCIAL

A CIG rexista unha ILP para o profesorado recuperar os seus dereitos

A proposición de lei levaría implícito o mandato de instar o Goberno central a que derrogue a LOMCE. A CIG quer tamén que se destine o 7% do PIB galego á educación.

cig
TRABALLO

Denuncian que a Fiscalía é "dura" contra traballador@s e "permisiva" coa explotación sexual

A Secretaría da Muller da CIG revólvese contra que se condene con só tres anos a unha persoa acusada de vender a súa parella a un local de prostitución. Os mesmos polos que foron condenados Carlos,Serafín, Ana e Tamara por participaren nun piquete durante unha folga.

Gayoso, Feijóo e Varela
ECONOMÍA

CIG denunciará a cúpula de NCG por "estafa" en relación coas preferentes

A querela criminal será presentada na Audiencia Nacional española previsibelmente esta mesma semana e denuncia a dirección das extintas caixas de aforro por un suposto delito de "estafa", "publicidade enganosa" e "apropiación indebida" en relación coa fraude das preferentes.