Covid-19

hado traballadoras coronavirus sanitarias
TRABALLO

As que teñen que traballar: sen medidas de prevención nin confinamento

A industria e o comercio de primeira necesidade concentra o volume máis alto de traballadoras libre de confinamento. Tendeiras, sanitarias, traballadoras sociais, repartidoras, operarios da construción. A decisión de manterse nos seus postos de traballo de forma presencial non sempre lles corresponde. Moitas comezaron a denunciar falta de prevención, ademais do afán das empresas de privilexiar o cliente, a produción ou o beneficio propio por riba da saúde propia e comunitaria.
Os directivos europeos Ursula von der Leyen e Charles Michel esta terza feira (Etienne Ansotte/Comisión Europea).
Política

UE pecha as súas fronteiras durante un mes

As representantes europeas aproban a proposta da Comisión Europea de prohibir as viaxes de entrada para poñerlle freo á propagación do coronavirus. 
Frota nun porto galego (Arquivo).
SOCIAL

Armadores de Marín avisan que a frota terá que parar por falla de compras polo coronavirus

Solicitan axudas por compensación para o sector debido a "circunstancias excepcionais" que sexan financiadas polo fondo europeo da pesca.
Planta do Grupo PSA en Vigo (Arquivo).
TRABALLO

CIG constata a paralización da automoción galega, que xa negocia aplicar ERTEs

"As direccións de boa parte das compañías, que levan días resistíndose a adoptar esta decisión, negocian agora a aplicación de ERTE", sinalan desde a CIG-Industria. 
O actual presidente vasco, Iñigo Urkullu (Imaxe: Goberno vasco)
Política

Euskadi aposta por anular a convocatoria do 5-A para "garantir" a "igualdade" nas eleccións

Os servizos xurídicos do Goberno vasco conclúen que "deixar se enfecto" as eleccións do 5 de abril é a maneira para manter "o exercicio do dereito de sufraxio en igualdade de condicións e oportunidades".
O presidente galego, Alberto Núñez Feixoo (Xunta).
POLÍTICA

O Goberno galego envía á Xunta Electoral o decreto que deixa "sen efecto" as eleccións do 5-A

"A convocatoria de eleccións ao Parlamento galego activarase unha vez levantada a declaración do estado de alarma e a situación de emerxencia sanitaria", segundo recolle o decreto.
Ambulancia do 061. (Foto: Nós Diario)
TRABALLO

Coronavirus: denuncian catro casos de corentena por falta de medidas nas ambulancias da área de Santiago

A CIG asegura que o persoal non foi informado nin contou con equipos de protección individual (EPI).

Videoconferencia do conselleiro de Sanidade e a súa equipa coas direccións dos hospitais privados da Galiza (Xunta).
SOCIAL

Sanidade anuncia que Sergas e os hospitais privados pasan a funcionar de forma "única e integral"

O conselleiro de Sanidade mantivo esta terza unha videoconferencia cos responsábeis dos centros privados galegos para informarlles das medidas concretas que se van adoptar. 
ana pontón consello nacional bng
POLÍTICA

O BNG insiste en que "non se pode agardar máis" para "blindar Galiza"

"Dixéronnos que non había fronteiras, mais pecharon as de Portugal e Francia. Por iso reiteramos que cómpre blindar o noso país, como acaban de facer nas Illas Baleares", sinalou Ana Pontón.
Probas de selectividade (Arquivo).
SOCIAL

Adiada a selectividade

Porén, as administracións educativas aínda non tomaron unha decisión e continuarán traballando para escoller as datas definitivas para as probas de acceso á universidade.
Martiño Noriega, Antón Gómez-Reino e Eva Solla na presentación da coalición Galicia en Común para as eleccións do 5-A (Imaxe: Europa Press)
POLÍTICA

Galicia en Común-Anova-Mareas insta a Xunta a "facer máis" para diagnosticar os casos de coronavirus

"Para nós é fundamental, de cara á reactivación do proceso electoral, que haxa unha seguridade xurídica total e que haxa todas as garantías de participación de toda a cidadanía", sinalou Antón Gómez-Reino.
O candidato dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero (Arxina).
POLÍTICA

O PSdeG di que todas as forzas galegas traballan desde a "corresponsabilidade" para unha nova cita electoral

Desde a “corresponsabilidade”, explicou Caballero, “todas as forzas políticas estamos buscando a fórmula” para adiar esas eleccións.
Pull & Bear Narón Imaxe da CIG
TRABALLO

“Inditex obríganos a traballar”: denuncia sindical da loxística de Pull&Bear

Pedro Sánchez anunciou onte un paquete de medidas económicas e adianto de transferencias ás comunidades.
INTERNACIONAL

O Goberno español anuncia até 200.000 millóns de euros para paliar o impacto do coronavirus

Entre as medidas aprobadas, moratoria para as hipotecas, medidas para evitar despedimentos ou a 'blindaxe' das empresas españolas para que non sexan compradas por compañías non españolas. 
O presidente galego, Alberto Núñez Feixoo (Xunta).
POLÍTICA

Feixoo evita comprometerse a consensuar coa oposición a nova data das eleccións

"Escoitará" os partidos para buscar "consensos" sobre a nova cita electoral, mais convocaráas el.
A presidenta do Govern balear, Francina Armengol, reunidas por videoconferencia con responsábeis de portos e aeroportos de Balears (Imaxe: CAIB)
INTERNACIONAL

O Goberno español acepta fechar Balears mais non outros territorios

O Executivo de Pedro Sánchez publicará unha orde do Consello Ministerial coa que se prohibe, salvo determinadas excepcións, os voos comerciais e privados e o desembarco de persoas nas Illes Balears, co obxectivo de conter o contaxio do coronavirus.

conte-macron
INTERNACIONAL

Italia e Francia sacan a carteira con vistas ao 'día despois'

Os Executivos de Giuseppe Conte e de Emmanuel Macron anuncian grandes paquetes de medidas económicas para paliar os efectos do coronavirus, especialmente entre as pequenas e medianas empresas.
A Galiza despunta na suba do prezo da vivenda
POLÍTICA

Goberno español aproba unha moratoria nas hipotecas e prohibe cortar subministros a colectivos vulnerábeis

people-city-holidays-hotel-preview
SOCIAL

Manter a rutina nuns metros cadrados, clave para facer fronte á ansiedade

A situación actual do brote de coronavirus, no contexto do confinamento da maior parte da poboación nos seus fogares e a preocupación pola economía familiar pode dar pé a situacións de estrés ou ansiedade. Nós Diario conversa con dúas psicólogas que recomendan como facerlle fronte ao día a día. 
Teléfono móbil comunicación
SOCIAL

Sergas recibe "máis de 7.000 chamadas ao día" e solicita que “fiquen na casa” quen proceda doutros territorios do estado