INTERNACIONAL
Israel ultima a invasión e a limpeza étnica en Gaza co aval dos Estados Unidos
16/out./23
Co apoio dos Estados Unidos, Israel prepara unha invasión terrestre de Gaza, nunha actuación contra os territorios palestinos ocupados que a Autoridade Palestina cualifica de xenocidio e a relatora especial da ONU do comezo dunha nova limpeza étnica perpetrada por Tel Aviv contra o pobo palestino.
vídeos no interior
"Xenocidio nunca máis": a Galiza sae á rúa en apoio ao pobo palestino
16/out./23
Miles de persoas saíron esta segunda feira ás rúas galegas para rexeitar a nova agresión israelí sobre Gaza —que provocou desde o seu inicio e até a última hora da tarde 2.800 mortes—. 16 concentracións noutras tantas cidades e vilas da Galiza para mandar unha mensaxe clara de apoio e solidariedade co pobo palestino.
INTERNACIONAL
Ascenden a 2.750 os falecidos palestinos na Faixa de Gaza mentres Hamás e Israel negan un acordo de cesamento do fogo
16/out./23
O balance de vítimas por mor dos bombardeos de Israel contra a Franxa de Gaza tras o ataque lanzado o 7 de outubro por Hamás ascendeu a 2.750 mortos e máis de 9.700 feridos, segundo indicaron esta segunda feira as autoridades palestinas.
SOCIAL
O Cura de Xestoso: "Retirarei a palabra 'Israel' da miña liturxia, non podemos permitir o xenocidio"
16/out./23
“Xesús naceu en Palestina, creceu en Palestina e morreu en Palestina”, así o indica Luís Rodríguez Patiño, párroco de Momán en Xermade e de Labrada en Guitiriz, coñecido como o ‘Cura de Xestoso’.
SOCIAL
Estas son as 15 mobilizacións convocadas hoxe na Galiza en solidariedade con Palestina
16/out./23
Baixo o lema ‘Liberdade para a Palestina’, ás 20 horas terán lugar as concentracións.
INTERNACIONAL
Máis de 2.000 civís palestinos asasinados polos bombardeos israelitas na última semana
15/out./23
Os continuos bombardeos áreos do Estado de Israel sobre Palestina elevan as vítimas mortais a 2.390 persoas na última semana. A práctica totalidade dos asasinados son civís residentes na faixa de Gaza.
Voces de Palestina
Fayed Badawi, representante da Fronte Popular de Liberación de Palestina: "A única solución é construír un único Estado para Palestina"
14/out./23
Fayed Badawi é portavoz da Fronte Popular de Liberación de Palestina.
INTERNACIONAL
Israel dá a Gaza un novo ultimato até as 15 horas
14/out./23
O ultimato do exército israelí venceu de madrugada e pouco despois anunciou outro que remataría ás 15 horas. A ONU e varias ONG rexeitan o desprazamento forzado.
INTERNACIONAL
Von der Leyen: "Europa está con Israel, sufriron o peor ataque desde o Holocausto"
13/out./23
Von der Leyen subliñou que o Estado hebreo ten "o dereito e o deber" de defenderse do "terrorismo de Hamás" e das súas accións "inxustificábeis", apuntando que a resposta de Israel "demostrará que é unha democracia".
star
INTERNACIONAL
Israel reduce a menos de 24 horas o seu ultimato para abandonar Gaza a pesar da advertencia da ONU: "É imposíbel"
13/out./23
A ofensiva terrestre sobre Gaza é inminente, unha vez que Israel lanzou un ultimato para que a poboación do norte da Faixa abandone o territorio. Mentres tanto, a tensión medra noutras frontes, como o Líbano ou Siria, e as mortes en Cisxordania xa alcanzan as 40. A ONG Human Rights Watch certifica que o Exército israelita empregou fósforo branco sobre a poboación en Gaza e no Líbano.
POLÍTICA
O BNG insta o Goberno español a exixir a Israel o cesamento dos ataques á Faixa de Gaza
13/out./23
O Estado israelí acaba de dar un prazo de 24 horas para a evacuación de máis de 1 millón de palestinos do norte de Gaza porque vai levar a cabo unha ofensiva e invasión terrestre da zona. Algo que se “debe parar canto antes e que pon en evidencia a pretensión do sionismo de levar a cabo unha limpeza étnica pola vía de baleirar a Faixa de poboación Palestina”, indican desde o BNG.
INTERNACIONAL
A violencia medra tamén, con 31 palestinos mortos, en Cisxordania, onde a ONU recomenda non saír da casa
13/out./23
Residentes en Cisxordania trasladan a 'Nós Diario' o clima de crecente violencia que se respira nas rúas ante a ofensiva militar sen precedentes de Israel. Os cisxordanos temen o peor en Gaza e envían mensaxes de despedida aos seus familiares gazatíes: "Nunca me sentira tan impotente vendo chorar a miña nai e velando pola protección da súa familia, que ninguén de nós pode darlles".
INTERNACIONAL
Israel prepara unha invasión e dá 24 horas para desaloxar un millón de persoas nunha Gaza asediada e sen subministros
13/out./23
Nesta parte do territorio gazatí reside máis dun millón de persoas. "Sen luz, sen auga, con constantes ataques aéreos. A noite en Gaza está máis perto do inferno que da vida", alertan desde Nacións Unidas.
Voces de Palestina
Felipe Noya, portavoz da Coordinadora de ONGD: "O bloqueo a Gaza vén de moi atrás, o que se está facendo é agudizalo"
13/out./23
Felipe Noya é o portavoz da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento. Nesta conversa con 'Nós Diario' analiza o agravamento do conflito.
Agora
Vladimir Putin: "Apostamos pola creación do Estado de Palestina"
12/out./23
Rusia mostrou a súa "extrema preocupación" polos combates que se veñen tendo lugar e os ataques por parte de Israel a Gaza. A Federación rusa advertiu do "risco dunha expansión do conflito en toda a rexión" e apostou pola creación do Estado de Palestina a través do seu presidente Vladimir Putin. A solución de que haxa dous Estados, Israel e Palestina, con soberanía propia, foi apoiada pola China, que solicitou a ambas as partes lograr "o antes posíbel" un alto o fogo para poder explorar dita vía de paz.