POLÍTICA
O PP confirma que non pedirá a dimisión de Xácome e cualifica a súa agresión como "erro"
25/maio/22
O portavoz socialista, Rafael Villarino, defendeu que "hai motivos máis que sobrados" para esixir a dimisión do rexedor municipal, e realizou un repaso por todas as situacións que viviu o alcalde con diferentes colectivos profesionais, con situacións xudiciais e tamén con compromisos incumpridos.
POLÍTICA
Rueda reivindica o "bilingüismo cordial" e Pontón lémbralle a súa asistencia a unha protesta contra o galego
25/maio/22
A portavoz nacional do BNG salienta que o galego é o único idioma de todo o Estado que perde falantes, mentres o presidente gábase de que se utilicen "con total liberdade e cordialidade" ambas as linguas.
POLÍTICA
Feixoo toma posesión como senador
25/maio/22
Mantén Cuca Gamarra como portavoz no Congreso, Javier Maroto no Senado e Dolors Montserrat no Europarlamento.
SOCIAL
O PP foi denunciado por censar en Mi Casa persoas para as eleccións locais
24/maio/22
As denuncias de malos tratos presentadas contra a residencia Mi Casa non sorprenderon en Pazos de Borbén. Segundo sinalan a Nós Diario varios veciños da localidade “era algo sabido en toda a zona desde hai tempo”. Na mesma liña, critican que a Xunta da Galiza non teña actuado até facerse públicas diversas imaxes que evidencian a falla de calidade asistencial do centro de maiores.
POLÍTICA
Rueda fecha unha cúpula case idéntica á de Feixoo
22/maio/22
O dirixente pontevedrés toma as rendas do Partido Popular na Galiza co apoio de 97,2% dos compromisarios.
POLÍTICA
Dá comezo o Congreso do PP que escollerá Rueda como presidente do partido na Galiza
21/maio/22
O 18º Congreso do PP galego, de carácter extraordinario, decorrerá esta fin de semana en Pontevedra.
POLÍTICA
O PSOE expulsa os dous edís de Santa Comba que facilitaron un Goberno do PP
20/maio/22
José Antonio Ucha e Cristina Fajín apoiaron a moción de censura impulsada polos populares contra o ex rexedor David Barbeira que deu a Alcaldía a María Pose.
POLÍTICA
Elena Candia, nova vicepresidenta primeira do Parlamento
20/maio/22
Candia sumarase á Mesa do Parlamento, presidida polo popular Miguel Santalices. O resto de integrantes da Mesa do Parlamento son a deputada do BNG Montse Prado, como vicepresidenta segunda; a do PP Corina Porro, como secretaria; e a representante do PSdeG Mariña Ortega, como vicesecretaria.
POLÍTICA
CIS de maio: o PP segue a recortar distancias co PSOE e o BNG garante a representación no Congreso
19/maio/22
O barómetro deste mes deixa o PP de Alberto Núñez Feixoo en segunda posición e a menos de dous puntos do PSOE.
POLÍTICA
Paula Prado ocupará a Secretaría Xeral do PP na Galiza
19/maio/22
Prado sucederá Miguel Tellado como secretario xeral dos populares galegos, e será a primeira muller en ocupar este cargo.
POLÍTICA
Pedro Puy recibe a alta hospitalaria após sufrir un infarto no Parlamento
16/maio/22
O portavoz do PP tivo que ser trasladado ao Hospital Clínico de Compostela a pasada quinta feira no debate de investidura de Alfonso Rueda.
'Caixa B' do PP
Cospedal pediu a Villarejo que impedise a publicación dos 'papeis de Bárcenas'
16/maio/22
O ex comisario afirma que pediu a varios xornalistas, entre eles Eduardo Inda, que non difundisen unha listaxe do ex tesoureiro do PP, Luís Bárcenas, na que aparecía "o presi", en referencia ao ex presidente Mariano Raxoi.
POLÍTICA
Beiras ve un PP sen maioría no Parlamento galego en 2024
15/maio/22
Xosé Manuel Beiras di que a Feixoo "fixéronlle un lavado de moderación, pero de moderado non ten nada"
POLÍTICA
Feixoo presume de marchar invicto a Madrid
15/maio/22
O xa ex presidente da Xunta e presidente do PP estatal lembrou no acto toma de posesión de Alfonso Rueda as catro maiorías que colleitou na Galiza.
POLÍTICA
Rueda preséntase como "un fillo da Galiza" libre de "hipotecas"
14/maio/22
Rueda sinalou durante a toma de posesión do seu cargo como novo presidente da Xunta que loitará para "preservar" a autonomía das "tendencias de ruptura" e manter a "estabilidade" cun goberno asentado na "moderación".
POLÍTICA
Rueda endurece o discurso do PP para o final da lexislatura
14/maio/22
Alfonso Rueda tomará hoxe posesión no Parlamento da Galiza como o sexto presidente da autonomía tras ser electo esta quinta feira na Cámara e publicar onte o Diario Oficial da Galiza (DOG) e o Boletín Oficial do Estado (BOE) o real decreto co seu nomeamento. Por diante, dous anos de lexislatura que, a teor do discurso do propio Rueda, tamén se presentan como de endurecemento do discurso do Partido Popular.
POLÍTICA
Pedro Puy, "estábel e con bo prognóstico" após sufrir un infarto no Parlamento
13/maio/22
O deputado e portavoz do grupo popular tivo que ser trasladado na quinta feira en ambulancia ao Hospital Clínico de Compostela, onde prosegue a súa recuperación.
POLÍTICA
Pedro Puy, ingresado no Clínico de Santiago despois de sufrir un infarto no pleno de investidura
12/maio/22
O portavoz parlamentar permanece hospitalizado no Hospital Clínico de Santiago.