Carlos Callón, sobre se o galego é ou non unha “lingua de laboratorio”
Dedica a súa vídeo-columna desta semana Carlos Callón a saír ao paso dunhas declaracións realizadas pola nova líder de Podemos Galiza, Carmen Santos, en relación á lingua galega.
Podemos, sen IU, apresenta unha "campaña patriótica" para "gañar o noso país" o 26X
Coa coidada posta en cena marca da casa e ao ar libre, Podemos apresentou esta quinta feira a súa campaña eleitoral. Ben, en realidade apresentou a campaña de Unidos Podemos, a marca coa que, en coligazón con IU, concorre ás urnas o 26X. Fíxoo sen que no acto aparecese ninguén de IU.
Beiras, sobre EU e Podemos: “Teño límites. Hai límites éticos, está claro?”
O portavoz nacional de Anova salientou após que a súa formación “deu exemplo” no proceso de confluencia arredor de En Marea para tratar de manter a “unidade popular”, após recuar na súa esixencia de converter a coligazón nun partido instrumental para tratar de conseguir grupo parlamentar. Porén, Beiras advertiu que tanto Anova coma el teñen “límites”.
Beiras antepón a “unidade popular” ao partido instrumental que facilitaría o grupo parlamentar
O portavoz nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras, rexeita “rebentar” a “unidade popular” pola cuestión do partido instrumental, unha fórmula xurídica que facilitaría que En Marea tiver grupo parlamentar propio no Congreso.
Pedro Sánchez: “As Mareas son unha sucursal de Podemos”
Na súa visita a Vigo, e no marco das declaracións de destacados líderes socialdemócratas contra as Mareas, o secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, cargou contra este conglomerado de forzas e advertiu de que “son unha sucursal de Podemos”.
"Na Marea Podemos marca territorio, Podemos marca a axenda"
Na súa achega semanal á rede galega de vídeo-blogues, o director de Sermos Galiza avalía o desenvolvimento da asemblea de En Marea decorrido este domingo no Auditorio de Compostela.
Beiras asume que En Marea non irá como partido e fía o grupo parlamentar a gañar a maioría no Congreso
Do apuntado por Xosé Manuel Beiras, portavoz nacional de Anova, en declaracións aos medios durante a asemblea de En Marea, dedúcese que asume as teses de Podemos e de IU e que a plataforma irá ás eleccións xerais como coligazón e non como partido.
Bescansa propón unha “mesa polo cambio político” a PSdeG e BNG
Podemos marca territorio na asemblea de En Marea e unha das súas máximas dirixentes estatais, Carolina Bescansa, anunciou que a formación morada lle proporá ao PSdeG e ao BNG abrir unha “mesa polo cambio político”.
As siglas IU desaparecen da marca “masculina” da súa alianza con Podemos
Unidos Podemos é a denominación da coligazón que rexistraron a pasada sexta feira Podemos e IU para se presentaren ás eleccións xerais do 26X. As siglas IU non aparecen no nome, aínda que si se recolle a marca Podemos. Amais, a alianza opta por unha linguaxe sexista.
Anova cede perante Podemos e EU e En Marea irá como coligazón ao 26X, non como partido
O deputado de En Marea Gómez-Reino chegou instar o partido de Beiras a deixar a plataforma se insistían no tema do partido instrumental. O prazo para rexistrar coligazóns finaliza esta sexta feira.
Yolanda Díaz recoñece diferenzas políticas entre EU e Anova
A coordenadora nacional de Esquerda Unida e deputada de En Marea no Congreso optou por responder ás críticas de Beiras amosando a súa "admiración" pola súa figura.
IU pide 1 de cada 6 postos de saída nas candidaturas con Podemos
Á marxe ficarían as confluencias en Galiza, Catalunya e Valencia, que se xestionan de forma autónoma.
Yolanda Díaz defende que encabece a candidatura da Marea unha persoa independente
A coordinadora nacional de EU e deputada de En Marea-Podemos no Congreso, Yolanda Díaz, asegurou que lle gustaría que “o candidato de En Marea á presidencia da Xunta non fose de parte”.
Podemos desbota converter En Marea nun partido instrumental
Aínda que aposta no espazo de confluencia En Marea, Podemos desbota converter a coligazón nun partido instrumental. Así o advertiu na asemblea que a formación liderada por Pablo Iglesias realizou o sábado en Ames.