Sanidade

As praias atraen ao público galego nesta desescalada paulatina. (Foto: Beatriz Ciscar / Europa Press) #desconfinamento #restricións #galiza #praias #coronavirus #pandemia #covid19 #sanxenxo #limitacións #comitéclínico
SOCIAL

Un paso máis cara a "nova normalidade": Desaparecen da Galiza as restricións máis elevadas

A Consellaría de Sanidade vén de comunicar a decisión tomada no marco dun novo encontro de traballo coas expertas e expertos do comité clínico. A pasada semana decidírase manter Mos e A Pobra do Caramiñal baixo fechamento perimetral, mais esa medida sobre a mobilidade quedou suspendida na segunda feira e, a partir do día 12 de xuño, só haberá dous chanzos de risco e limitacións (medio-alto e medio-baixo).
A ministra, Carolina Darias, após o Consello. (Foto: Eduardo Sanz / Europa Press)
SOCIAL

O Ministerio propón agora relaxar as restricións e flexibilizar o lecer nocturno

O Ministerio de Sanidade elaborou unha nova proposta de medidas contra o coronavirus de cara á 'nova normalidade' para as comunidades autónomas, despois de que Galiza, Euskadi, Catalunya, Madrid, Andalucía e Murcia rexeitaran o informe aprobado a pasada cuarta feira no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS), no que se permite unha relaxación de medidas e unha maior flexibilidade do lecer nocturno.

Feixoo, á esquerda, e García Comesaña -cando aínda non era conselleiro de Sanidade-, á dereita, nun quirófano do Cunqueiro (Imaxe: Xunta da Galiza)
SOCIAL

O persoal de Cirurxía do Cunqueiro plántalle cara á Consellaría, que paga 50 euros por operación menor

Persoal que realiza actividade cirúrxica voluntaria, nas quendas de tarde, do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo rebélase contra os recortes da Consellaría de Sanidade e non programa operacións para as próximas semanas. É así como protestan contra as condicións económicas das cirurxías, polas que se chega a pagar 50 euros.

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, nunha comparecencia. (Foto: Europa Press).
SOCIAL

Madrid burla as novas restricións do Goberno español

A Xunta, que esta segunda feira continúa a avaliar se recorre ao Tribunal Constitucional, acepta de bo grado que a Audiencia Nacional aceptara un recurso do Goberno de Isabel Díaz Ayuso.
Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo (Sergas)
SOCIAL

73 millóns de euros públicos para os fondos e empresas da concesionaria do Álvaro Cunqueiro

O feche temporal da cociña do hospital vigués para reparar o chan da cociña é, para a CIG, exemplo “dos recortes na calidade”. A comida virá agora desde Zaragoza.

Varias persoas enchen as terrazas dos bares da rúa do Forno, en Ourense. (Foto: Rosa veiga / Europa Press).
POLÍTICA

Ha de cumprir Galiza o acordo estatal para o ocio nocturno?

O presidente da Xunta pide "rigor" e "diálogo" á hora de abordar as medidas aprobadas no Consello Interterritorial para regular o lecer nocturno con normas homoxéneas este verán. Galiza votou en contra do documento presentado polo Ministerio de Sanidade. Non foi a única, por iso discute o seu carácter obrigatorio. 
A ministra, Carolina Darias, após o Consello. (Foto: Eduardo Sanz / Europa Press)
SOCIAL

A Xunta rexeita as "obrigas a destempo" do Goberno de España

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, -que votou en contra das novas medidas do Ministerio para controlar a Covid-19- acusou o ministerio de aparecer "tras agocharse durante toda a pandemia".
Terrazas cheas de clientela na Coruña. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
SOCIAL

A hostalaría fechará á 1 e o lecer nocturno ás 3 da madrugada para controlar o virus

Os Gobernos de varios territorios veñen de votar en contra das propostas do Ministerio de Sanidade para evitar a propagación da Covid-19 este verán. Ademais da Galiza, non queren as restricións previstas polo Goberno español en Madrid, Euskadi, Catalunya, Andalucía e Murcia. Malia estas opinións, o documento conseguiu saír adiante.

Mentres as restricións baixan pouco a pouco, o alcalde de Vigo xa pensa nunha 'parcelaria' das praias. (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press)  #coronavirus #covid19 #vacina #vacinación #pandemia #restricións #limitacións #praias #vigo #abelcaballero #sanidade #sergas
SOCIAL

Mos e A Pobra seguirán coa mobilidade limitada pola evolución dos contaxios

Lobios evitou o fechamento perimetral, malia que o actual aínda se prolongará uns días. Estas medidas foron aprobadas no encontro de traballo entre a Consellaría de Sanidade e o comité clínico que asesora á Xunta sobre a pandemia.
Caixa coa vacina de Janssen. (Foto: Marta Fernández / Europa Press) #vacina #janssen #coronavirus #covid19 #vacinación #saúdepública
SOCIAL

Acordo para que a vacina de Janssen se administre a persoas de 40 a 49 anos

A Comisión de Saúde Pública acepta que a vacinación dese grupo de idade se realice cos fármacos contra o coronavirus de Pfizer, Moderna e Janssen, este último como novidade.
Bañistas na praia de Samil este domingo. (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press) #confinamento #restricións #botempo #coronavirus #covid19 #baño #praia #galiza #vigo #comitéclínico #sanidade #sergas
SOCIAL

O comité clínico confía en eliminar os límites ás xuntanzas en "dúas semanas"

O grupo de expertas e expertos que asesora á Xunta sobre a evolución da pandemia tamén prevé que desaparezan as restricións que seguen activas na noite. Na práctica estas refírense, sobre todo, aos encontros de xente que non convive -tanto en interiores como en exteriores- entre a 01 e as 06 horas.
Centro de saúde de Monfero (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Un só médico para atender case 2.000 persoas en Monfero

Veciñanza afectada comeza mobilizarse para exixir ao Sergas que reforce o cadro de persoal.
Mobilización na Guarda para pedir máis persoal médico (@desdeoturonio)
SOCIAL

Mobilización multitudinaria na Guarda para pedir máis persoal médico

A protesta, convocada pola Plataforma en defensa da Sanidade Pública, reuniu a unhas 500 persoas.

Un home accede ao ambulatorio de Guitiriz. (Foto: Carlos Castro / Europa Press) #centrosaúde #sanidade #xunta #ambulatorio #atenciónprimaria #sergas #saúdepública #guitiriz
SOCIAL

Sanidade exclúe varias opinións especializadas no debate sobre a Atención Primaria

Os Colexios Profesionais de Enfermaría da Galiza, así como agrupacións sanitarias, suman forzas para protestar contra a actitude da Xunta. Aseguran sentir gran "malestar" porque non se lles dera voz para analizar o estado deste servizo esencial da sanidade galega e da súa reestruturación.
Un home asina o consentimento, onte, en Ourense (Foto: Rosa Veiga / Europa Press).
SOCIAL

Sanidade insiste na idoneidade de se vacinar coa segunda dose de AstraZeneca

Alta demanda deste vial, que esta quinta feira se comezou administrar ás persoas menores de 59 anos pendentes de completar a pauta e cuxas reservas están baixo mínimos na Galiza.
Profesional sanitario atendendo unha emerxencia durante a pandemia (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
star
Día Internacional da Medicina de Urxencias e Emerxencias

Médicas de Urxencias reivindican un servizo esencial saturado polos recortes na Atención Primaria

Profesionais dos servizos de Urxencias e Emerxencias concéntranse no mediodía desta quinta feira fronte aos centros sanitarios de todo o país para reclamar o recoñecemento desta especialidade. Salientan a importancia de contar cunha "formación regulada e homologada" para "mellorar a atención ás persoas doentes" nun servizo que, por mor da falta de medios e a escasa presencialidade na Atención Primaria, está a padecer unha considerábel sobrecarga de traballo.
Imaxes promocionais no Instagram da sala coruñesa. (Foto: Nós Diario) #ocionocturno #discoteca #pandemia #probapiloto #pelícano #acoruña
SOCIAL

Esgótanse as primeiras entradas para as probas piloto do ocio nocturno na Galiza

A discoteca Pelícano, da Coruña, anunciou a venda das 1.000 entradas dispoñíbeis unha hora despois de ofertalas. A agardada proba piloto promovida polo sector coa Xunta non terá lugar até o 12 de xuño. Será entón cando se comprobe se este tipo de estabelecementos poden ter a súa propia desescalada e retomar a actividade aos poucos.
Acceso ao centro de saúde do Portádego, en Culleredo, en pleno cribado. (Foto: Nós Diario)  #centro-de-saúde #ambulatorio #sergas #sanidade #covid19
SOCIAL

Enfermeiras da Primaria exixen ao Sergas participar na reestruturación do modelo asistencial

As e os profesionais agrupados na Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (Agefec) consideran “inaceptábel” que vaian ser as e os médicos os que “planifiquen” o seu traballo e competencias nos centros de saúde. Consideran que deben estar de forma directa na toma de decisións.

Ambiente nas rúas de Ourense após a ampliación do horario de bares e cafetarías. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
SOCIAL

Fechamento perimetral en Lobios, Mos e A Pobra do Caramiñal

A decisión saíu da reunión que mantiveron esta terza feira representantes da Xunta coas expertas e expertos que asesoran sobre a evolución da pandemia. No entanto, aínda non transcenderon decisións sobre o incremento de asistentes nas reunións.
Unha muller recibe unha vacina en Pontevedra. (Foto: Beatriz Ciscar / Europa Press)
SOCIAL

Sete queixas e un burofax que non valen unha vacina

Persoas esquecidas polo Sergas, como un home de 93 anos de Rois, denuncian a falta de inclusión na campaña de tratamento contra a Covid-19