economía

ECONOMÍA

Aymerich exixe á Xunta impugnar o decreto sobre as preferentes

O voceiro de economía do BNG, Carlos Aymerich, vén de exixir publicamente ao goberno da Xunta de Galiza que "impugne o decreto-lei", previsto polo executivo español, onde se fixa unha quita, como solución á fraude das preferentes.

ECONOMÍA

Exixen que Mercadona cumpra a súa palabra e suba o prezo que paga polo leite na Galiza

A provedora desta cadea de distribución, Iparlat, mantivo xuntanzas nestes días con produtor@s da Terra Chá e comprometeu un incremento na cantidade que paga por este alimento. A central agraria reclama que deixe de ser un produto reclamo, pois 66.000 empregos dependen do sector leiteiro
Mundo

Esmola de 50€ para desempregad@s con dúas persoas dependentes ao cargo

Á espera do que depare o Consello de ministr@s e sen aclarar quen poderá cobrar a axuda dos 400 euros, o goberno español anuncia que dará 50€ máis a persoas desempregadas maiores de 45 anos e que teñan dúas familiares dependentes ao seu cargo
Manifestación de afectad@s polas preferentes
ECONOMÍA

Máis unha volta de porca ás preferentes

O goberno español decidirá a vindeira sexta no Consello de ministr@s, a súa posición a respecto da fraude das preferentes e o trato que recibirán as persoas afectadas. O BNG exixe que se devolva a contía íntegra do diñeiro estafado a máis de 43.000 persoas na Galiza.
Mercadona
ECONOMÍA

Mercadona sobe os prezos, malia afirmar que non subirá o IVE

A cadea de supermercados valenciana que preside Juan Roig anunciou que non aplicará a suba do IVE decretada polo goberno de Rajoy para o 1 de setembro, mais ao tempo deu orde aos seus centros de que vaia subindo os prezos aos poucos, entre o 0,1 e o 0,5% sobre o prezo xeral.

 

ECONOMÍA

Traballadores de Bioetanol marcharon en Teixeiro contra o despedimento de 4 compañeir@s

Amplo seguimento do cadro de persoal de Bioetanol Galicia SA da folga de 24 horas, tamén se sumaron a ela as compañías auxiliares
Farmacia
SOCIAL

Sae a listaxe de medicamentos que haberá que pagar

Faise pública a listaxe de medicamentos que, a partir de setembro, deixan de estar financiados pola Seguridade Social, os criterios para a súa escolla, e as excepcións, relacionadas sobre todo con doenzas crónicas.
ECONOMÍA

Demandan a intervención do goberno estatal na discriminación de prezos do leite galego

O que reciben @s gandeir@s galeg@s polo leite é o prezo máis baixo do Estado é un dos máis baixos da Unión Europea, malia supor a súa produción o 40% do leite do Estado.
ECONOMÍA

En 28.000 fogares galegos non entra ningún ingreso

O presidente do goberno central acaba de anunciar a prórroga do Plan Prepara, a axuda de 400 euros mensuais a desempregad@s de longa duración. Mais o problema é acceder a ela. Non están contabilizadas as persoas perceptoras desta subvención en Galiza (no Estado son 200.000), mais os últimos datos de paro rexistrado tecen un panorama preocupante.

Material de papelaría
ECONOMÍA

As librarías galegas non subirán o IVE no inicio do curso

A Federación de Libreiros de Galiza decidiu non aplicar a subida do IVE ao material escolar até o 15 de outubro, unha vez pasado o inicio do curso. Unha medida que toman despois de comprobaren que se estaban a facer mercas masivas para evitar o pagamento da suba imposta polo goberno do 4 ao 21%.
ECONOMÍA

As librarías galegas non subirán o IVE no inicio do curso

A Federación de Libreiros de Galiza decidiu non aplicar a subida do IVE ao material escolar até o 15 de outubro, unha vez pasado o inicio do curso. Unha medida que toman despois de comprobar que se estaban a facer mercas masivas para evitar o pagamento da subida imposta polo goberno do 4 ao 21%.
ECONOMÍA

As librarías galegas non subirán o IVE no inicio do curso

A Federación de Libreiros de Galiza decidiu non aplicar a subida do IVE ao material escolar até o 15 de outubro, unha vez pasado o inicio do curso. Unha medida que toman despois de comprobar que se estaban a facer mercas masivas para evitar o pagamento da subida imposta polo goberno do 4 ao 21%.
Becerreá
ECONOMÍA

Catro concellos lucenses únense para promoveren as cooperativas

Lugo, Becerreá, Baralla e o O Corgo estabelecerán unha oficina técnica para promoveren proxectos de cooperativas no ámbito rural, que favorezan a creación de postos de traballo e contribúan a fixar poboación nas aldeas.

ECONOMÍA

Concentracións contra as políticas antisociais do PP

As centrais sindicais mobilízanse nesta sexta contra as medidas aprobadas polos gobernos do PP

Comisión Europea
ECONOMÍA

O BCE pide reducir os soldos para xerar competitividade

No seu informe mensual o BCE insta ás economías rescatadas a adoptaren máis unha vaga de reformas e axustes estruturais entre as que se atopa a redución de soldos.
Oficina de Emprego
ECONOMÍA

Un estudo indica que medrará o desemprego nos vindeiros meses

As medidas que está a adoptar o goberno español non dan resultados. As propias empresas de traballo temporal aseguran que vai ir a peor nos vindeiros meses.
ECONOMÍA

U-los 400 euros?

Persoas beneficiarias da prestación de 400€ pertencentes ao Plan Prepara denuncian o impago do mes de xullo.
Catedral de Santiago pequena
ECONOMÍA

Galiza perde turismo

As repetidas campañas da Xunta trouxeron visitantes que pasan pouco tempo no noso territorio e gastan menos. O turismo internacional prefire outras zonas da península.
Mobilización contra a precariedade
ECONOMÍA

O goberno español regulará despedimentos colectivos na Administración Pública

Coa aprobación dun decreto-lei, o goberno central pretende regular despedimentos colectivos en todas as administracións públicas tan só con alegar insuficiencia orzamentaria.

Imaxe de arquivo: escolasinfantis.net
ECONOMÍA

A Xunta 'despluma' a Galiña Azul

A Xunta de Galiza elimina 49 postos de traballo nas escolas infantís "A Galiña Azul" e suprime centros para o vindeiro curso en diversas localidades do país.