economía

Os dous acusados da CIG ás portas dos Xulgados da Parda, en Pontevedra.
ECONOMÍA

Condenan a tres anos e 1 día de prisión a tres sindicalistas pola folga do comercio de 2009

Para a CIG, coa sentenza do Xulgado do Penal nº 1 de Pontevedra, "queda constatado que a xustiza non é igual para todas as persoas"
Mariñeiro en plena faena. Foto: Greenpeace
ECONOMÍA

Galiza perdeu o 15% da súa flota pesqueira nos últimos anos

A flota artesanal, con 718 embarcacións menos, e a de altura que faena en augas comunitarias, as máis afectadas
ECONOMÍA

Recortes nos servizos de emprego para abrir a porta ás ETTs

O Colectivo de promotores de emprego denuncia a eliminación de 109 postos de traballo
Novagalicia Banco
ECONOMÍA

A valoración á baixa de NCG, baixo sospeita

Novacaixagalicia pasou de estar valorada en 1.800 millóns de euros a selo en só 188, a cifra que auditou a Banca Rothschild , coa que estivo ligada José María Castellano, a persoa que actualmente é presidente executivo de Novagalicia Banco
ECONOMÍA

Luz verde en Madrid a unha reforma do traballo aínda máis misóxina

Os votos de PP e CiU converten en lei a reforma laboral que levaba en vigor desde finais de febreiro e contra a cal se mobilizaron na Galiza máis de 200.000 persoas o 29M. Modificacións no acceso ás pensións en relación ás 'lagoas de cotización' e o maior poder outorgado á empresa para decidir de maneira unilateral o 10% da xornada laboral ao ano atacan especialmente ás obreiras
ECONOMÍA

Dimite Julio Fernández Gayoso como copresidente de Novagalicia Banco

O que até hoxe fora directivo de Novagalicia Banco dimite no Consello de Administración desenvolvido esta quinta en Vigo.
Mobilización de empregad@s de Adolfo Domínguez
ECONOMÍA

Os EREs non pactados disparáronse nun 317% desde a reforma laboral

O número de traballadores e traballadoras afectadas por estes expedientes multiplicáronse por catro en comparanza co ano pasado
ECONOMÍA

O PP xa fala de despedir empregad@s públic@s

A presidenta da Comisión de Economía no Congreso afirma que o recorte de salarios aos e ás funcionarias non é de abondo e que haberá que eliminar empregos públicos
Galiza

O director xeral de Pemex: "Os remolcadores, en estaleiros mexicanos"

O director xeral de Pemex, Juan José Suárez Copel afirmou que “compraremos os remolcadores con alto contido nacional e prazos longos para que se constrúa en México da man da Armada e dos estaleiros mexicanos”. O BNG pon en dúbida o acordo anunciado por Feijóo coa multinacional petroleira mexicana
Os dous acusados da CIG ás portas dos Xulgados da Parda, en Pontevedra.
ECONOMÍA

Fiscalía mantén petición de 3 anos de prisión para dous sindicalistas

Marcos Cadórniga e Carlos Alján, da CIG, foron identificados cando formaban parte dun piquete na folga do comercio de alimentación de 2009
ECONOMÍA

Despiden en Vigo a dúas traballadoras por denunciaren acoso laboral

A sección da CIG na empresa Unísono de Vigo denuncia o despedimento de dúas traballadoras logo de remitiren un escrito perante a dirección, co gallo do acoso laboral sufrido por parte da supervisora da campaña de Gas Natural.
ECONOMÍA

A Audiencia Nacional admite a querela contra cinco exdirectivos de NCG

O xuiz titular Ismael Moreno remite ao Ministerio Fiscal outra querela presentada contra o que fora director de Caixa Galicia, José Luis Méndez, e dous dos seus fillos
POLÍTICA

O PP saca adiante só cos seus votos unha Lei de Montes ''privatizadora'' e ''incendiaria''

BNG e PSOE manifestaron o seu rexeitamento ao texto, que derroga o 57% da lei contra os incendios florestais que aprobara o bipartito e que deixa o monte galego ''ao dispor do capital financeiro''
ECONOMÍA

Uns 4.000 operarios do naval cortan As Pías

O cadro de persoal demanda carga de traballo e solucións á situación do sector.
Manifestación de afectad@s polas preferentes
ECONOMÍA

O comisario da UE de Competencia partidario de que o Goberno asuma o custo das preferentes

Joaquín Almunia defendeu esa vía como posíbel solución ao problema d@s afectad@s
ECONOMÍA

Piden tres anos de prisión para 2 sindicalistas da CIG que formaban parte dun piquete

Marcos Cadórniga e Carlos Aján están acusados, xunto a un sindicalista de CCOO que tamén formaba parte do piquete, dun delito contra a liberdade dos traballadores/as na folga do comercio de alimentación de 2009
Mauro Varela na presentación de Nova Galicia Banco
ECONOMÍA

Mauro Varela dimite como presidente de Novagalicia Banco

Afirma lamentar "profundamente" as súas afirmacións sobre que os compradores das preferentes sabían o que facían
ECONOMÍA

A Fiscalía Anticorrupción querélase contra Gayoso e 4 directivos de NCG

A Fiscalía acusaos de fraude na administración dos bens da caixa por ocultar ao Banco de España e Consello de Administración unhas prexubilacións ás que presuntamente non tiñan dereito.
ECONOMÍA

Feijóo insiste en dar por fechado o acordo con Pemex ''sen concretar o prezo'' dos buques

O Goberno mexicano desmentiu a existencia de compromiso algún con Galiza, mais o titular da Xunta reitera que a multinacional quere construír nos nosos estaleiros. E quere facelo, di Feijóo, antes incluso de saber o que se lle vai cobrar polos barcos
ECONOMÍA

O persoal da metalurxia Semar, en Ames, denuncia acoso laboral e meses sen cobrar

Un Ere suspensorio que remata a finais deste mes está a ser a baza para presionar a prol das baixas voluntarias. Os salarios non se pagan, a carga de traballo desvíase a outra factoría en Padrón da mesma propiedade e unha listaxe cos nomes e a afiliación sindical de cada empregad@ elaborada polo propio empresario circula xa polas empresas do sector