En Marea

ESTA SEMANA PODERÍA APRESENTARSE O PROGRAMA MARCO ACORDADO CO PSOE

BNG pide ás mareas e a AV que expliciten quen debe presidir a Deputación da Coruña

O BNG considera que esta mesma semana será posible presentar “de xeito detallado” un programa marco de consenso co PSOE para as entidades provinciais.

podemos portada
NORIEGA SAúDA A PROPOSTA DUN GRUPO PARLAMENTAR GALEGO

Pablo Iglesias ve o acordo con Anova e IU "moi perto"

O secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, mantiveron unha reunión sobre a posibilidades de concorrencia ás eleccións estatais.

Á esquerda, o alcalde de Ferrol, que acompaña a Alberto Grazón (IU)
APÓS PABLO IGLESIAS TER DECRETADO QUE IU É UN PROXECTO ESGOTADO

Garzón defende “candidaturas de unidade” e Noriega cre que IU debe estar na confluencia

Alberto Garzón atópase estes días na Galiza, con vistas a realizar contactos con dirixentes políticos galegos.

Beiras
POLÍTICA

Beiras pide que a fórmula das ‘mareas’ se estenda ás novas eleccións

Di que Podemos é unha “forza decisiva” mais lémbralle que obtivo mellores resultados en candidaturas de unidade que en solitario.

feijoo_pequena
MUNICIPAIS2015

O PP rectifica e abre a porta a debater coas forzas sen representación municipal

As protestas do BNG e do PSdeG, por excluír dos debates electorais ás candidaturas que non forman parte das corporacións locais, obrigan a dar marcha atrás aos populares.

MUNICIPAIS 2015

Anova marcha e acrecenta o esfarelamento de Ourense en Común

A militancia acordou en asemblea retirar o apoio á plataforma por entender que abandonou os valores fundacionais e que “xa non é” un proxecto rupturista. É a cuarta organización que marcha de proxecto.

FICA EN SUSPENSO AO NON ALCANZARSE O QUóRUM

Menos do 10% de participación na votación de Podemos Vigo e Ourense sobre as mareas

Continúa a tónica de baixa participación nos procesos internos de Podemos. Desta volta nen se alcanzou o quórum do 10% para dar por bon o referendo cibernético en Vigo e Ourense sobre o eventual apoio ás mareas.

Mareas baixas

Levo demasiado tempo dándolle voltas a unha análise do que se deron en chamar eufemísticamente movementos cidadás, como si calqueira outra organización política non o poidera ser. E si non fun quen de concretalo foi porque cada día xurden novas variables que mudan a miña percepción do fenómeno, quizáis porque estamos nun convulso momento político e, ademáis, preelectoral.

Mareas de retos

Cando en 2011 o 15M emprega como lema iso de “Imos despacio porque imos lonxe” xa auguraba que as súas movilizacións non rematarían coa toma das prazas. Máis aínda mentres as tres causas que o levaron até aquela toma do espazo público (desconfianza nos partidos políticos, desconfianza cara o sistema (non convirtamos a palabra democracia nun eufemismo) e empeoramento das condicións socio-económicas das maiorías sociais) continuaran vixentes. 

Mareas ou constrúes

As vindeiras eleccions municipais presentanse nunha situación complexa para o nacionalismo (lease BNG) .Situación complexa refrexada en :Irrupción de marcas eleitorais que baseandose na indifinición (cando non na contradicción ) ,tentan apañar votos de xeito transversal . Agromar de plataformas , manifestos,somos ,mareas........ ,que prantexan candidaturas unitarias  nas que se prioriza a cuestión social deixando aparcada a cuestión nacional ; cando para o nacionalismo as duas cuestions teñen que ir xunguidas.