ensino

A deputada nacionalista Mercedes Queixas (Foto: Nós Diario).
LINGUA

O BNG exixe á Xunta que deixe o “búnker negacionista” e non promova “unha escola desgaleguizadora”

A voceira de Lingua do Bloque, Mercedes Queixas, considerou que a política lingüística educativa na Galiza é un “fracaso”. En consecuencia, reclamou ao Goberno galego que non limite a lingua do país “a unha foto no día das letras”.

Un calendario escolar sen exames en setembro: miramos o dedo ou a lúa?

A directora da Universidade Sénior da Universidade da Coruña (UDC), Matilde García Sánchez (Universidade Sénior)
SOCIAL

Matilde García: "As persoas maiores teñen moito que achegar, son proactivas e gozan do momento "

O Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña puxo en marcha unha nova edición do proxecto de formación universitaria específico para persoas adultas, primeiro no mes de abril no municipio de Zas e agora en maio no das Pontes. A súa directora, Matilde García Sánchez, conversa con Nós Diario sobre esta experiencia, non tan coñecida, que conta na actualidade con case un milleiro de alumnas e alumnos entre os seus campus da Coruña e Ferrol. 

De vez

Unha cuestión vital (e II)

Ágora, praza da cidadanía

A profesora Carme Moure traballa no IES Xelmírez I de Compostela (Arxina)
SOCIAL

Carme Moure: "Como docentes, o noso primeiro obxectivo é o benestar emocional do noso alumnado"

O IES Xelmírez I de Compostela iniciou no curso 2018-19 unha experiencia, dentro do programa Erasmus, na que se traballaron as Tecnoloxías das relacións, información e comunicación (Tric) relacionadas co ciberacoso. Carme Moure, a súa coordinadora inicial, explica a Nós Diario un proxecto que implica directamente o propio alumnado para lograr que sexa consciente dos aspectos positivos que teñen as redes sociais coa fin de potenciar o seu bo uso.
O alumnado do IES Arcebispo Xelmírez I, en Compostela, accedendo ás aulas (Foto: Arxina).
LINGUA

Un de cada tres alumnos castelanfalante remata a ESO con “escasa competencia” en galego

O alumnado galegofalante domina galego e castelán, mentres que máis dun 35% do castelanfalante ten unha escasa competencia en galego. Esta é unha das conclusións do proxecto de avaliación da competencia bilingüe do alumnado de 4º da ESO realizado polo Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega e que se presentou hoxe na Deputación de Pontevedra.
Ensino
SOCIAL

Un de cada catro profesores funcionarios de carreira xubilarase nestes anos

Un estudo feito pola CIG-Ensino debulla as perspectivas de xubilación do persoal docente. O sindicato considera “necesario” un cambio na normativa estatal para a consolidación do profesorado interino.

Captura do test que propón a Consellaría de Educación. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

A Xunta exclúe o colectivo das titoras legais dun cuestionario sobre educación

Denuncian a fórmula empregada pola Consellaría que dirixe Román Rodríguez, pois entenden que non se adapta á realidade social que existe actualmente na Galiza.
Suso Bermello, secretario nacional de CIF.Ensino (Foto: Arxina)
Proxecto do Cesuga

A CIG denuncia que “a entrega da Xunta ao capital privado abre a carreira para privatizar os estudos universitarios”

A CIG, sindicato maioritario no sector, foi o primeiro en reaccionar á información de Nós Diario en relación ao proxecto de universidade privada que o Centro de Estudos Superiores da Galiza (Cesuga) presentou ante a Xunta. A central nacionalista oponse a unha iniciativa que competiría coa universidade pública galega.

Instalacións do centro de estudos (Imaxe: Cesuga).
Quere optar ás axudas da UE

Cesuga presenta o segundo proxecto de universidade privada da Galiza

Cesuga vén de rexistrar ante a Xunta da Galiza o expediente para que se lle recoñeza como “International University”. Trátase do segundo proxecto de universidade privada, após o desenvolvido por Abanca e candidátase para optar aos fondos de axuda da UE Next Generation.

Imaxe de arquivo dunha aula con medidas anticovid. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Continuan a aumentar os contaxios no ensino: 425 casos activos e 12 aulas pechadas

Son 3 aulas máis fechadas nunha xornada
Baamonde colexio foto SLG
SOCIAL

Non mingua a loita polo colexio de Baamonde

Unha nova concentración en Lugo esta terza feira protestou polo fechamento deste centro de Begonte.

O alumnado do IES Arcebispo Xelmírez I, en Compostela, accedendo ás aulas (Foto: Arxina).
SOCIAL

Aumentan a 407 os casos activos nos centros educativos galegos xa son 9 as aulas pechadas

LINGUA

O galego no ensino, unha lingua secuestrada

A porcentaxe de menores de 15 anos que falan galego diminúe co paso dos anos e o profesorado advírteo nas aulas. As xeracións mais novas gozan de menos solturas coa lingua propia, nun contexto lexislativo marcado polas limitacións do ensino en galego e o incumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minorizadas.
fotonoticia_20210405152612_1920
Videoxogos e 'big data' son algúns dos temas

FP contará con 16 novos mestrados para o vindeiro curso académico

O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, e o presidente da Confederación de Empresariado, Juan Vieites, reúnense para botar a andar 16 novos mestrados de Formación Profesional.
Estudantes nunha aula da Universidade de Santiago. (Foto: USC)
SOCIAL

A lei para crear a universidade privada na Galiza chega ao Parlamento

O BNG exixe a retirada do proxecto de lei para a creación da Universidade Intercontinental da Empresa, que está impulsada por Abanca, e que pretender ser a primeira universidade privada na Galiza. O deputado Manuel Lourenzo advirte que o PP pon a universidade galega ao servizo dos “grandes fondos voitre” con este proxecto lexislativo

Iluminación da fachada da Casa do Concello de Tomiño
SOCIAL

Tomiño súmase á conmemoración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

A fachada consistorial iluminouse de azul para solidarizarse coas persoas que padecen este trastorno e coas súas familias

SOCIAL

Flexibilidade, chave da inserción laboral das persoas con autismo

Galiza conmemora esta sexta feira, 2 de abril, o día mundial de concienciación sobre o autismo, un trastorno co que conviven uns 27.000 galegos e galegas. O lema deste ano, 'Podo aprender. Podo traballar', pon o foco na educación e o emprego, dous ámbitos esenciais para mellorar a calidade de vida das persoas con TEA.