ensino

SOCIAL

O repagamento nos comedores escolares, "máis un ataque ao dereito á educación"

Educación enmascara como "redistributiva" e "progresiva" a decisión de ampliar o repagamento nos comedores escolares a milleiros de familias. Desde CIG lémbrase que o alumnado que ten dereito a comedor gratuíto é o que utiliza o transporte público e vive lonxe do centro escolar, "un xeito de garantir o seu dereito á educación"
Clase de reilixión
SOCIAL

Educación emprega docentes de relixión para impartir outras materias

Máis dun milleiro de docentes quedaron sen emprego na primeira lexislatura de Feijóo, namentres a partida orzamentaria destinada ao ensino da relixión abultou máis aínda en 2013 até se igualar a aqueloutra destinada a comedores escolares
Presidentes das tres asociacións
CULTURA

O mundo das literaturas galega, éuscara e catalá rebélase contra a españolización do ensino

As Asociacións de Escritores e Escritoras en linguas galega, éuscara e catalá opóñense á aplicación da LOMCE por supor unha “falta de respecto ás linguas e culturas nacionais” do Estado español. Mediante unha nota de imprensa conxunta a través da Federación Galeusca, as tres asociacións reivindican o espazo para as linguas nacionais no ensino.

 
SOCIAL

Educación destina 200 mil euros máis á privada para necesidades que na pública non cobre

A partida orzamentaria é unha extra que complementa os 240 millóns que lles adxudicou a estes colexios nas contas de 2013. CIG-Ensino denuncia "un caso claro de discriminación en favor do ensino concertado"
LINGUA

A consellaría de Educación muda ao castelán a configuración do correo-e dos centros de ensino

CIG-Ensino exixe ao PP que remate canto antes "con esta política de exterminio" e modifique outra vez o aplicativo para que o idioma por defecto sexa o galego
SOCIAL

O ensino móvese contra a Lei de Orzamentos do PP, que recorta un 6,5% nas universidades

Un peche na facultade de Filoloxía da USC e un paro esta terza feira, día 26, entre as 13 e as 17h con varias concentracións convocadas complementan a mobilización que arrincará ás 10h diante do Parlamento, cadrando coa aprobación da norma
Rosalía de Castro no cartel do acto de Pontevedra
CULTURA

Rosalía vibra durante tres días en centros de ensino, asociacións e concellos

Máis de cen centros de ensino responderon á chamada da AELG e están a organizar hoxe sexta feira recitais poéticos arredor da obra de Rosalía de Castro. Asociacións e concellos súmanse mañá á festa Rosaliana que rematará o domingo, aniversario do seu nacemento, no Panteón de Galegos Ilustres nos actos organizados pola Asociación de Escritores.
SOCIAL

Máis de 10.000 sinaturas de docentes contra a Lomce

A CIG sinala que estes milleiros de sinaturas amosan que o profesorado rexeita unha lei “mercantilista e reaccionaria, recentralizadora e españolizadora, elitista e clasista, agresiva co profesorado, antidemocrática, reforzadora da confesionalidade e contraria ao ensino laico”

Orzamentos 2013: O dereito á educación en perigo

O Partido Popular, o día 26 de febreiro, pretende aprobar uns orzamentos para o exercicio do ano 2013 que continúan a reforzar a súa liña restritiva e destrutiva do ensino público dos últimos anos, que dificultan o funcionamento dos centros educativos e condenan unha parte importante do alumnado a unha educación descompensadora e deficitaria, carente da máis mínima equidade e calidade.

Congreso Manuel Luís Acuña: defensa do ensino público de calidade

“Do que na terra suceda,/lávome as maus”. Poderían ser estas palabras proferidas, prosaicamente, por moitos dos representantes políticos da dereita reaccionaria que na actualidade está instalada no poder. Unha omnimoda autoridade a súa, revestida de impunidade, ética, política, mediática e mesmo xudicial.
Galiza

O ERE na Xunta esténdese xa a Educación

A CIG denuncia que a Consellaría de Educación pretende amortizar 48 prazas de subaltern@s e auxiliares de centros de ensino que están cubertas por persoal interino. Unha política na liña do 'ERE encuberto' iniciado na Consellería de Traballo coa amortización de 251 postos
Presentación Revista Galega de Educación
Galiza

A Revista Galega de Educación aposta por construir afectos desde a escola

Revisar estereotipos de xénero, analizar a trasmisión de afectos a través do cine, das cancións de amor, a literatura infantil ou a publicidade ou ofrecer novas experiencias son algúns dos contidos do número 54 da Revista Galega de Ensino que publica Nova Escola Galega e se ven de presentar en Vigo
SOCIAL

6-F: greve contra a mercantilización e españolización do ensino público

Esta cuarta feira a comunidade educativa (alumnado, profesorado e familias) mobilízase contra a Lei Wert e as súas consecuencias: privatización e españolización do ensino
Mobilizacións na defensa do ensino público
Galiza

Protestas en vilas e cidades galegas na defensa do ensino público

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público realizou varias concentracións en contra da aprobación da nova Lei de Mellora da Calidade Executiva (LOMCE). Vídeo da concentración de Compostela no interior.
Galiza

Mobilizacións esta quinta feira na defensa do ensino público

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca na tarde desta quinta feira mobilizacións en diferentes cidades e vilas contra da aprobación da nova Lei de Mellora da Calidade Executiva (LOMCE)
INTERNACIONAL

Manifestaçao maciça em Lisboa contra os cortes no ensino público

Cerca de 30 mil professor@s manifestarom-se em defesa da Escola Pública e contra a política implementada pelo governo, seguindo as exigências da troika
plataforma galega en defensa do ensino público
SOCIAL

Educación incrementa nun 25% as prazas de inspección após destruír 3.000 de docentes

O departamento que dirixe Jesús Vázquez presentou a convocatoria de prazas docentes no Parlamento hai dez días, sen negociar coas e cos representantes dos traballadores. Agora dalles a coñecer as mesmas cifras: alardea de crear 200 empregos após destruír por volta de 3.000
SOCIAL

A Plataforma en defensa do ensino público convoca concentracións contra a LOMCE

Anunciaron a súa adhesión á folga convocada polos Comites Abertos e a Liga Estudantil galega para o 6 de febreiro.
SOCIAL

A Xunta presume de "apostar polo emprego público" convocando 200 prazas docentes após destruír 3.000

CIG-Ensino considera que a oferta lanzada é "raquítica", e arremete contra o conselleiro Jesús Vázquez por facer o anuncio no Parlamento, á marxe das mesas de negociación e sen sentar coas e cos representantes d@s traballador@s
ensino
Galiza

O estudantado plántalle cara a Wert cunha folga no ensino o 6 de febreiro

Os Comités e a Liga Estudantil Galega veñen de acordar un calendario de mobilizacións conxuntas para plantarlle cara á LOMCE (Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa).