estudantado

María Jesús, Marina, Sara e Christian, estudantes de galego nos Cursos de Verán diante da redacción de Sermos Galiza
LINGUA

A lingua galega vista por catro estudantes estranxeir@s dos cursos de verán

Este ano desenvólvese en Compostela a XXV edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeir@s, con participantes de 24 países. Unha pequena representación visitou a nosa redacción, onde falamos de lingua e cultura galegas.
SOCIAL

O estudantado galego reméxese contra a suba das taxas

Comités, Liga Estudantil e Agir consideran que a medida, contemplada no decreto 14/2012 do Goberno español e que vén de ser aprobada no Consello de Universidades, é "inaceptábel", "drástica" e "un brutal ataque ao ensino público". Os tres reitores cadran tamén ao tildar a suba de ''recadatoria''

Peche na Facultade de Historia
SOCIAL

O estudantado galego contra a devolución das bolsas de estudos

O Ministerio de Educación presentou un novo decreto que permite pedir a devolución dunha bolsa de estudo se @ estudante non aproba un mínimo do 50 por cento das materias matriculadas. Sindicatos galegos de estudantes consideran a medida "abusiva" e "elitista".
SOCIAL

A consellaría de Educación tamén 'carga' contra @s estudantes

Culpa as 50 persoas que se fecharon na biblioteca de Ourense dos ''estragos'' e advirte de que ''non permitirá que queden impunes''. Na rúa, centos de voces responden á actuación policial: 'Rebelión, desobediencia, contra a súa violencia'
SOCIAL

A policía española disolve pola forza o peche estudantil de Ourense

Un bo número de antidisturbios obrigaron a abandonar as instalacións do edifico público a todas as persoas alí presentes, moitas delas menores de idade. Houbo ferid@s e danos materiais. Nesta cuarta, tres concentracións en Lugo, Compostela e na cidade das Burgas rexeitarán unha intervención policial "represora e violenta"
UNIVERSIDADE

As organizacións estudantís nacionalistas logran 38 d@s 75 representantes no Claustro da USC

A Liga Estudantil acada 20 representantes no cómputo total. Os Comités conseguiron 17 claustrais e a organización independentista Agir sumou votos suficientes para ter un representante neste organismo da universidade compostelá