galego

POLÍTICA

Nós demanda unha banca pública galega e En Marea reúne 30 listas de confluencia nun encontro municipalista

As formacións que concorren ás eleccións do 20D continuaron esta segunda feira cunha intensa axenda de campaña electoral.

ECONOMÍA

Os ricos galegos, mil millóns de euros máis ricos en só 12 meses

A súa fortuna aumentou mil millóns de euros en só un ano. Unha media de 4,2 millóns de euros por cada un destes contribuíntes, unha das 'ratios' máis altas do Estado español.

POLÍTICA

O traballo de campo do inquérito do CIS fíxose antes do eleitorado coñecer a marca Nós Candidatura Galega

SOCIAL

Agir reitera a aposta na unidade do estudantado galego na súa IX Asemblea Nacional

A formación estudantil considera, porén, que o proceso aberto para crear “unha nova ferramenta orgánica unitaria” non pode facerse a costa de “eliminar toda mensaxe ideolóxica” na organización.

De esquerda a dereita, Marta González, Pilar Cancela, Carme Adán, Yolanda Díaz e Isabel Cendán
A VINDEIRA SEGUNDA FEIRA, áS 12H, ABERTO AO PúBLICO, NA NAVE DE VIDáN

Sermos Galiza organiza un debate electoral con visión galega e plural

Sermos Galiza convocou as principais candidaturas para un debate electoral no que se analizará o 20D desde unha perspectiva galega e plural, pois participan Nós, Candidatura Galega, En Marea, PSdeG-PSOE, PPdeG e Ciudadanos. Terá lugar esta segunda feira, 7 de decembro, ás 12h, na Nave de Vidán (Compostela) e será aberto ao público.

POLÍTICA

Nun acto con alcaldes e alcaldesas do BNG, Lores di que o de Nós "é o único voto útil"

Convencidos e convencidas de que “só unha candidatura en clave de país é capaz de darlle voz aos problemas específicos” dos concellos galegos, os alcaldes e alcaldesas do BNG fixeron unha declaración pública explícita de apoio a Nós Candidatura Galega.

Xosé Chao, Xosé Alvilares e Xosé Neira. Tres grandes galegos que se nos foron

Xusto ao ano do pasamento do gran mestre e amigo Francisco Carballo

Feijóo e o paradoxo galego

Despois de seis anos e oito meses (oitenta meses!) de goberno Feijóo

Eleccións xerais

Cerna pedirá o voto para Nós, Candidatura Galega e para En Marea

Cerna pídelle aos galegos e galegas que participen de maneira activa nas eleccións xerais e que voten polas dúas candidaturas que resultaron da “falida unidade”, en alusión a Nós, Candidatura Galega e a En Marea.

“PARA DIVERS@S NóS” É VIRAL

Creatividade e identidade propia, marcas dos vídeos de Nós, Candidatura Galega

Quen non viu a estas alturas o vídeo de Nós, Candidatura Galega  no que se recolle o bico entre Jorquera e Callón para reivindicar as liberdades sexuais e os dereitos de todos e todas? Esta peza forma parte da campaña creativa da coligazón. Descubrimos que hai detrás da idea.

[Imaxe: Xan Carballa] Xosé Chao Rego
APóS A MORTE DE NEIRA VILAS

Un novo golpe á cultura galega: morre Xosé Chao Rego

Un día após o falecemento de Xosé Neira Vilas, temos que informar doutra triste noticia: a morte do teólogo Xosé Chao Rego (Vilalba, 1932), unha das principais figuras no ámbito do ensaio sobre temas antropolóxicos e teolóxicos.

A necesidade de Nós Candidatura Galega

Somos conscientes da necesidade dunha representación galega (100%) nas institucións, tanto europeas como españolas.

Neira Vilas (1)
CULTURA

Xosé Neira Vilas: “Fun un activista da cultura galega”

En outubro Xosé Neira Vilas concedíalle a Sermos Galiza -no número 166 do semanario- a que é probablemente a súa última entrevista impresa. Recuperamos esta peza na que o escritor repasa toda unha vida dedicada á lingua e á cultura galega.

A Mesa pola Normalización Lingüística
LINGUA

O 40% dos centros de Infantil non usan o galego

A Mesa publica un estudo sobre a presenza da lingua galega no ensino para crianzas de 3-6 anos. Perante os dados aseguran que a responsabilidade da "extranxeirización" do idioma propio é do "decreto contra o galego de Feijóo".

LGx15
IDEAS PARA O FUTURO DA LINGUA, DA CTNL

Imaxe, música, poesía, humor e reflexión para prestixiar o galego

Carme Adán, xunto con mulleres de Nós, Candidatura Galega
CARME ADÁN PIDE MÁIS MEDIOS CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Nós, Candidatura Galega levará ao Congreso o Estatuto de Vítima de Feminicidio

Carme Adán acudiu na mañá da terza feira ás inmediacións dos Xulgados de Vigo para reclamar “máis medios” contra a violencia de xénero.

DSC_0668
POLÍTICA

O acto de Nós, Candidatura Galega, en imaxes

Arqueoloxía
UN TERZO DOS BENS DE INTERESE, ENTRE A DESPROTECCIóN E O ABANDONO

A oposición pide consenso á Xunta na tramitación da lei de patrimonio cultural

Comeza o trámite parlamentar a Lei do patrimonio cultural de Galiza após a súa aprobación polo goberno. A nova norma quer actualizar a vixente desde 1995.

Gala-do-Libro-Galego
CULTURA

Escritores, editores e librarías únense para crear premios conxuntos do libro galego

Acordo histórico no sector do libro: a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editores (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia veñen de convocar a Gala do Libro Galego 2016, onde conflúen todos premios até o momento convocados por separado. 

CTNL
LINGUA

A CTNL propón un formato TED para buscar ideas para o galego

Búscanse ideas para a lingua. E o 25 de novembro a CTNL propón un encontro para atopalas, LGx15. Que sexa rápido, áxil e divertido.