galego

CASE 3 MIL PERSOAS, INSCRITAS XA NAS PRIMARIAS

Nós-Candidatura Galega, o nome da lista que impulsa IpU para as xerais

A coordinadora de Iniciativa pola Unión acordou que esta sexa a marca electoral que promova para os comicios do 20 de decembro.

Cada persoa conta para construírmos a candidatura galega

Paréceme moi ben deseñado o proceso de primarias abertísimas da Iniciativa pola Unión.

LINGUA

Xustiza rexeita a denuncia polo asasinato machista de Ourense por estar en galego

O Ministerio insta a Marcha Mundial das Mulleres a redixir o escrito en castelán.

DENUNCIA DA CIG

"A autorización dos centros plurilingües faise en detrimento do ensino en galego"

O 18% dos centros plurilingües que se autorizan para este curso, todos eles privados agás un público, escollen como materia para impartir en lingua estranxeira unha materia de obrigada impartición en galego.

ELECCIóNS XERAIS

As listas municipalistas esixen responsabilidade para concretar unha candidatura galega

“Responsabilidade, xenerosidade e un último esforzo”. É o que lle piden representantes das candidaturas municipalistas ao Encontro cidadán por unha Marea Galega e a Iniciativa pola Unión, así como ás formacións políticas, para concretar unha candidatura galega de cara ás eleccións xerais.

LINGUA

Ciudadanos pide que o galego deixe de ser a lingua oficial do Concello de Ferrol

Unha moción do partido de Albert Rivera procura derrogar varios artigos da ordenanza de normalización lingüística de 1997, denuncia o BNG, coa desculpa da “imposición do galego”.

Belen tajes
Só en papel

Dar a cara polo galego

Cada vez é maior o número de persoas que, conscientes da exclusión do idioma, tiran de valentía e fan públicos casos de discriminación lingüísticas

SOCIAL

Mulleres con “boa presenza”: requisito para dar a coñecer a cociña galega en Londres

A deputada nacionalista Carme Adán pide explicacións ao Goberno sobre o que cualifica “trato discriminatorio” do IGAPE no evento 'Galician  Gourmet Extravaganza' que esixe “boa presenza” ás azafatas interpretes entre as empresas galegas e os profesionais ingleses.

Só ESTá DISPOSTA A "TRATAR" A INTEGRACIóN DE IPU NO MARCO FIXADO A SEXTA FEIRA

Encontro pola Marea Galega nega que se abra un "novo proceso" cara á unidade

Nas últimas horas houbo un certo ruxe ruxe de que IpU e Marea poderían reconstituír o foro político falido a pasada sexta feira baixo novas premisas. Un comunicado da Marea Galega vén arrefecer as expectativas: "Non existe ningunha convocatoria que supoña a abertura dun novo proceso". O clamor do mundo da cultura parece que será desouvido.

[Imaxe: BNG] Teresa Táboas, nun Pleno, cando era conselleira de Vivenda
ENTREVISTA A TERESA TáBOAS

“Precísase unha forza galega propia en Madrid e cando digo propia é propia”

A ex conselleira de Vivenda e ex deputada do BNG reaparece na escena mediática e faino falando das eleccións xerais. Considera que se precisa “unha forza galega propia” e un grupo parlamentar propio no Congreso “polo que se vai debater” e salienta que o BNG é a única forza nacionalista galega.

Jorquera
POLÍTICA

Jorquera di que haberá unha lista de unidade galega non dependente de forzas estatais

“Estou total e absolutamente convencido de que vai haber unha candidatura galega de unidade con todos aqueles que queiran participar nunha candidatura galega de unidade”. É a opinión do portavoz parlamentar do BNG, Francisco Jorquera, en relación ao debate sobre candidaturas ás eleccións xerais.

EN RESPOSTA A UNHA INICIATIVA DO BNG

Madrid culpa as Xuntas Electorais galegas da exclusión do galego nas credenciais

O Ministerio do Interior bota balóns fóra e contéstalle ao BNG que a exclusión da lingua galega nas credenciais das actas de edís é responsabilidade das Xuntas Electorais cando as ferramentas informáticas de Interior só permitían empregar o castelán.

Os conservatorios galegos a xuízo

Fagamos un gran exercicio mental e imaxinemos que acabamos de rematar a carreira de cardioloxía

GALINA BOTNAR, MúSICA MOLDAVA

“Como poden poñerme un tapón na boca para que non cante en galego?”

Galina Botnar (1976, Dubasari, Moldavia) é profesora de acordeón na Escola Municipal de Música da Coruña e é a encargada dos arranxos musicais de Pirilampo. Nesta entrevista, como emigrante que fala galego, dá a súa opinión sobre o caso de Jungle World, centro infantil que impide ás profesoras usar o galego no centro.

CULTURA

A cultura galega a debate nun congreso en Texas

A cultura galega terá un oco no congreso da Modern Language Association que se celebrará en Austin (Texas, EEUU) do 7 ao 10 de xaneiro do ano que vén. 

SOCIAL

A Rede europea contra a pobreza lembra que 151.000 galegos viven en “privación material severa”

É o 5,5% da poboación do país, afirma a EAPN no seu informe 'O Estado da pobreza 2009-2015', a porcentaxe máis alta desde o inicio da crise.

LINGUA

Jungle World apela á súa condición privada para xustificar a exclusión do galego

Através dun comunicado difundido na rede social Facebook sinala que é "absolutamente falso" que poida calificarse como "racismo lingüístico" a súa actuación e acusa a CIG de "persecución sindical".

Belem Tajes
BELéN TAJES, VÍTIMA DE DISCRIMINACIóN LINGüíSTICA

"Non temo ser despedida porque estou orgullosa de denunciar o meu caso"

Belén Tajes é a profesora de música á que o centro infantil coruñés de ensino non regrado Jungle World lle impide empregar o galego na actividades coas crianzas. Nesta conversa explícanos como se sente despois de dar o paso de denunciar publicamente o seu caso xunto á Mesa pola Normalización Lingüística e á CIG-Ensino.

A MESA E A CIG DENUNCIAN A VULNERACIóN LINGüíSTICA

Un centro infantil da Coruña impídelles ás profesoras empregar o galego

Jungle World, centro infantil situado no centro da Coruña, vén de remitirlles ás traballadoras unha carta na que expresamente se lles impide o uso do galego nas actividades que desenvolven. 

alicia-expo
CULTURA

O galego, presente no 150 aniversario de 'Alicia no país das marabillas'

Este ano cúmprense 150 anos da publicación dun dos libros máis citados da historia: 'Alicia no país das marabillas', e o galego forma parte dun libro-homenaxe e dunha exposición en Nova York sobre as traducións a outras linguas.