galego

Implícate
CULTURA

Este domingo volve o Implícate, o maior festival solidario da cultura galega

Este domingo realízase Implícate, un evento solidario xa consolidado na axenda que cada ano nos trae o mellor da cultura galega. Desta vez, música con Caxade, Os da Ría e María Manuela; teatro da man de A Panadaría e Pedro Brandariz, danza con Ánxela Blanco e poesía da man de Elías Portela, Susana Sánchez Aríns, Román Raña e Olga Novo. 

SOCIAL

Centros sociais de 7 localidades galegas acollen actos solidarios coa 'X Marcha às cadeias'

Música, teatro, convivio, xogos... son algunhas das actividades que programan estes días para recabar apoios contra a dispersión dos presos independentistas.

valleinclan
CULTURA

Valle-Inclán non poderá representarse en galego até 2017

O pasado 5 de xaneiro fixéronse 80 anos do pasamento de Ramón Valle-Inclán, pero a súa obra non se libera, segundo a lei, até o 1 de xaneiro do ano seguinte. Cóntanolo o actor, director e dramaturgo Cándido Pazo, quen afirmou que este será o ano da “desamortización valleinclanesca”, aludindo á prohibición dos seus descendentes de representalo en galego, euskara e catalán. 

bandeira la vuelta
SOCIAL

As identificacións policiais por levar bandeiras galegas na 'Vuelta' chegan ao Defensor del Pueblo

O colectivo entende que se dá unha “vulneración grave dos dereitos fundamentais”.

Xente camiñando_Youtube
Galiza

Unha viaxe polo significado de 'galego' a través de dicionarios europeos

Podemos ser polacos ou ucraínos ao tempo que dar nome a un vento ou ser sinónimos de persoa loira. Polo camiño, bautizamos unha lagartixa e varias froitas, e somos equivalentes a un mozo de corda.

SOCIAL

Queremos Galego recorre a sanción que lle impuxo a Delegación do Goberno en 2013

A plataforma comparece esta terza feira (5 de xaneiro) en sede xudicial.

CULTURA

Os 10 acontecementos do ano na cultura galega

Nós escollemos estes, pero houbo moitos máis. Vós podedes facer as vosas propias achegas nos comentarios.

osdabaixo
CULTURA

Compostela despide o ano con festa en galego

A capital do país reta á meteoroloxía cunha festa de Ano Vello ao ar libre. Unha Verbena Galega con Os d'Abaixo, O Sonoro Maxín e o picadiscos Bigote Mix. 

Xente camiñando_Youtube
SOCIAL

Seis de cada dez familias galegas chegan con dificultade a fin de mes

Máis de 476.000 fogares recoñecen que acaban o mes “con dificultades” e case 138.000 con “moita dificultade”. Nun de cada tres fogares de Galiza os seus ingresos proceden só de prestacións.

ECONOMÍA

A fenda na riqueza por habitante alárgase entre as comarcas galegas

Comarcas como Eume teñen un PIB per cápita superior mesmo á media da Unión Europea. Mais son excepcións. A maioría das bisbarras (42 de 53) non acadan nin a media galega. 

Sons Miudos 3
CULTURA

Sons Miúdos, o maior espectáculo infantil en galego, en Vigo

Será o sábado 2 de xaneiro no Auditorio Mar de Vigo e incluirá a Mamá Cabra, María Fumaça, A Nena e o Grilo, Paco Nogueiras, Pablo Díaz e Xoán Curiel. 

balonman
POR 30-24

A selección galega de balonmán gaña diante de Marrocos

No partido disputado na tarde do sábado, 26 de decembro, no Rosal, a selección galega de balonmán impúxose á selección marroquí por 30-24. Galiza amosou a súa superioridade no segundo tempo.

AUTOGRAFO 1932
Publicados pola editorial Nós

80 anos dos “Seis poemas galegos” de Lorca

O 27 de decembro de 1935 a Editorial Nós, de Ánxel Casal, publicaba en Compostela os Seis poemas galegos de Federico García Lorca, unha colección en galego que o poeta escribiu como homenaxe a Galiza.

marivi (2)
REUNIóN DA COORDINADORA NACIONAL

Anova propón como obxectivo acadar a maioría no Parlamento galego

A Coordinadora Nacional de Anova, reunida este sábado, 26 de decembro, en Teo, avogou en “seguir avanzando” no seo de En Marea co fin de acadar a maioría no Parlamento galego o ano que entra. Beiras ve posíbel agora unha confluencia co BNG.

AF
A FONDO

Neira Vilas, para sempre na memoria do pobo galego

Este A Fondo, coordinado pola escritora Marga do Val, pretende ser unha homenaxe ao poeta de Gres que levou sempre Galiza prendida na súa fala. Entre as máis de 15 persoas que escriben para o caderno destaca a presenza de alumnos e alumnas de centros de ensino galegos. Xa está dispoñíbel na nosa loxa.

 

A sociedade galega como problema?

A política na Galiza, inscrita nas directrices dos intermediarios de Madrid, perpetúa un lastre que aclara a dependencia da maioría da sociedade galega aos mandatos omnímodos do centralismo

Tempo de reflexión para o nacionalismo galego

O 20D abre un período necesario de reflexión no Bloque Nacionalista Galego.

selección
DEPORTES

A selección galega oficial volverá xogar en 2016

A Federación Galega de Fútbol comezou as xestións para que se produza un encontro, segundo avanzou a TVG. 

Os erros de Nós Candidatura Galega

Dando por acertado o caminho de intentar sobrevivir em solitário

xuri-premioscultura
CULTURA

A CGENDL rexeita o Premio da Cultura por chegar dun goberno que lexislou contra o galego

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística non acudirá hoxe á gala de entrega dos Premios da Cultura Galega por proceder dun Goberno “que foi o primeiro que lexislou para limitar o uso do galego.