galego

Rotativa
LINGUA

Consello de Europa encoraxa a Xunta a promover os medios en galego

Fíxoo no relatorio sobre linguas rexionais ou minoritarias no que dá conta da existencia dunha única publicación imprensa semanal en lingua galega, Sermos Galiza. 

Operarias nunha carpinteiría industrial
ECONOMÍA

A economía galega, a que menos medrará de todo o Estado nos vindeiros dous anos

Un instituto formado por equipos de investigación de 16 universidades do Estado sitúan a economía de Galiza como a pecha-cancelas en crecemento nos exercicios 2016 e 2017.

monedero
POLÍTICA

Monedero cre que a integración de Podemos nunha Marea para as galegas é un tema a discutir

O ideólogo de Podemos sitúase nunha terceira vía entre Breogán Riobóo e Pablo Iglesias a respeito de se a formación morada debe engrosar ou non as filas dunha hipotética Marea para as eleccións galegas.

CIG tarifa electrica
Galiza

Unanimidade no Parlamento para admitir a debate a ILP da CIG sobre unha tarifa eléctrica galega

Todos os grupos votaron a prol da toma en consideración dunha iniciativa lexislativa popular avalada por 18.000 sinaturas e que propón medidas para garantir a enerxía como servizo público e contra a pobreza enerxética. Vídeo no interior

A vindeira Xunta de Galiza e o galego

Hai grandes posibilidades de acabar coa maioría absoluta do Partido Popular nas vindeiras eleccións galegas.

bascuas
ELECCIÓNS GALEGAS

A Dirección de CxG enceta o camiño cara a unha "alianza electoral con vocación galega"

O Consello Político Nacional de Compromiso acordou na mañá do sábado “explorar unha alianza electoral con vocación galega” de cara ás eleccións galegas, sen ningún veto “á incorporación de calquera forza política”.

nexo_3
CULTURA

Seivane, Radio Cos, Xabier Díaz e Barroso, os galegos no Celtic Connections

Así de completa é a representación galega no maior festival de música céltica que se celebra todos os xaneiros en Glasgow. 

CULTURA

O Consello da Cultura ponlle cifras aos baixos consumos culturais galegos

O Observatorio da Cultura Galega, dependente do Consello da Cultura Galega, vén de facer público o documento Ocio e hábitos culturais (I), que pon de manifesto a escasa participación e consumo de cultura na cidadanía galega. Só gañamos en consumo televisivo.

roi-neira4
CULTURA

Roi Casal prepara disco, xira e documental galego-cubano en homenaxe a Neira Vilas

O músico de Catoira prepara para esta primavera un ambicioso proxecto de homenaxe a Neira Vilas e ás relacións galego-cubanas, que consta dun disco, un espectáculo artístico con participación de Pablo Milanés, e un documental.

invento
SOCIAL

Os inventores galegos representan o 5% das solicitudes de rexistro de patentes no Estado

Presentáronse na na Oficina Española de Patentes y Marcas (OEPM) 146 peticións de galeg@s para rexistrar patentes.

Albert Rivera, municipais 2015
POLÍTICA

Ciudadanos, en contra do uso do galego no Congreso

Rexeita que as "linguas cooficiais" sexan empregadas nas sesións. "Non é a nosa intención pedir pinganillos para todos os deputados", dixo Albert Rivera. 

Maurício-Castro-opiniom
MAURÍCIO CASTRO

“Galiza ten que estar no mundo lusófono, pero coa súa propia variante”

Este sábado presentouse na igrexa de San Domingos de Bonaval en Compostela a Associaçom de Estudos Galegos, unha nova entidade cultural, que define como obxectivo fundamental “establecer e regular, a través do seu órgano académico, o padrón lingüístico galego”. Falamos cun dos membros do seu grupo promotor, Maurício Castro, que vén de abandonar a AGAL.

dicionario
VOCÁBULOS QUE LEVAN GALIZA POR TODO O PLANETA

Palabras galegas medran alén mar

É coñecido o caso de palabras procedentes das linguas americanas que se introduciron nas linguas europeas. Tabaco ou tomate son hoxe palabras de noso. Mais, palabras galegas que viaxan a América? A seguir un caso: Costa Rica

nicocasal
CULTURA

Nico Casal, autor da banda sonora dunha curta nominada aos Oscar

Nico Casal é o compositor da música de Stutterer, unha curta escrita e dirixida por Benjamin Cleary que vén de ser seleccionada para competir nos Oscar.

En Marea_Congreso
POLÍTICA

Parlamentares de En Marea prometen os seus cargos en galego

"Por imperativo legal" e "baixo os principios do mandar obedecendo", así tomaron posesión no Congreso. 

Tractorada Lugo
TRABALLO

As explotacións leiteiras de Lugo promoven un Grupo lácteo galego

Así o acordaron en asemblea máis de 400 persoas convocadas por Agromuralla. Pularán por unha entidade "propiedade dos gandeiros" que recolla e transforme o leite producido en Galiza.

Galegos, galegas, cuidado com os falsos amigos!

Esta que parece umha advertência sobre as relaçons interpessoais

cercoooooo
ECONOMÍA

Peche en varios concellos galegos na defensa dun reparto xusto para o cerco

O fechamento en Coruña. Porto do Son e Bueu prolongarase, como mínimo, até a quinta feira. Non se descarta mobilizacións en máis concellos.

rafaelquintia
RAFAEL QUINTÍA, GAÑADOR DO VICENTE RISCO DE CIENCIAS SOCIAIS

“A moura é a figura máis importante da mitoloxía galega”

Rafael Quintía vén de gañar o Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais grazas a un “rigoroso ensaio” sobre a moura como herdeira das deidades femininas arcaicas. Nesta entrevista cóntanos máis deste mito galego que xa é moi descoñecido entre as novas xeracións. 

rioboo-crop
CRITICA A "SOBREREPRESENTACIóN" DE FORZAS EN EN MAREA

Podemos abre a porta a concorrer en solitario ás eleccións galegas

O secretario xeral de Podemos na Galiza, Breogán Riobóo, non descarta que a formación política se presente en solitario ás eleccións galegas deste 2016 e relegou que En Marea a un “simple acordo electoral”.