galego

Concello de Lugo_Wikipedia
LINGUA

A xustiza tomba parte da ordenanza sobre o galego aprobada en Lugo

O pronunciamento do TSXG responde a unha denuncia presentada por Galicia Bilingüe. O Concello de Lugo prepara xa un recurso. A Mesa pola Normalización Lingüística anuncia mobilizacións. 

LINGUA

Os concellos galegos comezan aprobar mocións pola derrogación do 'decretazo'

Pontedeume, Compostela, A Coruña, Monforte ou Oleiros son algúns dos municipios cuxos plenos aprobaron nestas semanas a moción impulsada pola MNL co apoio de diferentes axentes políticos e sociais.

Galpón
LINGUA

Galpóns, alpendres e pendellos

Un leitor de Sermos Galiza, a propósito da utilización da palabra galpón nun artigo deste  xornal dixital, fai un comentario sobre a non conveniencia de empregar esta palabra, por proceder do español, e propón usar alpendre.

A FONDO
COORDINA HENRIQUE COSTAS

A Fondo: o galego no Val do Ellas

O A Fondo deste Sermos 184 debrúzase sobre o galego no Val do Ellas, tamén chamado Val de Xálima ou os Tres Lugaris. Nesta zona de Estremadura existen tres concellos onde se falan unhas variedades derivadas da nosa lingua chamadas alí valverdeiro, lagarteiro e mañego.

anxos sobrinho
ANXOS SOBRIñO, NOVA PRESIDENTA DA CTNL

"O traballo do persoal técnico de normalización ten que reverter na sociedade"

Anxos Sobriño (O Rosal, 1971) é a nova presidenta da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua. Substitúe no cargo Nel Vidal, que levaba nove anos á fronte da entidade. Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola USC, traballa no equipo lingüístico da Audiencia de Pontevedra.

aelg
ACTO CONMEMORATIVO DO DíA DE ROSALíA

A AELG reivindica un Panteón de Galegos Ilustres para o pobo

Con motivo do acto conmemorativo da AELG polo Día de Rosalía de Castro, o presidente da entidade, Cesáreo Sánchez, volveu reivindicar un Panteón dos Galegos Ilustres de titularidade pública e de libre acceso, pois a día de hoxe segue a ser propiedade da Igrexa.

lingua parlamento moción
LINGUA

Fronte común para pedir á Xunta que derrogue o 'decretazo' e cumpra a Carta europea das linguas

Unha ducia de organizacións políticas – só se autoexcluiu o PP- escenifican no Parlamento de Galiza o apoio á moción conxunta que se presentará en concellos e diferentes institucións a prol do galego e impulsada pola Mesa.

servizo atención cliente teléfono
ESTUDO DA UNIóN DE CONSUMIDORES DE GALICIA

Só 2 dos 9 principais grupos de distribución que operan en Galiza aproban na atención en galego

Un estudo de Ucgal afirma que o dereito a se comunicar en galego cos operadores dos diferentes grupos de distribución, “un dereito básico das persoas consumidoras e usuarias”, “concúlcase por sistema” no SAC, Servizo de Atención ao Cliente.

semente-trasancos
CULTURA

Segunda edición do Festival Músicas para a Semente con Guadi Galego

Volve o 21 de febreiro a Narón o festival que organiza a Rede de Escolas de Ensino Galego 'A Semente'. 

anavalles1
ANA VALLÉS, DIRECTORA DE MATARILE TEATRO

“Vexo o teatro galego un pouco parado”

Matarile cumpre 30 anos na vangarda do teatro galego e peninsular. E celébrano do 1 ao 5 de marzo representando as súas obras máis recentes no Teatro Principal compostelán. Falamos con Ana Vallés, o 50% dunha compañía-emblema que comparte con Baltasar Patiño. 

yoigo
LINGUA

Yoigo comprométese a incorporar o galego nas súas facturas

A petición da Mesa pola Normalización Lingüística, a compañía telefónica asegura nas redes sociais que tomará nota da suxestión para incorporar o galego nas súas facturas, nas que xa ten incorporados o catalán, o euskera, o castelán e o inglés.

mapa_biblio
CULTURA

Unha viaxe pola emigración galega a través do patrimonio documental

A nova exposición do Arquivo de Galiza da Cidade da Cultura propón unha viaxe pola emigración galega a través do patrimonio documental. Conformada por preto de 50 documentos que se custodian neste arquivo , a mostra 'Emigrantes: terras, xentes, emocións' poderá visitarse até o 4 de marzo.

capa181
Só en papel

#sermos181: Ence, o pesadelo quer perpetuarse

Estreamos deseño neste semanario, o 181. Un número no que debullamos a prórroga a ENCE, a XV asemblea nacional do BNG, falamos do entroido, conversamos con María do Cebreiro e Abe Rábade. Xa á venda na nosa loxa. 

Beiras En Marea
POLÍTICA

Resistencias en Podemos e en sectores das Mareas a que Beiras sexa o candidato ás galegas

A hipótese da candidatura de Beiras ás eleccións galegas condiciona todo o debate en En Marea. Segundo puido saber Sermos Galiza, hai serias resistencias a que o veterano político sexa o número 1 á Xunta en largos sectores de Podemos e as Mareas.

diapaxarinhos
CULTURA

O Casamento dos Paxariños: o Día da Marmota galego ou o Día de San Valentín?

O día 2 de febreiro, véspera do San Brais, di a tradición galega que é o día que casan os paxariños.

pesca mariñeiros
ECONOMÍA

O sector pesqueiro galego sufriu un milleiro de sinistros laborais en 2015, 7 deles mortais

O número de accidentes laborais no mar reduciuse a respeito do exercicio anterior (2014), un ano especialmente duro.

POLÍTICA

O goberno español "veta" a visita institucional de parlamentares galegos á prisión de Teixeiro

A deputada socialista Noela Blanco afirma que o executivo central impede as visitas solicitadas “nun intento de esconder a situación real dos cárceres galegos”.

bitraga
CULTURA

Máis de 1.500 traducións de obras galegas a outras linguas en 40 anos

Bitraga, a Biblioteca da Tradución Galega da Universidade de Vigo, vén de dar a coñecer os datos do total de traducións literarias (de fóra cara a dentro e viceversa) no período 1980-2014: 4603, das que 1540 son traducións a outras linguas de obra galega.

Grupo Parlamentar Galego: falemos claro

Un mes despois das eleccións xerais, xa sabemos a configuración dos distintos grupos no Congreso: non haberá Grupo Parlamentar Galego.

Rotativa
LINGUA

Consello de Europa encoraxa a Xunta a promover os medios en galego

Fíxoo no relatorio sobre linguas rexionais ou minoritarias no que dá conta da existencia dunha única publicación imprensa semanal en lingua galega, Sermos Galiza.