guerrilla

GAYOSO3-1
MEMORIA E HISTORIA

O apoio dos servizos secretos franceses á loita das guerrillas antifascistas galegas

As relacións dos servizos secretos aliados co nacionalismo galego no contexto da II Guerra Mundial móvense máis no campo das suposicións que das certezas. A confirmación dun operativo da intelixencia francesa en apoio á guerrilla galega bota luz sobre esta realidade.

José Pedreira de la Iglesia (‘Tomás Padilla’).
star
Caderno 'Coñecer'

Reviravoltas da historia: as dúas mortes de Xan de Xenaro e José Pedreira

Novamente en dúbida a verdade impresa na documentación oficial.
Ferradelo 2
MEMORIA E HISTORIA

80 aniversario da fundación da Federación de Guerrillas de Galiza e León

Fai 80 anos, falamos de 24 de abril de 1942 constituíase no Ferradelo, núcleo de Priaranza do Bierzo, a Federación de Guerrillas de Galiza e León, como resultado da agrupación de diversos grupos guerrilleiros que operaban  na área galego portuguesa.

Xosé Ramón Ermida e Dionisio Pereira, esta cuarta feira, no Liceo de Ourense. (Foto: Nós Diario)
MEMORIA E HISTORIA

Analizan a loita da guerrilla antifranquista en Ourense: "Na Galiza comeza en 1936 e segue até os anos 50"

Os historiadores Dionisio Pereira e Xosé Ramón Ermida presentaron nunha palestra organizada pola asociación Amigos da República Ourense o coleccionábel de Nós Diario sobre a guerrilla. No acto realizaron un achegamento á loita que levaron a cabo contra o franquismo.    
Benigno Morillo Vidal (Foto: Arquivo da familia Morillo Martínez).
star
MEMORIA E HISTORIA

Tumbas sen nome en San Pedro de Froián

Unha achega ao asasinato de José Casas, Manuel Rodríguez, Benigno Morillo Domingo Martínez, Manuel Pérez Pérez e Emilio Rodríguez.
José Couceiro (Foto: Arquivo Lupe Martínez).
star
MEMORIA E HISTORIA

A guerrilla golpea en Soutelo de Montes

73 anos da execución de José Couceiro e María Constenla.
Foto carceraria de Albertina Tiago, unha das mulleres detidas após a batalla de Cambedo. (Foto: Edicións Positivas)
Un batalla que marcou a historia da guerrilla galega na Raia Seca

A memoria rebelde do Cambedo ao descuberto

A batalla do Cambedo é un dos fitos de referencia da loita guerrilleira nas terras arraianas. Un suceso que marcou o devir da resistencia contra o franquismo fai agora 75 anos e que segue a buscar o lugar que se merece na historia da loita democrática e da irmandade entre a Galiza e Portugal.
casaio cidade da selva guerrilla
As guerrillas galegas ao descuberto

Arqueoloxía no mundo rural: A loita guerrilleira no noroeste peninsular

A inicios dos anos 40, Alfredo Real era un rapaz de Soutadoiro, no actual concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense), que percorría diariamente os montes coas ovellas da súa familia. Normalmente non adoitaba atopar moita xente polos montes, mais unha mañá cruzouse con dúas mulleres con fusís na ombreira. Eran Chelo e Antonia, de Soulecín, dúas labregas que tiveron que fuxir aos montes de Casaio e que vivían nun lugar que elas coñecían como a "Cidade da Selva". As mulleres convidaron a Alfredo a almorzar nun dos campamentos da guerrilla e o Alfredo pensou que sería boa forma de matar a fame cotiá deses tempos tan duros. No campamento, sito no val da Bruña, atopou un grupo de cerca de 20 persoas e, ben lembrou Alfredo cando o entrevistamos, varios xamóns colgados dunha das chozas que compoñían o campamento. Desde entón, Alfredo axudou a guerrilla levando paus a cambio dun diñeiro que para el e para a súa familia supoñían unha salvación.
Carlos Tejerizo. (Foto:Nós Diario).
As guerrillas galegas ao descuberto

Carlos Tejerizo: “A vida nos campamentos da Cidade da Selva era relativamente cómoda”

Carlos Tejerizo García (Arrecife, Canarias,1977) e licenciado en Historia pola Universidade en Salamanca e un dos impulsores do proxecto Sputnik Labrego. A sexta feira ponlle remate o coleccionábel As guerrillas galegas ao descuberto promovido por Nós Diario

Ficha elaborado pola Garda Civil sobre os guerrilleiros do grupo do 'Piloto'. (Arquivo Ramón Ermida)
A memoria democrática bate contra o muro da Transición

A guerrilla contra o franquismo e a guerrilla contra a memoria deturpada

O coleccionábel de Nós Diario "As guerrillas galegas ao descuberto" permite un coñecemento histórico actualizado do fenómeno guerrilleiro. Mais queda unha pregunta por contestar: por que a resistencia ao franquismo non goza do mesmo recoñecemento que outros movementos antifascistas europeos?
 guerrilla
star
As guerrillas galegas ao descuberto

A heroicidade do día a día: Os enlaces na guerrilla antifranquista en Galicia

“Foucellas”, “Celia da Ferraría”, “O Piloto”, “Langullo”, “Marrofer”, “Curuxás”, “Chelo” ou “Gafas” estarán entre os alias que a calquera se lle veñen á cabeza se se pensa na guerrilla antifranquista en Galiza. Hai moitos máis e os seus alcumes e nomes propios viñeron pasando polas páxinas de Nós con motivo do coleccionábel do que este escrito forma parte. Son un reducido continxente de homes, e unha nómina aínda máis breve de mulleres, que decidiron iniciar e manter no tempo unha loita armada contra os golpistas cando estes xa tiñan gañado a guerra. En expresión de Julio Aróstegui, a guerrilla foi a “última fronte” da loita armada e a súa acción supuxo a única ameaza real á construción da ditadura durante a posguerra. 
Ana Cabana
As guerrillas galegas ao descuberto

Ana Cabana: “Os custes de ter exercido como enlace foron altísimos”

Ana Cabana (Castro de Rei, 1976) é profesora da Universidade de Compostela e unha das autoras que desde o ámbito académico se ten achegado ao estudo da guerrilla. Membro do grupo de investigación Histagra, nesta conversa achégase a algúns dos aspectos da guerrilla de chan que desenvolve esta quinta feira en Nós Diario.

Xosé Ramón Hermida, historiador
As guerrillas galegas ao descuberto

Ramón Ermida: “O Gardarríos” é o home mito da guerrilla mariñá”

Xosé Ramón Ermida Meilán (Foz,1973) é autor de diversas investigacións sobre a represión franquista, a historia do nacionalismo e os movementos sociais e políticos na Galiza contemporánea. Nesta cuarta feira, achégase en Nós Diario á figura de Luís Trigo Chao “O Gardarríos”.

Manuel Conde. (Foto: Nós Diario)
As guerrillas galegas ao descuberto

Manuel Conde: “A historia de Sorga nun país normalizado estaría no cinema”

Manuel Conde Gómez (Vilar de Barrio, 1960) é funcionario da Seguridade Social e ocupa actualmente a alcaldía de Vilar de Barrio. Persoa dunha longa traxectoria política, leva moitos anos comprometido coa recuperación da memoria democrática galega. Nesta terza feira, achégase en Nós Diario á figura de Juan Sorga. 

Mariano Otero Castelao, no centro, e Xosé Velo Mosquera, á dereita, paseando polas rúas de Vigo en 1944. (Foto: Arquivo Deputación de Pontevedra)
star
As guerrillas galegas ao descuberto

Nacionalismo e guerrilla: Un capítulo da loita antifranquista na Galiza

A actividade armada non foi o método principal de loita política adoptado polo nacionalismo galego no seu combate contra a ditadura durante ás dúas primeiras décadas do franquismo. Mentres a parte minoritaria do nacionalismo, da que formaban parte Mariano Castelao, Xosé Velo ou Ramón de Valenzuela, outorgaba un papel chave á guerrilla como actor decisivo no derrocamento da ditadura, a facción maioritaria, liderada por Ramón Piñeiro, dubidaba da súa eficacia e virtualidade para combater o franquismo. Malia a isto, importancia cuantitativa e cualitativa do corpo orgánico e social do nacionalismo na guerrilla foi superior do que tradicionalmente se lle veu asignando  
Xosé Ramón Hermida, historiador
As guerrillas galegas ao descuberto

Xosé Ramón Ermida: “A militancia nacionalista loitou e morreu nas guerrillas”

Xosé Ramón Ermida Meilán (Foz,1973) é autor de diversas investigacións sobre a represión franquista, a historia do nacionalismo e os movementos sociais e políticos na Galiza contemporánea. Nesta quinta feira, achégase en Nós Diario á participación dos militantes nacionalistas na guerrilla antifranquista.

 

Vida Guerrillera
star
As guerillas galegas ao descuberto

Axitprop: Prensa e comunicación guerrilleira

Por riba da loita armada que os maquis levaban a cabo como resistencia contra do réxime franquista, base esencial da súa presenza nos montes, os guerrilleiros galegos preocupábanse polo adoutrinamento e concienciación do pobo, así como de dar información das súas actividades, facendo todo iso a través de escritos, comunicados ou panfletos que se entregaban nas casas, sementábanse polos camiños e estradas ou se penduraban nas portas das igrexas.
Antón_Grande_(AELG)-3
As guerrillas galegas ao descuberto

Antón Grande: “Os primeiros momentos da guerrilla foron pouco efectivos”

Antón Grande Penelas (Lugo,1953) é un veterano do xornalismo galego. Premio Galiza de Xornalismo de 1989 por un conxunto de reportaxes sobre a guerrilla galega publicados nese mesmo ano no diario El Progreso, neste terza feira volve ao tema en Nós Diario cunha investigación sobre a prensa e a comunicación guerrilleira.

 

Víctor García “O Brasileiro”Arquivo da familia García Fernández
star
MEMORIA E HISTORIA

Victor García "O Brasileiro": Proletario do corpo e da intelixencia

Foi un pai agarimoso que quitaron do lado do seu fillo antes de tempo e un comunista consecuente que dedicou a súa vida a loita pola xustiza social. Emigrante en Brasil con só 16 anos, dirixente comunista nese país até o seu desterro ao Estado español en 1933, revolucionario en Asturias durante o outubro vermello de 1934, comisario político no exército popular durante a Guerra Civil, delegado da Internacional Comunista en Portugal desde 1939, impulsor das primeiras guerrillas na Raia Seca e no sur da Galiza, rematou por ser elixido en 1943 como secretario xeral da sección galega do Partido Comunista España, desde onde impulsou a formación de Unión Nacional e das guerrillas galegas. Asasinado polos seus camaradas en 1948, os seus restos descansan en Moalde (Silleda) e segue reclamando xustiza.
Victor
As guerrillas galegas ao descuberto

Victor García: “A orde de asasinar "O Brasileiro” partiu de Carrillo, segundo Heine”

Víctor García Fernández (Campurru, Asturias, 1939). Actualmente xubilado como xefe de cirurxía do hospital de Cruces en Barakaldo e como profesor de patoloxía cirúrxica na Universidade do Pais Vasco, é fillo de Víctor  García “O Brasileiro”. A cuarta feira escribe en Nós Diario sobre figura do seu pai, primeiro secretario xeral do PC na Galiza após 1939 e dirixente guerrilleiro