guerrilla

Manuel Coto Chan no campo de concentración de Brunete sometido a traballos forzados. (Foto: Arquivo Xoán Carlos Garrido)
star
As guerrillas galegas ao descuberto

A preguerrilla: de cando coller as armas

A loita guerrilleira contra o fascismo ten antecedentes na revolta de 1934 en canto accións políticas ilegais e na expresión popular xeneralizada e espontánea dos días de xullo do 36 nos que se tratou de frear o golpe militar.
garrido 340
As guerrillas galegas ao descuberto

Xoán Carlos Garrido: “A guerrilla construíuse sobre as experiencias anteriores”

Xoán Carlos Garrido (A Estrada, 1965) é filosofo e autor de numerosos traballos de investigación no campo da memoria democrática galega. Nesta segunda feira aproxímase en Nós Diario aos factores que determinan a conformación da guerrilla galega e a á influencia na mesma da revolución de 1934.
A guerrilleira anarquista galega Joaquina Dorado cruzando os Pireneos en 1956. (Foto: Arquivo Eliseo Fernández)
star
As Guerrillas galegas ao descuberto

A participación libertaria na guerrilla

En xullo de 1936 a CNT e as organizacións anarquistas contaban con máis de 30.000 militantes e estaban nun período de reconstitución e expansión despois da crise padecida tras os movementos insurreccionais de 1933 e o Goberno da dereita no bienio negro. As organizacións libertarias constituían un dos movementos populares de base máis asentados na Galiza, especialmente no mundo urbano e vilego, destacando por unha combatividade e experiencia na loita clandestina que fixeron valer nos tempos da ditadura franquista.
Eliseo Fernández
'As guerrillas galegas ao descuberto'

Eliseo Fernández: “O monte estaba cheo de guerrilleiros de extracción libertaria”

Eliseo Fernández é un dos investigadores de referencia para todo o referido á memoria democrática galega. Autor de abondosos traballos sobre o movemento obreiro na Galiza anterior a 1936 e de múltiples estudos sobre a represión e a resistencia ao franquismo na Galiza. A sexta feira achégase en Nós Diario a participación dos anarquistas na guerrilla galega

Balbina Pedro Carril. (Foto: Arquivo Fernando Vidal)
star
As guerrillas galegas ao descuberto

Balbina Pedro Carril e outras mulleres

Este artigo nace de revelarse contra todo o escrito sobre a guerrilla na Costa da Morte, contra esa visión tan masculinizada. Esta vez quixemos volver sobre o tema poñendo o foco nas mulleres. En principio, queríamos falar de dúas máis. Teresa Pastoriza Moreira, de Tella (Ponteceso), e Isabel Saez Castillo, que viviu en Corme aqueles anos. Pero estas dúas son mulleres das que tamén hai moito que contar, o espazo non chegaba. Finalmente, decidimos centrar o artigo en Balbina Pedro Carril e as mulleres que foron xulgadas a canda ela.
Fernando Corme
'As guerrillas galegas ao descuberto'

Fernando Vidal: “A guerrilla contaba con enlaces en case todas as parroquias da Costa da Morte”

Fernando Vidal Collazo (Corme,1968) tense achegado nos seus traballos a diversos aspectos do proceso represivo e da resistencia ao franquismo na Costa da Morte. Nese sentido, ten publicado varios traballos sobre a guerrilla na zona e nesta quinta feira volve o sobre o tema en Nós Diario

Gayoso e lister
star
'As guerrillas galegas ao descuberto'

Gómez Gayoso e Antonio Seoane: A alma da resistencia en Galicia

José Gómez Gayoso (a) González López ou Juan, e Antonio Seoane Sánchez (a) Julián ou Jorge loitaron nun tempo de submisión, diverxeron nun tempo de homoxeneización das conciencias, desafiaron nun tempo de coerción, e fixérono dende uns postos directivos que lles permitían canalizar o potencial ideolóxico e bélico duns homes aos que tutelar co fin de contribuír ao derrocamento do réxime. Non conseguiron o obxectivo, pero cumpriron a súa parte: a guerrilla galega, principalmente na Coruña, acadou un crecemento inédito.
Lupe Martínez. (Foto: Nós Diario)
'As guerrillas galegas ao descuberto'

Lupe Martínez, investigadora: “Nunca a guerrilla golpeou tanto como durante o liderado de Gayoso e Seoane”

Lupe Martínez (A Coruña,1979) e licencia de Socioloxía e funcionaria da administración xeral do Estado. Investigadora cunha abondoso bibliografía sobre a guerrilla e autora do volume Coa man armada, sobre a IV Agrupación do Exercito Guerrilleiro da Galiza. A cuarta feira escribe en Nós Diario sobre José Gayoso e Antonio Seoane.

GC bandoleros
SOCIAL

A Garda Civil ten que retirar un chío no que cualificaba os maquis de “bandoleiros”

O chío provocou unha forte indignación nas redes sociais, que levaron ao Instituto armado español a borrar o tweet.

 

Davis Simón.(Foto: Nós Diario)
'As guerrillas galegas ao descuberto'

David Simón: “Máis de 250 médicos galegos foron represaliados polo franquismo”

David Simón-Lorda (Zaragoza, 1963) e doutor en Medicina pola Universidade de Santiago e exerce como  psiquiatra en Ourense. Membro da directiva da asociación “Amigos da República” e autor dunha extensa bibliografía sobre a historia da medicina e da represión dos sanitarios polo ditadura. Neste terza feira en Nós Diario publica un traballado sobre a colaboración dos sanitarios coa guerrilla antifranquista.

 

Jesús Quintas. Foto: Nós Diario
Javier Quintas, historiador

"A creación da Federación estivo liderado polos socialistas"

Javier Quintas (Tui,1979) é profesor de ensino secundario. Delegado da Fundación Luis Tilve da UGT en Ourense, é autor dunha ampla bibliografía sobre a historia do socialismo no período anterior ao golpe de Estado de 1936. A sexta feira escribe en Nós Diario sobre o papel dos socialistas na guerrilla antifranquista
Sanxés, na parroquia de Bogo, concello da Pontenova. (Foto: Arquivo Ramón García Piñeiro)
star
A resistencia armada no Baixo Eo

As primeiras partidas

As  fragas do curso baixo do Eo proporcionaron acubillo aos republicanos que optaron por agocharse unha vez que os sublevados en xullo de 1936 se impuxeron en Lugo e estenderon o seu dominio ao occidente de Asturias. Non procederon desta maneira alentados polo Goberno republicano, ao ditado de consignas emanadas das súas organizacións, co propósito de seguir combatendo por outros medios ou para reter forzas do adversario, senón  movidos por un instinto de supervivencia.
Ramón García Piñeiro. Foto: Nós Diario
Ramón García Piñeiro, historiador

"A actividade guerrilleira foi a máis 'civil' das violencias"

Ramón García Piñeiro (Sotrondio, 1961), licenciado en Ciencias Políticas e doutor en Historia, é profesor do IES Galileo Galilei de Navia (Asturias). Autor dunha abondosa bibliografía sobre a guerrilla, significase como un dos máximos expertos sobre o tema no Estado. A quinta feira escribe en Nós Diario sobre a resistencia armada no Baixo Eo

Congreso de fundación da Federación de Guerrillas León-Galicia en Ferradelo/Ferradillo (Priaranza do Bierzo). De arriba a abaixo e de esquerda a dereita: Xosé Vega “Animas”, Pedro Voces “Pitacega”, Guillermo Morán, Eduardo Pérez “Tameirón”, Mario Morán, Marcelino de la Parra “Parrra ou Casas”, Antolín M. Paciencia, César Ríos, Marcelino Fernández “O Gafas”, Abel Ares, Pedro Lamas “Pedrín”, Victorino Nieto, Cuñeira, Abelardo Macías “Lebre”, Manuel Girón e Enrique Oviedo “O Chapa”. (Foto: Arquivo particular)
star
A autonomía libertaria

Abelardo Macías Fernández “O Lebre”

En Lago de Carucedo, pequena localidade da comarca do Bierzo, naceu Abelardo Macías Fernández. Fillo de Juan e Andrea, e irmán de Julia Macías, que sufriría varios anos de cárcere e diversas humillacións só por ser irmá. Abelardo era un labrego, nunha economía case de subsistencia, e desenvolta en gran medida dentro dos hábitos comunitarios espallados nesta comarca, naquela época e no ámbito agrícola. Ás veces traballaba na única empresa que había na localidade, un caleiro. Galegofalante, como todas as persoas habitantes de Lago e contorna. 
Francisco Macías. Foto: Nós Diario
Francisco Macías, editor e investigador

"Abelardo foi sempre 'O Lebre' para os seus veciños de Carucedo"

Francisco Macías (Lago de Carucedo, O Bierzo, 1958) é editor, fundador e director de Edicións Positivas. Nesta ocasión falamos con el arredor da investigación sobre o seu veciño, o guerrilleiro Abelardo Macías 'O Lebre', de quen escribe nesta cuarta feira en Nós Diario.
O guerrilleiro dezao Miguel Nicolás Esperante “O Corcheiro”. (Foto: Arquivo Alberte Maceira)
star
Guerrilleiros na comarca do Deza

"¡Viva la unidad antifranquista!"

Como en case toda Galicia, a vaga de violencia que desencadeou o golpe de Estado orixinou a fuxida ao monte dos que non puideron marchar ou agocharse. Tamén prófugos e desertores do Exército. En Deza houbo fuxidos na Serra do Faro, nos montes de Rodeiro e Agolada e na zona do Ulla. Ramón de Valenzuela fixo unha reconstrución deses primeiros movementos dos escapados dezaos na súa novela Non agardei por ninguén.
Manuel Igrexas. Foto: Nós Diario
Manuel Igrexas, investigador

"A guerrilla dezá non se pode explicar sen as minas de Fontao"

Manuel Igrexas (Lalín, 1961) é profesor e investigador sobre a memoria histórica. Membro da Comisión pola Memoria Histórica Siñor Afranio, autor de publicacións sobre a república e a represión no Deza, esta terza feira achégase en Nós Diario a historia da guerrilla nesa comarca.
Folla voandeira espallada polo PC en 1947. (Foto: Arquivo Bernardo Máiz)
star
'As guerrillas galegas ao descuberto'

Partido Comunista e guerrilla antifranquista galega (e II)

Mesmo na noite mais triste
em tempo de servidão, 
há sempre alguém que resiste
há sempre alguém que di nâo. 
Manuel Alegre

As autoridades franquistas responderon con enerxía ao ascenso de accións armadas apreciábel desde 1946. O brutal “Decreto-Ley sobre represión de los delitos de bandidaje y terrorismo”, de abril de 1947, permitía ás forzas policiais utilizar calquera método para combater o antifranquismo. Mellorada a conexión entre o Servizo de Información da Garda Civil (SIGC), popularmente coñecida como a “brigadilla”, e a Brigada Político-Social (BPS) da policía, medrou a infiltración, compra de vontades, sancións económicas, desterros, controis, cárcere, contrapartidas, violacións, torturas, “lei de fugas”, asasinatos. 

Folla voandeira do comité da Galiza do Partido Comunista espallada entre 1947 e 1948. (Foto: Arquivo Bernardo Máiz)
star
MEMORIA E HISTORIA

Partido Comunista e guerrilla antifranquista galega (I)

A Francisco Martínez Leira “Pancho” e Camilo de Dios Fernández, “in memoriam”. 
                    
Sempre volvemos renacer
sempre xurdimos outra vez
tras mil derrotas.
(Xosé Luís Rivas, Mini).

Por decretos de setembro de 1936 e xaneiro de 1937, os sublevados ilegalizaron partidos políticos, sindicatos e sociedades que “por acción u omisión” tiveran relación coa Fronte Popular, impondo no seu lugar un réxime totalitario de partido e sindicato únicos. Nesas circunstancias represivas (asasinato, execución, cárcere, depuración, sanción, apartamento, exilio) que afectaron a dirixentes, afiliados e simpatizantes das entidades proscritas, só puideron sobrevivir organizacións afeitas á clandestinidade, compactas e con militantes moi disciplinados. Na “dinámica de represión-reconstrución-represión-reconstrución” (Santidrián, 2002) rexurdía unha e outra vez o Partido Comunista, único sostén político da guerrilla e único real adversario interior do réxime franquista. 

maiz
'As guerrillas galegas ao descuberto'

Bernardo Máiz, historiador: “A primeira oposición real ao franquismo na Galiza foi a guerrilla”

Bernardo Máiz (O Seixo-Mugardos, 1950) é un pioneiros nos estudos sobre a represión franquista e a guerrilla na Galiza. Autor de múltiples traballos desde o comezos dos anos 80, signifícase por unha ampla bibliografía que o convirte nunha referencia inescusábel nas investigacións da guerrilla. A cuarta e a quinta feira escribe en Nós Diario sobre a relación entre o PC e a resistencia armada.