libro

As feiras do libro queren transformarse en espazos de difusión cultural, máis alá das vendas.
CULTURA

As feiras do libro voltan ás rúas da Galiza

Buscar unha programación diferente que transforme as feiras do libro en centros de creación e difusión da cultura. Eis o obxectivo da Federación de Librarías de Galiza, que quere renovar estes eventos dotándoos dun carácter cultural que proxecte o mundo do libro alén das vendas e das sinaturas.
Presentación do libro de Xosé Ramón Pena.
Axenda

Presentación da nova novela de Xosé Ramón Pena en Vigo

O evento literario terá lugar no Museo de Arte Contemporáneo de Vigo
Víctor Rivas ilustrou 'O bestiario científico de Anxos Nogueirosa', de Antonio M. Fraga, seleccionado na Lista de Honra IBBY 2022.
star
Reportaxes

A lista Ibby: desde Galiza para o mundo

A literatura infantil e xuvenil galega volve estar de parabéns, pois veñen de coñecerse as obras incluídas na Lista de Honra IBBY 2022, un catálogo das mellores obras do mundo neste eido, e que supón alongar a súa vida. Nesta ocasión, os títulos son O bestiario científico de Anxos Nogueirosa (Urco), de Antonio M. Fraga, Unha noite no tren da Vía Láctea (Aira), de Kenzi Miyazawa, na tradución de Gabriel Álvarez, e as ilustracións de Miguel Robledo. Así mesmo, a editora pontevedresa Kalandraka recolle unha nomeación da versión castelá de Miña Guía, Meu Capitán de Gonzalo Moure e María Girón.
O escritor Pere Tobaruela autor do libro 'Formig4s. Misión Rosalía'. (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Pere Tobaruela: "Que a nosa literatura medre axuda a consolidar e a expandir o uso da lingua galega"

Pere Tobaruela, co texto, e Andrés Meixide, coa ilustración, atoparon a fórmula para enganchar a mocidade lectora cunha brigada moi especial: Os Formig4s. Levan seis obras coas aventuras de Formos4, Forx4n, Fornel4 e Form4il percorrendo primeiro o mundo e desde o anterior libro levando as súas aventuras até a Galiza. Após visitar o Camiño de Santiago chegan agora para salvagardar o legado e a propia vida de Rosalía de Castro.  
Capa do libro 'A crebeira Marabillas'.
star
Libros

Das cousas que trae o mar

A crebeira Marabillas é un libro escrito e ilustrado por Olaia Sendón.
Nuria Vilán Prado (Foto: Chan da Pólvora).
star
Libros

O ritmo e a furia

Simún, de Nuria Vilán Prado, editado por Chan da Pólvora.
Stand da Asociación Galega de Editores na Feira de Boloña do ano 2018.
A Asociación de Editores xestionará en solitario a súa proxección exterior

A presenza en feiras internacionais do libro galego enfronta a editoras e Xunta

Propaganda ou xestión profesional: a Asociación Galega de Editores vén de comunicar que asumirá en solitario a participación nas feiras internacionais do libro, polos continuos desacordos coa Xunta en canto ao modelo que debe imporse na proxección exterior da produción editorial da Galiza.
LUZ DARRIBA foto ALFREDO BOGIANNI
star
Libros

O guía do amo

Luz Darriba garda aínda sorpresas literarias que van máis aló da súa longa traxectoria no mundo da arte, seguramente o eido no que máis coñecida resultaba para o público.
Marga Tojo.
star
Libros: 'Arder', de Marga Tojo

O regreso e a plenitude

Arder (Positivas) é un libro cheo de forza e vitalidade que nos introduce nunha idea de plenitude.
Florencio Delgado Gurriarán. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Galaxia reedita obra de Florencio Delgado Gurriarán

A editorial anunciou as novidades que traerá este primeiro trimestre de ano. Salientan as dedicadas ao homenaxeado coas Letras Galegas 2022, Florencio Delgado Gurriarán, mais tamén traducións e as obras gañadoras dalgúns premios que se fallaron en 2021.
libros
CULTURA

Radiofusión abre unha votación para escoller o “Libro galego de 2021”

O proceso participativo aberto por esta asociación poderá realizarse a través das redes sociais. Os 40 títulos que entrarán formaron parte durante o ano do programa radiofónico “Clube de leitura”.

O prazer de reler

Patti e nós

O libro cos poemas póstumos da escritora foi presentado na tarde de onte na Casa Xohana Torres de Compostela.
Engaiolarte publica 'Últimas tardes con Xohana', o último libro escrito pola autora

Poemas últimos de Xohana Torres

Nos últimos meses da súa vida, Xohana Torres estaba inmersa na escrita dun libro que, talvez, xa consideraba unha despedida. O seu pasamento non permitiu que o rematase, mais Engaiolarte Edicións publica agora os poemas acabados nun volume que permite asomarse ao seu proceso de creación.
Marina Gibert é a gañadora do XIV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. (Foto Nós Diario)
CULTURA

Marina Gibert: "Hai moitos ámbitos do mundo da ilustración que me interesan, mais os libros fascínanme"

A autora catalá Marina Gibert é a gañadora do XIV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, un certame organizado polo Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela e pola editorial Kalandraka. Coa súa obra Selva, Gibert fíxose co galardón, que conta cunha dotación de 9.000 euros e que implica a publicación do libro nas cinco linguas peninsulares. Orixinaria de Girona e afincada en Lisboa, Gibert estudou na Escola de Arte e deseño La Llotja de Barcelona e ampliou a súa formación no Seminario de Ilustración do Centro de Arte e Comunicación Ar.Co da capital portuguesa. 

Futuro imperfecto

A escritora Ana Cabaleiro (Foto: Alba Sotelo)
star
Libros: 'Deixádenos remar', de Ana Cabaleiro

Escritos nas paredes

O punto de partida é a chegada dos novos inquilinos á urbanización de chalés que acaba de inaugurarse nunha zona periférica de Compostela. A forma na que son recibidos, con pequenas e grandes falcatruadas por parte do resto do barrio, evidencia unha cuestión coñecida pero pouco tratada literariamente: a difícil conexión entre a poboación tradicional dos arrabaldes coa nova "xentrificación"
Interior dunha libraría.
11-N Día das Librarías

Librarías: entre o optimismo das vendas e a ameaza das plataformas

O Día das Librarías naceu como mecanismo de defensa ante a baixada de vendas despois da crise, mais foi adquirindo entidade propia para enfrontar os retos que encara o sector. A pandemia serviu para revalorizar a lectura. Agora a ameaza vén das plataformas multinacionais que operan online.
Xosé Mª Lema é membro da AELG e correspondente da RAG.
LINGUA

Xosé María Lema: "Estes gobernantes feriron de morte a lingua que tiñan a obriga de defender"

Xosé Mª Lema Suárez (Bamiro-Vimianzo, 1950) vén de autoeditar 'Pola nosa lingua. Unha década de artigos en defensa do galego (2009-2019)'. O libro, ilustrado e prologado por Héitor Picallo, reúne unha trintena de artigos publicados en varios medios desde a chegada de Núñez Feixoo á Xunta e a aprobación do decreto do plurilingüismo.
A escritora Emma Pedreira vén de publicar 'Os libros que hai en min' en Cuarto de Inverno. (Foto: Cedida).
CULTURA

Emma Pedreira: "Os libros son como unha vitamina que pode axudar a que te reconcilies co mundo"

Desde a xenerosidade de quen partilla unha especie de tesouro, un ben prezado. Os libros que hai en min (Cuarto de Inverno, 2021), de Emma Pedreira, é un convite a outros mundos. É a listaxe dunha bibliófila declarada. As historias (anécdotas, reflexións, confesións) dunha lectora voraz. Dunha escritora voraz. É tamén un "ensaio que percorre a vida dunha bibliópata", ou quizais un "kit anticatástrofe".