libro

Irene Vallejo, autora de 'O infinito nun xunco'. (Foto: Santiago Basallo)
CULTURA

Un ensaio que cativa en máis de 30 países: A abraiante historia dos libros

É un dos grandes éxitos de vendas da tempada: O infinito nun xunco, de Irene Vallejo (Xerais), estabelece un diálogo entre o pasado e o presente para relatar os comezos da palabra escrita, do libro. Un ensaio sobre a historia dese artefacto, o libro, que non é senón o espello no que se reflexan as contradicións da Historia.
O escritor, deportista e adestrador de fútbol feminino Pere Tobaruela (Nós Diario).
DEPORTES

Pere Tobaruela: "O deporte reflicte a nosa sociedade. Vivimos nun capitalismo furibundo no que non hai grises"

Pere Tobaruela, catalán de nacemento e galego de adopción, compaxina a súa profesión como escritor coa paixón polo deporte. Pasou polo atletismo, cun bronce no campionato galego absoluto en pista de 2009, e polo fútbol gaélico, entre outros. Xogador e adestrador, agora comeza unha nova andaina nun proxecto deportivo de fútbol feminino en Villestro, Compostela.   
lediciacosta1
CULTURA

Ledicia Costas lidera a listaxe de libros máis lidos dos clubs de lectura escolares

A Consellaría de Educación da Xunta da Galiza fixo pública na xornada de hoxe a listaxe dos títulos e das autoras e dos autores máis lidos nos clubs de lectura do ensino secundario no curso 2019/2020.
CULTURA

O mundo da Xela Arias nena, a ollos de Luz Beloso

A ilustradora Luz Beloso debulla, en conversa con 'Nós Diario', o traballo que desenvolveu para o libro inédito de Xela Arias que acaba de publicar Editorial Galaxia. Ao igual que a poeta, Beloso pasou a súa infancia en Sarria, circunstancia que a axudou a ilustrar 'Non te amola!'. No volume aparecen detalles de lugares como "Chanto, que toda crianza de Sarria coñece", afirma.
 
Entrevista

Darío Gil Arias: "O libro nunha palabra: tenrura"

O fillo da poeta Xela Arias fala con 'Nós Diario' sobre a publicación do libro inédito 'Non te amola!'.

Abril de libros mil

Libros de texto da materia Ciencias da Natureza (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

A Xunta prorroga a vixencia dos libros de texto un ano

Renovaranse de cara ao curso 2022-23, coa entrada en vigor da Lomloe.
fliv
Do 26 ao 28 de marzo

"A cultura en pandemia", a debate no FLIV

Os días 26, 27 e 28 de marzo decorre en liña o II Festival Virtual do Libro da Galiza, FLIV21.
Lois Diéguez
star
Entrevista

Lois Diéguez: "Coñecer Lugo non é só ver os seus monumentos máis grandes"

Lois Diéguez (Monforte de Lemos, 1944) é un dos máis destacados novelistas da literatura galega actual. En conversa con 'Nós Diario', fala sobre a reedición do seu libro "Lugo, a cidade dos tesouros encantados" e os novos proxectos nos que está a traballar.  
12041559_1058954367456883_790811835_o
Autor da obra 'Orixe orzánica das sereas todas'

Rodrigo Osorio: "O libro é un 'artefacto' co que me pregunto que sería de Lugrís se non houbese a guerra"

"Unha Galiza imaxinada na que Urbano Lugrís ingresa na Real Academia Galega (RAG) aló polo 1953". É o contexto no que se desenvolve a ficción de Orixe orzánica das sereas todas, de Rodrigo Osorio. Unha utopía na que non se produce o golpe de Estado de 1936 e, desde aí, o autor imaxina un mundo posíbel no que o escritor e pintor Urbano Lugrís pronuncia o seu discurso de acceso á Academia artellando unha serie de lendas e datos a través dos que explica a orixe orzánica das sereas.
De esquerda a dereita, arriba, Queixas, Carballeira, Porteiro, Carrodeguas e Pita. Abaixo, Sumai, Canosa, Dávila, López e Oliveira. (Foto: Nós Diario)
Violencia patriarcal, machismo e o dereito de vivir libre transitan os dez textos da obra

Relato autoafirmado en 'Libres e vivas', unha obra colectiva de dez autoras

A obra colectiva 'Libres e vivas' atópase nos andeis das librarías desde o mes de febreiro. Un libro de relatos breves cuxa autoría recae nunha decena de mulleres da arte, sexa a súa a narrativa, a poesía, o ensaio ou mesmo a escénica. Unha reflexión coral, individual mais tamén conxunta, arredor da igualdade.
liber
Decorre até a sexta feira na canle de Youtube do Consello da Cultura

Simposio Culturfil da USC para unha análise das feiras internacionais do libro

Até a sexta feira 12 de marzo, a Universidade de Compostela (USC) realiza, dentro do programa Culturfil, o simposio internacional “Promoción cultural nas feiras internacionais do libro”, que decorrerá na sede virtual do Consello da Cultura (CCG) a través de Youtube.
O FLIV achega autoras e público
a través dun modelo virtual.
CULTURA

O FLIV terá a súa segunda edición a finais de mes

Logo da experiencia de 2020, o Festival Virtual do Libro retorna para analizar o impacto da pandemia no mundo editorial. 
Imaxe de arquivo da poeta Xela Arias. (Foto: Cedida)
CULTURA

Editorial Galaxia publicará un libro inédito de Xela Arias

'Non te amola!' é o nome da publicación, que está previsto poder mercar a partir do mes de marzo. Será unha edición ilustrada por Luz Beloso.
A autora, Mercedes Espiño, con Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural de Santiago, na presentación do libro en Compostela.
'Espazos de Rosalía en Compostela' guíanos polos lugares relacionados coa súa vida

Un paseo literario pola Compostela de Rosalía

Asociamos Rosalía de Castro con Padrón, coa Casa da Matanza, con esa ventá aberta ao mar dos seus últimos momentos. Mais o certo é que foi en Santiago onde viviu a metade da súa vida, nos tempos bos e nos tempos malos. Agora edítase un libro que nos guía polos moitos espazos de Compostela asociados á súa biografía.
salondolibro
Forma parte do 'ranking' do Observatorio da Cultura

O Salón do Libro entre as mellores iniciativas culturais do ano 2020

O Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea vén de publicar a súa listaxe coas mellores iniciativas culturais do último ano, onde figura, por primeira vez, o Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. 
Nos tres últimos anos publicaron obras de case oito de cada dez autoras e autores. (Foto: Arxina)
star
Camiño do libro branco

A escrita galega en datos: prolífica mais sen profesionalizar

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, como paso previo ao seu libro branco, presentou onte un informe que detalla cuantitativamente a realidade das autoras e autores. Malia a calidade da produción e a súa abundancia, coa forza do colectivo como un dos alicerces fundamentais de resistencia, o sector acusa unha ausencia de profesionalización que se manifesta en múltiplos aspectos e que contrasta con perfís de longa traxectoria. A masculinización do eido apunta a matizarse co incremento de creadoras na última década, maioritarias nas capas de menor idade.
Imaxe dun dos temas do semanario. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

O Sermos analiza a viaxe de Castelao por Europa e o seu interese pola modernidade

No semanario tamén poderás atopar unha entrevista ao presidente da Asociación Galega de Editores, Henrique Alvarellos, e unha reportaxe sobre a importancia vital das árbores nas vilas galegas. Se queres ler todos estes contidos e máis só tes que procurar o teu Sermos Galiza mañá nos quiosques e librarías, onde o atoparás xunto co Nós Diario.
Érica Esmorís - MgV:Xerais
star
Libros

Cousas que non son o que parecen

Gañadora do Premio de Literatura Infantil Cidade de Málaga do pasado ano con esta mesma obra, a carreira de Érica Esmorís leva xa uns cantos anos conformándose como unha das máis interesantes e orixinais das narrativas orientadas ás persoas máis novas. Patio de luces non é unha excepción, e o seus propios puntos de partida sitúannos xa en territorios non tan habituais neste tipo de creacións, ou sobre os que a autora sabe lanzar unha ollada diferente.
_DSF0759
star
CULTURA

O apalpador salva relativamente o ano das librarías cunha campaña de Nadal "bastante boa"

As librarías galegas fechan o ano cunha campaña de Nadal  bastante boa, que nalgúns casos até mellora as de anos previos, máis prolongada e estábel. Isto permite que o impacto da Covid-19 no sector se mitigue lixeiramente, se ben os máis de dous meses de confinamento e as posteriores restricións arrastran o exercicio. Nesa tónica "mellor do agardado" vanse asentando novas prácticas, como a de encargar por What's App o lote de libros, aínda que mantendo a importancia do presencial, mesmo cando organizar actividades é case misión imposíbel.