libro

As propostas editoriais para setembro non se deixan frear polo coronavirus.
A industria non se detén ante a pandemia

Setembro inaugura un outono editorial anómalo, mais ateigado de novidades

As principais editoriais galegas xa deixan ver as súas achegas de cara a este outono marcado polo contexto extraordinario, con moita presenza do ensaio e das novidades para a cativada. Destaca na narrativa o último de Antón Ribeiro Coello, 'O paraíso dos inocentes' (Galaxia), premio Torrente Ballester; unha nova liña de ensaio da editorial Xerais ou a vindeira publicación dun libro de crónica sobre a relación de Lorca con Compostela. Descubre os libros que veñen!

“Simplemente gallegos”?

Fred Vargas, unha das autoras traducidas por Kalandraka.
Cultura

Superación persoal, intriga e moito máis no setembro editorial de Kalandraka

Sete clásicos da literatura infantil e xuvenil protagonizan cadanseu relato entre a ficción e o biográfico en Sete chaves para abrir os soños, unha das apostas de Kalandraka de cara a setembro. Queres coñecer o resto?
A feira do libro de Ponteareas desenvolveuse baixo estritas medidas de seguridade a mediados de xullo. (Foto: Nós Diario).
CULTURA

As feiras do libro na nova normalidade: a seguridade por diante dos beneficios

Pódese ver, tocar e mercar, pero o resto das actividades como os obradoiros ou as palestras desaparecen.
Capa de  "O camiño de Nós", de Aira Editorial.
CULTURA

O estío aviva o pulso do mundo editorial

Obrigadas a readaptar os seus plans editoriais por mor da pandemia de Covid-19, as editoras galegas estrean lecturas nun verán no que se vai festexar por primeira vez o Día do Libro.
Carlos Da Aira [Demian Ortiz].
Cultura

'A guerra era contra nós': por unha épica da clase obreira contemporánea

'A guerra era contra nós' facíase en 2019 co Premio Lueiro Rei. O poemario de Carlos da Aira (Elgoibar, 1972) chega agora ás librarías editado por Xerais, cunha densa e frenética prosa lírica que reflexiona sobre a condición humana desde as estacións dun futuro inalcanzábel. Co sabor metálico da distopía, o autor narra en ton lendario todas esas batallas que atravesan o noso presente, nunha dimensión na que por veces os tempos se confunden. Da Aira vén tamén de gañar Ari[t]mar de poesía na categoría galega, con "Nas noites de luar (Prender os fachos, compoñer os ósos)".
O FLIV achega autoras e público
a través dun modelo virtual.
Cultura

O primeiro FLIV pon o foco no teatro, na tradución e en moito máis

Máis de 50 autoras participan entre 26 e 28 de xuño
EuropaPress_2339917_28_august_2019_ukraine_kiev_us_national_security_advisor_john_bolton_speaks
INTERNACIONAL

Trump intenta evitar a publicación dun libro con polémicas revelacións

Manifestacións sobre a China, Venezuela e outras cuestións recollidas polo ex asesor de seguridade nacional John Bolton e que o Goberno considera que son material clasificado.
Retrato de Maruxa Seoane.
Cultura

Un libro pon en valor a figura de María Elvira Fernández López

Preséntase 17 de xuño na sede da Fundación Seoane
Antón Pedreira atende o público da feira do libro na Alameda de Compostela (Arxina).
CULTURA

Solidariedade e contento arredor do libro na feira de Santiago, a primeira despois da COVID-19

Santiago de Compostela acolle a primeira feira do libro da Galiza e do Estado após a pandemia. Unha iniciativa rodeada de incertezas que despois da fin de semana inaugural deixa moi boas sensacións entre as libreiras, o público e as autoras que se achegaron á Alameda Compostelá. Estará aberta até o día 21.
Libros expostos nunha feira.
Cultura

Compostela acolle a primeira feira do libro do Estado tras a COVID-19

Con seis postos desde o 13 até o 21 de xuño
maria reimondez
Cultura

'As estacións do lobo': entre a liberdade do salvaxe e a calor da manda humana

María Reimóndez presenta virtualmente unha nova entrega do "ciclo dos elementos"
Xosé Manuel Sánchez Rei, docente da UDC, escritor e gaiteiro (Imaxe: José Salgado).
CULTURA

Xose M. Sánchez Rei: "Seivane podía limitarse a reproducir instrumentos, pero optou por innovar"

Un encargo foi o punto de saída de Xosé Seivane. A gaita con maiúscula, o libro de Xosé Manuel Sánchez Rei que viu a luz en maio da man de Editorial Canela. Un percorrido pola vida do músico e artesán que reuniu nun único espazo tradición e innovación. E puxo nome a un legado que continúa vivo. 
henrique-alvarellos
CULTURA

As novidades de Alvarellos Editora volven ás librarías

Xuño marca o regreso ás librarías das novidades editoriais que tiveron que suspenderse por mor do estado de alarma.

libros
CULTURA

As librarías, "profundamente molestas" con Educación polo novo fondo de libros de texto

A Federación de Librarías de Galiza critica o “cambio de criterio” da Consellería de Educación, Universidade  e Formación Profesional, na regulación do fondo solidario de libros de texto  e material escolar.

O profesor e escritor Manuel Portas [cedida].
Cultura

As "cadencias" que latexan nas aparencias

A décima novela de Manuel Portas, un relato de amor e desamor
Retrato de Manuel Veiga Taboada (Antonio Gutiérrez).
Cultura

Os tópicos que nos contan: Galiza para non galeguistas

Manuel Veiga Taboada presenta no seu novo libro Galicia contada aos non galeguistas, unha obra divulgativa de carácter histórico que xoga cos tópicos para procurar respostas sobre a nosa identidade.
irmás cartoné
CULTURA

Irmás Cartoné: "Hai prexuízos cara ao libro traducido"

Irmás Cartoné é unha editora fundada en 2014 en Compostela por Celia Recarey e Carlos Valdés. Recoñécense como un selo "orgullosamente pequeno", a pesar de que publicaron autores como Virginia Woolf, Émile Zola, H.G. Wells, Stefan Zweig ou Margaret Atwood. En tempos de pandemia, sinalan a importancia da literatura e deixan en suspenso a venda a través da súa tenda dixital. "Sabemos que todas temos libros por ler na casa e agora o urxente é, por paradóxico que resulte, pararmos", defenden

Libros

libros
SOCIAL

Anpas Galegas pide a Educación que prorrogue a vixencia dos libros de texto no mínimo un curso máis