Lucía Aldao

AUTORA IRIS JUSTO
star
Entrevistas

Lucía Aldao, unha obreira da palabra

É desde hai tempo un referente de quilómetro cero, como ela chama a quen é exemplo, e os premios Martín Códax consagrárona tamén como un nome imprescindíbel no panorama musical galego. Mais Lucía Aldao (A Coruña, 1982) recoñécese, sobre todo, como unha obreira da palabra que segue a picar pedra para vivir do seu traballo. Iso non quita que sexa polifacética por pracer, non por necesidade, e que picando, picando, vaia intentando derrubar muros contra a intransixencia, as máis das veces xunto a María Lado, a outra metade de Aldaolado.