mulleres

Acto contra o feminicidio
SEXTO ASASINATO MACHISTA NA GALIZA NO QUE VAI DE ANO

A muller que “caeu” dun terceiro piso en Vigo foi asasinada

A policía local de Vigo detivo Alberto José V.G, veciño do Calvario de 62 anos, como sospeitoso de empurrar pola fiestra dun terceiro piso a súa esposa, María Rodrigues Fernández, de 71 anos. A muller asasinada é a sexta vítima mortal da violencia machista no que vai de ano.

Alberto Núñez Feijóo [Imaxe: Xunta]
"QUERíA QUE O SEñOR BALTAR DELINQUISE E O SEñOR BALTAR NON DELINQUIU"

Feijóo acusa a muller que denunciou a Baltar de o ter instigado a que delinquise

O presidente da Xunta respalda o presidente da Deputación de Ourense e asegura que "non" escoitou as gravacións publicadas por eldiario.es.

SOCIAL

Mulleres con “boa presenza”: requisito para dar a coñecer a cociña galega en Londres

A deputada nacionalista Carme Adán pide explicacións ao Goberno sobre o que cualifica “trato discriminatorio” do IGAPE no evento 'Galician  Gourmet Extravaganza' que esixe “boa presenza” ás azafatas interpretes entre as empresas galegas e os profesionais ingleses.

Mulleres asasinadas

No 2007: 71 mulleres asasinadas en España por violencia machista.

Muller en rosa, mulleres en violeta

O feito de falar de “La carrera de la Mujer”

GpS Galiza pola Soberanía Morrazo
Só en papel

Mulleres independentistas queren reactivar GpS rumo a unha Assembleia Nacional Galega

O obxectivo, a organización dunha Assembleia Nacional Galega que non estaría dirixida a "construír espazos de confluencia eleitoral nen a posicionarse face os existentes".

capa
Só en papel

Mulleres con ciencia

Esta semana o caderno A Fondo foca a ollada nas científicas e indaga nos atrancos cos que se atopan para avanzar nas súas carreiras investigadoras. Á venda na nosa loxa. 

SOCIAL

Unha muller con aspergillius morre na UCI do novo hospital de Vigo

Trátase dunha paciente cunha grave doenza hepática á que se lle detectaron altas doses do fungo. O Sergas non confirma nen desmente se a infección se produciu no Álvaro Cunqueiro. 

Cartel do metro francés
AS MEDIDAS APLICARANSE EN OUTUBRO

Francia lanza un plan contra o acoso sexual ás mulleres no transporte público

Francia estima que o 100 pro cento das usuarias do transporte público xa foron asediadas dentro de metros e autobuses. De aí que decida desenvolver un plan contra o acoso sexual que sofren as mulleres no transporte público.

María Victoria
O ACTO TRANSCORREU NO PARQUE DO GAFOS, EN PONTEVEDRA

A Sega homenaxea Mª Victoria Moreno para visibilizar as escritoras

A plataforma de crítica feminista A Sega celebrou este sábado a homenaxe á escritora María Victoria Morena, con motivo do II Día das Galegas nas Letras, que tivo lugar no Parque dos Gafos de Pontevedra.

SOCIAL

Asasinada pola violencia machista unha muller en Castelldefels

Trátase do segundo feminicidio nunha semana nesta localidade catalá.

Latuff
SOCIAL

A carreira de obstáculos das mulleres que denuncian

A falta de coordenación e de transvesalidade nas axudas a mulleres en situación de violencia machista marcan a realidade daquelas que deciden denunciar. 

Imaxe da concentración na Coruña
CONCENTRACIóNS CONTRA O CRIME MACHISTA DE MORAñA

As mulleres berran contra o uso das crianzas como arma e vítimas da violencia

Feministas organizadas en grupos de acción local na Coruña, Lugo, Compostela e Pontevedra e na Marcha Mundial das Mulleres en Ferrol, Vigo e Ourense realizaron na tarde de hoxe concentracións en repulsa ao asasinato machista das dúas crianzas en Moraña.

SOCIAL

Máis unha muller asasinada pola violencia machista eleva a 5 a cifra oficial de xullo

O asasino suicidouse con posterioridade.

SOCIAL

Asasinada pola violencia machista unha muller en Asturies

O home suicidouse após matar a súa compañeira. Antes agredira a idosa que coidaba.

SOCIAL

En estado grave por agresión machista unha muller en Compostela

Atacouna cunhas tesoiras o que foi o seu compeñeiro. Había antecedentes por violencia de xénero.

Ánxela Lema 340
ÁNXELA LEMA, COORDENADORA DO AFONDO DESTA SEMANA

"A crítica na Galiza pon en lugar secundario a literatura feita por mulleres"

Fronte á ausencia das mulleres no Día das Letras, A Sega creou o Día das Galegas nas Letras, que este ano se lle dedicará a María Victoria Moreno, protagonista do A Fondo que sairá do prelo a quinta feira 25 de xuño.

elsa2
CULTURA

Morre Elsa Sánchez, a muller que coñeceu os límites da dor

A Elsa Sánchez, filla de galegos, preguntábanlle sempre como fora quen de sobrevivir a tanta dor. A ditadura arxentina fixo desaparecer e matou ao seu home, o guionista de historietas de culto Héctor Oesterheld, e as súas catro fillas, Beatriz, Diana, Estela e Marina, dúas delas preñadas. Elsa nunca parou de buscar os seus netos. 

SOCIAL

Partos humanizados, o dereito a decidir das mulleres

Na Galiza, só o hospital do Salnés cumpre coas directrices marcadas na Estratexia de Atención ao Parto Normal subscrita en 2007. 

pandeirada interior
CULTURA

A música tradicional e as mulleres no ciclo “A nosa terra, a nosa cultura”

Arredor do documental “Por que non cantades todas” dirixido por Diana Toucedo artéllase a segunda sesión do ciclo documental “A nosa Terra, a Nosa Cultura” que se desenvolve no Museo Provincial de Lugo. As mulleres e a música tradicional son as protagonistas.