mulleres

Enterro das activistas curdas executadas en Paris
A segunda feira, 9X

A Marcha homenaxea todas mulleres kurdas asasinadas

A viguesa rúa do Príncipe (enfronte do Marco) será o espazo onde se desenvolva a próxima segunda feira, 9 de xaneiro, unha concentración da Marcha Mundial das Mulleres en lembranza de activistas kurdas asasinadas.

encarnaotero-olgagallego
AS MULLERES NAS IRMANDADES DE COMPOSTELA

Encarna Otero: “As irmandiñas tamén fan política”

A historiadora Encarna Otero ofrece mañá quinta feira na Facultade de Filosofía un relatorio sobre “As mulleres na Irmandade de Compostela”, na que reivindica o seu papel neste movemento. 

Primeiro acoso. Muller....non esaxeres

no es país para coños
CULTURA

Nace Festivala, un espazo para as mulleres creadoras

Co frío de finais de novembro nace Festivala ‘Mulleres creando’, unha iniciativa organizada por O soño de Lilith. As actividades terán lugar o 26 de novembro en Fexdega, Vilagarcía de Arousa. Haberá concertos, presentacións de libros e visionado de filmes feministas.

VIIIconcursomusical_007 (2)
Bala recibe o primeiro premio

As mulleres, as grandes triunfadoras do concurso musical da Deputación da Coruña

A banda Bala, da Coruña, recibiu o primeiro premio do VIII Concurso Musical da Deputación da Coruña, seguidas de MJPérez, de Arzúa, que se fixo co segundo galardón dunha noite en que as mulleres rockeiras foron as protagonistas.

mulleres bravas
Proxecto de Urco

"Mulleres bravas da nosa historia", de Rosalía a María Victoria Moreno

Mulleres bravas da nosa historia é unha nova iniciativa editorial que nace coa vontade de crear unha colección de biografías de mulleres senlleiras que forman parte da historia da Galiza, dirixida ao público máis novo

ANXELA
Ánxela Franco, deputada de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade na Deputación da Coruña

"A visibilización das deportistas e do deporte feminino é básica para camiñarmos cara á Igualdade"

Contra os elementos é o título do documentario que área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade da Deputación da Coruña, da que é responsábel a nacionalista Ánxela Franco, acaba de estrear para pór en valor deportes minoritarios e visibilizar as mulleres no deporte. A concelleira do BNG en Porto do Son e responsábel de Políticas de Igualdade na Deputación da Coruña fálanos nesta entrevista da fita producida por Esferobite e dirixida por Marcos Nine.

Rosario Sarmiento
Rosario Sarmiento, comisaria de "Mulleres do silencio. De Maruja Mallo a Ángela de La Cruz"

"A formación das mulleres artistas non foi parella coa súa visibilidade no ámbito profesional"

Mulleres do silencio. De Maruja Mallo a Ángela de La Cruz é a nova exposición propia que inaugura esta sexta feira o MARCO de Vigo. Comisariada por Rosario Sarmiento, a mostra fai un percorrido pola obra das artistas galegas desde os anos trinta até os noventa do século pasado. A exposición permanecerá aberta até o 16 de abril. Coñecemos da man da súa comisaria en que consiste.

amal portada
Do 24 ao 29 de outubro

O papel da muller, protagonista do Festival Amal

O Festival Amal 2016 traerá un ano máis a Compostela o cinema euroárabe. Nesta ocasión, os once filmes que se proxectarán do 24 ao 29 de outubro centraranse no papel da muller.

Trump
INTERNACIONAL

Horas baixas de Donald Trump após o ataque ás mulleres

Donald Trump, o candidato republicano á Presidencia dos EUA, atravesa o peor momento da súa campaña. Un vídeo con declaracións machistas rexistradas hai unha década está a saírlle caro ao aspirante a ocupar a Casa Branca. No seu partido érguense voces críticas.

guadi-gravacion2
CULTURA

Ses, Guadi Galego e Mercedes Peón publican novo disco a finais de ano

Este ano 2016 rematará amosando o poderío feminino na música galega: Mercedes Peón, Guadi Galego e Ses publicarán os seus novos traballos.

BNG26X PONTON PRESAS E RODIL ACTO A FAVOR DA IGUALDADE
POLÍTICA

O BNG apela á igualdade fronte aos “machos alfa” para os que a muller é “decorado”

As candidatas do BNG-Nós Candidatura Galega e a portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, presentaron na mañá do sábado na cidade da Coruña as propostas arredor da igualdade e contra o terrorismo machista nun acto conducido pola actriz Isa Risco.

[Imaxe: MMMGaliza]
SOCIAL

A Marcha Mundial das Mulleres debate a resposta ás agresións do patriarcado

Desde a quinta feira a Marcha Mundial das Mulleres realiza en Vigo un encontro no que analiza a situación política en Europa, prepara a axenda dos próximos anos e debate arredor das respostas ás agresións que sofren as mulleres.

Irmandades da Fala
MEMORIA E HISTORIA

As mulleres das Irmandades, precursoras da igualdade

A Gentalha do Pichel homenaxea Maria Miramontes, Amparo López Jean, Micaela Chao Manciñeiras, Elvira Bao, Pura Lorenza, Coroa Gonzalez entre outras. 

Día da Nai_Alcampo
SOCIAL

Denuncian anuncios sexistas e ofertas de traballo a cambio de sexo

Senllas denuncias sacan á luz o uso dos roles de xénero con motivo do día da nai ou o machismo feito anuncio através dunha web para buscar traballo.

Mileva_Maric
SOCIAL

Recollen sinaturas para que o ensino inclúa as mulleres en todos os campos de coñecemento

A iniciativa partiu do alumnado do IES Ponte Caldelas. "Temos dereito a que se nos eduque na igualdade de xénero e na equidade de información", aseguran. 

cinema-muller
PROXECTO 'CINEMA E MULLER'

Marzo de cinema feminino en Pontevedra e Vigo

Vén de presentarse 'Cinema e Muller', promovido pola Deputación de Pontevedra, un proxecto que estreará un filme colaborativo de dez cineastas da provincia, unha mostra de curtametraxes, charlas e un concerto. 

Women's Boat To Gaza
INTERNACIONAL

Women's Boat to Gaza, a IV Flotilla da Liberdade

A coligazón internacional prepara a nova campaña coa que tentarán rachar o bloqueo sionista imposto na Faixa de Gaza e que estará tripulada unicamente por mulleres.

violac ionportada
DADOS DE 2015

Tres mulleres foron violadas ao día no Estado español

Segundo os dados que vén de facer públicos o Ministerio do Interior, un total de 1.127 mulleres foron violadas no Estado español durante o 2015, o que significa que cada día teñen lugar unha media de algo máis de tres violacións.

Mutilación Xenital Feminina
DíA INTERNACIONAL CONTRA A MXF

A mutilación xenital feminina: o horror de 200 millóns de mulleres

O último informe de Unicef cifra en 200 millóns o número de nenas e mulleres vítimas da mutilación xenital feminina en 30 país. A metade dese total céntrase en tres países: Exipto, Etiopía e Indonesia.