música

Román Terceiro, Alfonso Valcárcel, Diego Rodríguez e Brais Lomba son os integrantes de Pants Off. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Pants Off: "Intentamos falar do que máis nos preocupa en cada momento, é o máis honesto"

Román Terceiro, cantante, pon a voz en Pants Off, unha banda de rock en galego que volve tras unha pausa de varios anos na súa traxectoria co seu novo traballo, 'Invisibles'. Terceiro explícanos a evolución do seu discurso e o panorama xeral da música na Galiza. Un panorama no que, como el di, “a xente, estea máis arriba ou máis abaixo, non ten reparos en botar unha man”.
O evento contou con acompañamento musical a cargo da mezzosoprano Nuria Lorenzo e o pianista Alejo Amoedo. (Foto: Ragba)
CULTURA

Martín Codax protagoniza o Día das Artes Galegas

A Real Academia Galega de Belas Artes presenta Martín Codax como “referente incuestionábel da cultura musical galega”.

A artista fai parte de bandas como Blues do País (Foto: Judith Adataberna).
Contracultura

Iseo Agilda: "Tiña moi claras as sensacións que quería evocar, unha simbiose entre o natural e o artificial"

Iseo Agilda, cantautora, publica 'Nigredo', o primeiro disco da formación musical que lidera, Måi, xunto co produtor Tomás Ageitos e a cellista Margarida Mariño. Agilda aborda o proceso que a levou a crear estes temas así como o simbolismo que se agocha detrás: "Utilizo moito a metáfora da porta da cova porque para min é onde estamos agora, nesa entrada na que imos entregar todo o que somos".
Capa do disco Malpertuis (Foto: Nós Diario).
star
Música

Un excelente disco fundacional

Wayne Shorter, ao saxo (Foto: Nós Diario).
star
Música

Como ensaias o inesperado, o descoñecido?

Unha edición do Festival O Son do Camiño. (Imaxe: O Son do Camiño).
CULTURA

O galego é, unha vez máis, residual no festival O Son do Camiño

Só 3 dos 50 grupos que forman o cartel do festival teñen cancións en lingua galega no seu repertorio.
Sara Faro e María Pérez forman Fillas de Cassandra. (Foto: Santi Iglesias)
CULTURA

Fillas de Cassandra gaña o VIII premio aRi[t]mar

O tema elixido como Mellor Música do 2022 en Portugal é "Maçãzinha", da agrupación portuense Retimbrar, en colaboración con Uxía Senlle.
Concerto na igrexa de Santa María de Carboeiro no marco do festival Espazos Sonoros. (Foto: Mauro Sanín).
star
Análise

Que foi da música clásica e dos seus públicos?

Belén Bermejo é doutora en Dereito, música e xestora cultural.
García MC e Xisco Feijoó - 'Quen Son Eu?'
CULTURA

García MC e Xisco Feijoó - 'Quen Son Eu?'

García MC e Xisco Feijóo presentan o videoclip de Quen Son Eu?, gravado en Vigo. A letra, voz, produción executiva e co-produción musical corre a conta de García MC, con Xisco Feijóo acompañando na voz e a pandeireta e con arranxos de Héctor de la Rosa. A gravación, co-produción musical, edición, mestura e masterización en Pouland Studios é obra de Iago Pico.
A música Andrea González (Foto: Cris Grande e Juanca Soto).
Contracultura

Andrea González: "Frei Rosendo Salvado transmite unha historia de superación, emprendemento e humanidade"

Andrea González, pianista, presenta o legado musical de Frei Rosendo Salvado no seu último traballo, 'Salvado Piano Works'. Nesta conversa, González refírese ás viaxes e ao proceso de recuperación dos manuscritos que conteñen “unhas partituras moi complexas, virtuosas e moi melódicas”.
Rembetes, no ano 1933, en Karaiskaki, Pireo. (Foto: Fünf Griechen in der Hölle)
star
Música

Rebético-galego

Detalle do disco 'Et les filles de la Realité'.
star
Música

Fillos da realidade musical galega

Leilia
star
CULTURA

A despedida das 'vidas cantadas' de Leilía

'Vidas cantadas' é o disco que pon un punto final na traxectoria de Leilía, a formación que recuperou o legado das mulleres cantareiras e pandeireteiras e que agora anuncia a súa disolución. 
 
Centos de persoas nun dos concertos da pasada edición do festival. (Foto: Resurrection Fest)
CULTURA

Vodas a ritmo de 'heavy metal': o Resurrection Fest habilita un espazo para oficiar casamentos

"Soñaches algunha vez cunha voda ao máis puro estilo Resu? Xa podes espertar, as campás de voda soarán neste Resurrection Fest 2023", sinalan desde a organización do festival.
Boroa - 'Naos'
CULTURA

Boroa - 'Naos'

O' Clásico Fol é o traballo co que se presenta o novo proxecto musical liderado por Sabela Olivares, a cargo da gaita, piano, pandeireta e voz, canda Suso Bello —guitarra e voz— e Alberto Millán —baixo—: Boroa. A súa música, explican, "xira arredor da funcionalidade e versatilidade da gaita, ademais da súa adaptación ás novas tecnoloxías do século XXI". Conta, aliás, con colaboracións como a do músico de jazz Xosé Miguélez. Así soa o tema Naos, publicado esta mesma sexta feira acompañado do videoclip que se reproduce a continuación.

Regueifeiras do Proxecto Regueifesta
VÍDEOS NO INTERIOR

Así se regueifa na Galiza: o Enreguéifate 2022-23 xa ten gañadoras

Os galardóns entregaranse na 'Regueifesta' que decorrerá en Compostela o 14 de abril.
A fadista leva máis de 50 anos vivindo na Galiza. (Foto: Ernesto Schreck)
Contracultura

María do Ceo: "Canto máis se cante contra a violencia de xénero, máis concienciaremos a xente"

María do Ceo, fadista, celebra os seus 25 anos de carreira musical co seu novo disco, 'Galicia nai'. A artista debulla a mensaxe detrás de cada un dos 12 poemas musicados que compoñen este traballo e defende o que denomina 'fado miñouto', "que está entre Portugal e Galiza".
Laoise Kelly.
CULTURA

Creatividade e labor social vertebran a nova edición do Noia Harp Fest

‘Hibrys’, a obra do compositor arxentino Alejandro Civilotti gañadora do I Premio Portus Apostoli, estrearase o sábado 5 de agosto na Praza do Tapal da man da Real Filharmonía de Galiza.
Visita do deputado de Patrimonio, Xosé Lois Penas, á gravación do videoclip de Minguante nas Torres de Altamira (Foto: Deputación da Coruña).
CULTURA

Música e vídeos para difundir o patrimonio histórico e cultural. Así é a nova campaña da Deputación da Coruña

Baixo o cancelo #PatrimonioInMaterial difundiranse seis videoclips musicais en redes sociais para mostrar a simbiose natural que existe entre o Patrimonio Material e Inmaterial.
Capa de 'SIM SIM SIM' (Foto: Coala Records).
star
Música

As novas músicas que veñen do Brasil