música

Silvia-Felix-Concerto-Web
Ao vivo

Música na Coruña para achegar un grao de area contra o infanticidio feminino na India

Silvia Penide e Félix Arias protagonizan o vindeiro xoves un concerto solidario da man de Implicadas no Desenvolvemento. Os fondos destinaranse a programas de erradicación do infanticidio feminino e empoderamento das mulleres na India

.
CULTURA

"Pan de millo", a música saída do forno de "Migallas"

Pan de millo (Kalandraka) naceu devagar e a lume morno, como o bo pan do que non queda nin as migallas. Co arrecendo inconfundíbel da panadaría pontevedresa de María Campos e Carlos Yus, Migallas, sae do forno agora o videoclip dun dun dos temas no que participa o alumnado do EEI de Verducido, en Pontevedra .

 
elelelos
Arte imaxe patrimonio

Música de tradición oral do Morrazo: un CD duplo para lle botar uns 'elelelos'

A asociación cultural Retrouso de Cela, fincada en Bueu, xa ten no forno Elelelos, un proxecto de recuperación e divulgación da música de tradición oral de tres parroquias do Morrazo.

Premios galegos da Música
CULTURA

Os premios galegos da música xa teñen finalistas

Pasarán á seguinte rolda de votación 39 proxectos. Os gañadores daranse a coñecer o vindeiro 13 de decembro nas Adegas Martín Codax. 

plataforma galega en defensa do ensino público
SOCIAL

Un 'non á LOMCE' na linguaxe da maxia, da poesía, do teatro e da música

A Plataforma galega en defensa do ensino público convocou para esta cuarta feira 13 de novembro actos en oito localidades para rexeitar unha norma que "empeorou" após encetar a súa tramitación parlamentaria incluíndo a cesión de balde de solo para a construción de centros privados concertados.

Vertixe
CULTURA

O son natural, encontro do artista Fernando Casás coa música de Vertixe

A natureza é o vínculo que une a música de Vertixe Sonora e a obra de Fernando Casás no concerto “O son natural” que se desenvolverá o mércores 6 de novembro ás 20:00 na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. 

Concerto no Teucro de 15bolos
CULTURA

Máis de 500 proxectos optan aos I Premios Galegos da Música Martín Códax

Máis de 500 proxectos sométense ao tempo de votación no que socios e socias de Músicos ao Vivo escollerán até o 10 de novembro quen gañará as distintas categorías dos seus primeiros galardóns. Como “espectacular” valora a organización o resultado da convocatoria que ofrece na súa web a máis ampla plataforma de grupos musicais do país. 

Presentación dos Premios da Música
CULTURA

Indie, soul, hip-hop, folque, tradicional... trece categoría para os Premios Galegos da Música

Do indie ao soul, do hip-hop á clásica, do jazz á tradicional, da música de verbena ao metal. Ningún estilo queda á marxe das trece categorías dos Premios Galegos da Música Martín Códax que promove a Asociación de Músicos ao Vivo. Os galardóns entregaranse nunha gala o día 13 de decembro. 

Lúas de outono
CULTURA

Música, maxia e audiovisual na homenaxe anual a Manuel María na Coruña

A estrea do documental “Andei todos os camiños” de Anxa González, a voz de Pilocha e María Manuela e a maxia de Martín Camiña comporán a quinta edición do espectáculo “Lúas de Outono” que terá lugar o próximo día 19 na Coruña, para revivir a palabra e homenaxear ao escritor que faleceu hai nove anos na cidade. 

Ao vivo

A Banda de Poi regresa cun salto internacionalista e música 'chamánica'

Firme no Leme, novo single da banda liderada por Tonhito de Poi, pon fin a unha paréntese de seis anos. Co espírito e os ritmos rexenerados, inaugúrase a nova formación do grupo cun tema sobre a incríbel historia de William, forxado nas illas Azores, que hoxe dan a coñecer en Radio Sermos.

CULTURA

O programa de música tradicional “Alalá” despídese da TVG

Cun capítulo dedicado á Asociación de Gaiteiros Galegos o programa Alalá despídese despois de 210 capítulos dedicados á promoción da nosa música tradicional. 

Manuel Vicente, de Verbena Galega
CULTURA

"Con Verbena Galega queremos que a música en galego volva aos torreiros das festas"

“Verbena Galega” ofrecen un pack completo para montar sen complicacións unha festa das de toda a vida. O lema é “as festas de sempre como nunca as viches” e a proposta trátase dun tráiler que chega, instálase no campo ou torreiro e de aí nacen cinco horas de música e baile en galego. Culturactiva quere con esta iniciativa que a nosa lingua volva ás festas. O seu responsábel de produción, Manuel Vicente, explícanos a filosofía desta singular proposta.

Letras e Ideas

Música e literatura na #prazadoslibros de Carballo

A Feira literaria de Carballo contará coa presenza de Mercedes Peón, Manuel Rivas, Xosé Neira Vilas, Uxía Senlle e moitas actividades para o público infantil

Ao vivo

Liska!: “A música ten que estar ao servizo deste país”

Liska! son  Manolo, Byktor, Diego, Chanquete, Martín, Paula, Alba, Álex, Candi e Chino. Unha banda de ska viguesa que está a piques de sacar o seu primeiro disco. Xa podes escoital@s en RadioSermos.

Najla
CULTURA

Najla Shami musica o universo de Rosalía

Na lingua que eu falo é o disco-libro no que Najla Shami pon voz aos poemas de Rosalía de Castro. Preséntase na Feira do Libro da Coruña. 

Concerto no Teucro de 15bolos
CULTURA

15bolos, focos sobre a música emerxente de Pontevedra

Cada semana arredor de 50 grupos ensaian no Local de Música de Pontevedra, un espazo público da Concellería de Xuventude creado para promocionar a música local. As prazas da Verdura e Teucro serán escenarios ata o día 2 do festival 15bolos, un programa para que se vexa a potencia da música emerxente na cidade. 

Verbena Galega
CULTURA

A “Verbena Galega” aterra no Festixeve con moita música na nosa lingua

A “Verbena Galega” chega ao Festixeve o 2 de agosto con Pandeiromus, A Tuna Rastafari, Nonito Mondosonoro e Isabel Risco e moito máis no Campo do Vilar. É a nova data atopada despois de adiarse a causa da traxedia de Angrois. 

Ao vivo

''Facemos criba na música tradicional para non perpetuar contravalores agresivos coas mulleres''

O 25 de Xullo a música das Habelas Hainas resoará en Compostela a partir das cinco da tarde, no café concerto do Festigal. Conversamos con elas

Festigal'13
Galiza

Festigal'13: Música, cultura, deporte e soberanía

Nao, Sés, A Quenlla e Festicultores encabezan o cartel musical dunha edición que viste a camisola deportiva da Liga nacional de billarda e do fútbol gaélico. Imaxe capa: Xan Muras

Maria Fumaça
CULTURA

Semana de música e literatura infantil na Feira do Libro de Vigo

De luns a venres, a Feira do Libro de Vigo ábrese de maneira especial coa Semana da Música Infantil “Lemos cantamos, gozamos” que ofrecerá concertos todos os días ás 20 horas. Mamá Cabra, Uxía ou Magín Blanco cantarán para o público máis novo na Alameda.