Najla Shami musica o universo de Rosalía

Na lingua que eu falo é o disco-libro no que Najla Shami pon voz aos poemas de Rosalía de Castro. Preséntase na Feira do Libro da Coruña. 

Capa do disco-libro.
photo_camera Capa do disco-libro.

Un libro-disco dedicado a Rosalía de Castro é o novo proxecto da cantora Najla Shami que estes días chega ás librarias. Con fotografías de Ainoa Calvo e editado por Galaxia, Na lingua que eu falo recolle poemas de Rosalía de Castro musicados pola propia Shami ademais de pezas propias nas que se achega ao universo rosaliano. 

Na lingua que eu falo preséntase na Feira do Libro o vindeiro mércores ás 20 horas coa presenza da propia Najla Shami que interpretará algúns dos temas do novo traballo no que se incorpora ao universo musical de Rosalía. 

Con anterioridade, Galaxia publicara tamén o disco-libro Rapoemas, no que Aid levaba a Rosalía ao ritmo do rap e Rosalía pequeniña, no que Uxía achegaba á poeta á infancia. 

Najla Shami é compositora e cantora de orixe palestina e nacida en Santiago. Jazz, funk, blues, música deorixe árabe, brasileira ou galega mestúrase na súa traxectoria. O novo dísco súmase a Haikus, publicado en 2011 co guitarrista Héctor Lorenzo ou Ben Deitei con Safari Orquestra no ano anterior. 

Máis en CULTURA
Comentarios