SOCIAL
Miles de persoas concéntranse en Marín en apoio ás familias das vítimas do 'Vila de Pitanxo'
20/feb./22
As familias aseguran que "non van parar" até que se reanude a búsqueda e se atopen os corpos dos desaparecidos.
Os corpos sen vida rescatados após o naufraxio corresponden a cinco cidadáns españois, tres peruanos e un ghanés.
As familias lamentan a xestión do naufraxio. Os tres mariñeiros sobreviventes e os nove mortos do Vila de Pitanxo agardan no porto canadense de Saint John a súa repatriación e multiplícanse as críticas pola actuación gobernamental. A petición de retomar a busca gaña forza.
O porto canadense da cidade de Saint John podería recibir esta sexta feira os tres mariñeiros sobreviventes do naufraxio do Vila de Pitanxo e os 10 corpos recuperados no mar dos seus compañeiros mortos. Mentres comezan os trámites para a súa repatriación, continúan as dúbidas sobre a causa do sinistro.