opinión

Xuntanza das asociacións
CULTURA

Un Día das Letras que tenciona ser "colectivo, festivo e reivindicativo"

Manter o carácter festivo e reivindicativo do Día das Letras Galegas é o obxectivo das asociacións que se reuniron en Compostela para traballar nunha proposta conxunta despois de que a RAG decidise dedicarlle as conmemoracións do 17 M a Xosé Filgueira Valverde. 

Fragmento do cartaz
CULTURA

Monterrei abraza o seu castelo

O abrazo será ás 19.30 horas mais durante todo o día unha romaría popular celebrará o Castelo de Monterrei, o grande monumento que a veciñanza quere conservar para uso público. A Plataforma de Defensa do castelo de Monterrei denuncia que varias pezas de arte están saíndo de distintas instancias do edificio. 

Casa Manuel María
CULTURA

A cultura real participa nun “convivio” na casa de Manuel María, “activista” das letras

Arredor de catrocentas persoas de asociacións e entidades da cultura de base daranse cita este sábado día 12 en Outeiro de Rei, na Casa Museo Manuel María. O “Convivio da Cultura Galega” busca establecer as bases dun encontro entre asociacións no espazo dedicado a un escritor que percorreu o país participando en milleiros de actos. 

P1100811
COMUNIDADE SERMOS

"Sería moi bon que as nenas e os nenos do país soubesen da existencia de Sermos"

Rocío da Igrexa Prego traballa en Cerceda como asesora laboral e fiscal. É asinante de Sermos Galiza.

TRABALLO

A folga do lixo mantense en Lugo após decidilo o persoal por unanimidade

Após un mes de paro e da ruptura da mesa de negociación @s traballador@s de Urbaser continúan a greve. "Todos somos un", declararon. VÍDEO NO INTERIOR.

CULTURA

A executiva da RAG tenta desmarcarse da elección de Filgueira Valverde

Nun xesto inédito, a executiva da Real Academia Galega saíu ao paso da polémica suscitada pola designación de Xosé Filgueira Valverde para o Día das Letras Galegas de 2015. Explican que ningún dos seus membros avalou a candidatura, mais aclaran que “asumen” a decisión do plenario. 

14-06-10 Folga Urbaser (6)
TRABALLO

Rachan as negociacións entre o persoal de Urbaser e a empresa

Após seis horas de xuntanza a mesa de negociación entre o comité de folga e Urbaser desfíxose polo rexeitamento da empresa a aceptar a proposta ofrecida polo mediador. 

Gaza
INTERNACIONAL

Israel insta a poboación da fronteira de Gaza a abandonar as súas casas

O número de vítimas aumenta mentres Tel Aviv prosigue coa ofensiva. Mahmud Abbas acusa a Israel de cometer un "xenocidio" contra o pobo palestiniano.

Gorka Rubio_Argazki Press
DEPORTES

As mulleres gañan o partido á Federación española de balonmán

As deportistas poderán elixir a súa equipación após denunciaren o carácter "sexista" da normativa imposta pola Federación española que exixía vestir top e bikini nas competicións. 

ECONOMÍA

CIG pide que tamén sexa xulgado José Luís Méndez, ex-director de Caixa Galicia

A Audiencia Nacional non o senta inicialmente no banco dos acusados porén desde a central sindical lembran que a demanda presentada tamén o cita. 

capa A Fondo exterior
COMUNIDADE SERMOS

Un ollar a fondo sobre a banda deseñada galega

O movemento da BD en Galiza está acadando fitos históricos, malia a non ter tido nunca unha tradición empresarial. A el vai dedicado o A Fondo desta semana, que coordina Kiko da Silva.

CULTURA

RAG convoca a súa executiva para avaliar o "impacto" da nominación de Filgueira

O presidente da institución, Alonso Montero, enfatizou que a xuntanza responde ao proceder habitual da Academia. 

CULTURA

Diversas asociacións xúntanse en Santiago para manter viva a festa das letras galegas

Asociacións culturais, de recuperación da memoria, de defensa da lingua ou ecoloxistas danse cita esta quinta feira en Compostela (18.30 h, Libraría Couceiro) para fixar uns mínimos contra a decisión de dedicarlle o DLG a Filgueira e para manter viva a festa da lingua. 

Bernardo Maiz
CULTURA

Bernardo Maiz: “Escoller a Filgueira Valverde significa o triunfo da cultura de elite”

O historiador Bernardo Máiz foi parte activa da Comisión Letras Galegas 2015 para Carvalho Calero que acadou un apoio social histórico. Agora critica que, pola contra, a Academia optara pola "cultura de elite" e pola homenaxe a unha figura "colaboracionista co franquimo".    

Foto-Edelmiro-López-3
Galiza

"As explotacións están prontas para a supresión das cotas, o máis inquietante é a industria"

Edelmiro López Iglesias participa esta quinta feira en Santiago nunhas xornadas organizadas pola Federación Rural Galega (Fruga) sobre a eliminación das cotas no sector lácteo.

POLÍTICA

Novo pucheirazo e/ou adianto eleitoral

Sobre a mesa de Rajoy hai neste momento dúas opcións:reformar a lei eleitoral sen consenso para elixir directamente as alcaldías ou convocar eleccións para facer inviábel o referendo catalán.

INTERNACIONAL

Após unha noite de ataques, Tel Aviv di que a ofensiva contra Gaza se intensificará

Durante a madrugada do 9 de xullo Israel golpeou a poboación gazatí en 160 ocasións. As persoas mortas suman xa 28.

POLÍTICA

O conselleiro de educación afirma que a sentenza do Supremo non terá repercusións

Afirma que o fallo se refire a un períoso "que xa non está vixente" e que coa aplicación da LOMCE o ensino que segrega por sexos é "lexítimo, válido e non discriminatorio". 

CULTURA

O “Día das Galegas nas Letras” bota a andar cunha homenaxe a Dorothé Shubarth

Un “Día das Galegas nas Letras” . As da plataforma A Sega collen o seu foucín, arrefuzan as mangas e propoñen celebrar o “Día das Galegas nas Letras”  que nesta primeira edición renderá homenaxe a Dorothé Schubarth, a compiladora do Cancioneiro Popular Galego. 

nel vidal
LINGUA

Nel Vidal: "Que o galego non chegue ao 5% d@s nen@s nas cidades é tremendo"

Nel Vidal, ademais de presidente da CTNL, é  técnico de Normalización de Carballo, concello no que bota a andar o curso de verán dedicado á transmisión interxeracional da lingua.