opinión

TRABALLO

"A patronal séntese forte porque lle están a dar carta branca"

Manuel Domínguez, secretario da sección sindical da CIG-Citroën, afirma que o despedimento dos dous traballadores foi "un campanazo" da dirección para deixar claro que "aquí non se discute nada". VÍDEO NO INTERIOR.

INTERNACIONAL

Nicolas Sarkozy, imputado por tráfico de influencias e corrupción

Após 18 horas detido, o expresidente francés foi posto en liberdade con cargos.

Galiza

Emigrantes despiden a campaña da renda con concentracións en Facenda

As Plataformas de Emigrantes Retornados convocan para esta cuarta feira, 2 de xullo, ás 11 horas distintas concentracións contra a discriminación nas sedes da Axencia Tributaria no encerramento da campaña. 

Sindicalistas en folga de fame
TRABALLO

Folga de fame en PSA-Citroën contra o despedimento de dous afiliados da CIG

Dous membros da sección sindical da CIG en PSA-Citroën iniciaron unha folga de fame indefinida como medida de protesto polo despedimento de dous traballadores afiliados do sindicato nacionalista. 

LINGUA

Medran as solicitudes na conta atrás para que se active o dominio .gal

Só unha páxina loce polo de agora o .gal. A da iniciativa que xestionou o dominio. A partir do 25 de xullo serán 90 en acceder ao .gal. Na conta atrás, súmanse entidades insitucións, empresas e asociacións que solicitan ser "pioneiros". 

Carlos e Serafín
Galiza

A entrada en prisión de Carlos e Serafín depende xa só do goberno de Rajoy

A Audiencia vén de desestimar o recurso do fiscal co que a entrada en prisión dos traballadores Carlos e Serafín depende só da resolución do indulto por parte do Consello de Ministros. A noticia coñécese despois das multitudinarias mobilizacións de apoio á liberdade sindical. 

As fillas bravas
CULTURA

“As fillas bravas”, a aposta de Chévere no teatro feminista en clave de humor

Feminista e de humor. Así son “As fillas bravas”, a nova proposta de Chévere que se estrea na Mostra Internacional de Cangas dentro do programa Mulleres en Acción. 

POLÍTICA

Schulz reelixido presidente da Eurocámara nun pacto "a porta pechada"

O socialdemócrata contou co apoio de socialistas e populares europe@s cuxo pacto foi criticado pol@s restantes candidat@s. 

POLÍTICA

Pasos para fortalecer un "polo nacionalista de esquerdas" cara ás eleccións municipais

Serán ferramentas nas que debater programa e candidaturas para a cita electoral do 2015. 

roldaImpresa1
POLÍTICA

A mocidade independentista convoca manifestación na véspera do Día da Patria

Sob o lema 'A mocidade mantendo viva a Galiza. Independencia' Agir, AMI, Briga, Comités, Galiza Nova, Isca!, Liga estudantil galega e Xeira chaman a se manifestar o 24 de xullo porque, din, "non estamos dispostas a que continúen a destruír o noso futuro, a nosa nación, as nosas vidas".

POLÍTICA

O PP de Cambre vincula homosexualidade con drogradición

A concelleira de Servizos Sociais, María Jesús González, asegurou que para eliminar a LGTBifobia "desde a Concellaría de Sanidade realizáronse talleres contra as adicións no Instituto de Cambre". 

TRABALLO

Contactos entre Urbaser e o comité após rexeitar o concello intervir no conflito

PP e PSOE rexeitaron en sesión plenaria que o Concello intervise no conflito de Urbaser, como propuñan traballador@s e BNG, mais a empresa convocou o comité de folga para iniciar a negociación dun novo convenio colectivo.

Roberto_Vilamea_Ponte recortado
COMUNIDADE SERMOS

"Con este A Fondo un decátase do amor á nación galega que a UPG inculca"

Neste mes que entra faranse os 50 anos daquel 25 de xullo de 1964 no que foi fundada a Unión do Povo Galego. 

Manifestación en Vigo
Galiza

Esixen ao PP que pase das palabras aos feitos e indulte os e as folguistas

Milleiros de persoas secundan as convocatorias unitarias en toda Galiza para esixiren o indulto xa para Carlos, Serafín, Ana e Tamara e o fin da represión pola defensa dos dereitos laborais. Vídeo no interior.

Manuel Bragado. Foto: Janite
CULTURA

O Fernández del Riego de Xornalismo premia un artigo de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado é o gañador do premio Fernández del Riego de Xornalismo polo seu artigo  “Illa Soidade” no que reflexiona arredor dun vello que vive na rúa, no centro de Vigo. 

CULTURA

Kiko da Silva, Premio Castelao por “O inferno do debuxante”

Kiko da Silva é o gañador do IX Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña. A súa obra “O inferno do debuxante” impúxose diante dos 13 orixinais presentados. 

Miro Casabella
CULTURA

Música no Valadouro para unha homenaxe colectiva a Miro Casabella

“Ceibar a Voz” é o título do concerto que se desenvolverá o vindeiro sábado 5 de xullo na praza de Santamaría do Valadouro en homenaxe ao músico Miro Casabella. A Quenlla, Arcadio, Bieito Romero, de Luar na Lubre, David Bellas, García e Leo, Quintas Canella, Tino Baz, e Pilocha participarán no acto organizado por varios colectivos culturais. 

TRABALLO

CIG-Ensino exixe a demisión do conselleiro após a anulación dos traslados

A Consellaría de Educación anunciou que acatará, sen recorrer, a sentenza que anula o concurso de traslados no que participaran 8.000 ensinantes e se adxudicaran 1.600 prazas. A CIG-Ensino exixe a demisión do Conselleiro pola “gravidade dos feitos”. 

.
MEMORIA E HISTORIA

As tres rosas vermellas do Candedo

Eran unha e dúas e tres mulleres, avoa, neta e filla. Pobres de solemnidade, xornaleiras e caseiras no lugar de Candedo, onde a Serra do Xistral acode a atoparse coas Fragas do Eume, alí onde as últimas curvas da Gañidoira van deixando o Concello de Ourol, co permiso do lugar de Xan Branco, para atoparse coas terras de Muras.

Galiza

Vítimas do sinistro de Angrois rexeitan que PP e PSOE acudan á homenaxe do 24X

Consideran que a participación de populares e socialistas suporía un "ataque á dignidade das vítimas".