opinión

capa a fondo 100
COMUNIDADE SERMOS

Un A Fondo cos 100 números de Sermos no retrovisor

Esta quinta feira chegou aos quiosques o número 100 do semanario Sermos Galiza e, con tal motivo, decidimos dedicarlle o A Fondo desta semana á traxectoria do xornal ao longo destes seus dous anos de vida. 

POLÍTICA

A Xunta accede a abrir os comedores escolares en verán se así o demandaren os concellos

Aproba unha proposta presentada polo grupo parlamentar de AGE que insta a Xunta a evitar que as crianzas carezan de alimentación ou sustento. 

sarria fóra
SOCIAL

Até 800 euros de multa por se 'mollaren' polo río

A Subdelegación do Goberno español sancionou a 9 integrantes da Plataforma sarriana polo río. As multas oscilan entre os 750 e 800 euros. Atribúenlles 'desordes públicas graves'.

Entrevista Xavier Vence
POLÍTICA

"Temos que movernos e tender máis pontes de diálogo coa sociedade"

Nunha longa conversa con Sermos Galiza, o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, avalía a crise do réxime do 78, os resultados das europeas e os desafíos de futuro que se abren perante a fronte nacionalista.

Rodríguez Baixeras
CULTURA

Baixeras, Premio Cidade de Ourense con “A luz extinta”

O escritor Xavier Rodríguez Baixeiras é o gañador do XXX Premio de Poesía Cidade de Ourense coa obra A luz extinta. O xurado valorou, entre outras cousas, que o poeta levaba a lingua “a unha decantación extrema”. 

Xosé Lois
COMUNIDADE SERMOS

Xa está aquí o número 100 de Sermos Galiza, mais unha aposta no xornalismo galego e libre

O semanario Sermos Galiza chega esta semana ao seu número cen e traspasa esta barreira coa vontade de reforzar e alargar o espazo galego de comunicación, sen o cal a nosa nación non ten futuro digno posíbel. Xa está disponíbel aquí, na nosa loxa.

POLÍTICA

EH Bildu intégrase no grupo da Esquerda europea unida

Afirma nun comunicado que o seu obxectivo é tamén manter unha "relación prioritaria" coa Alianza Libre Europea (EFA). 

Euskal Herria

Absolt@s 40 independentistas acusad@s de pertencer a Segi

A setenza emitida pola Audiencia Nacional española invalida as declaracións obtidas pola policía durante a incomunicación ao considerar que non foron obtidas en "exercicio da súa liberdade". 

Galiza

O BNG logra un acordo parlamentario para axilizar a Risga

O BNG logrou un acordo parlamentario que axilizará de maneira significativa a xestión da Risga. Tardarán un máximo de dous meses as rexístradas antes de fins de marzo e ás que demoren máis de tres meses se lles aplicará o silencio administrativo. 

TRABALLO

Despiden 12 traballadores no primeiro día de folga do lixo en Lugo

Na primeira xornada de paro a dirección da concesionaria despediu 12 traballador@s por incumpriren, dixo, os servizos mínimos impostos polo Concello, fixados no 100%. Vídeo no interior.

Congreso
POLÍTICA

O soberanismo de esquerdas e IU rexeitan a sucesión monárquica

BNG, Amaiur, ERC e a Izquierda Plural amosaron a súa oposición á Lei Orgánica que rexe a abdicación de Juan Carlos I. A esquerda abertzale abandonou a Cámara baixa durante a votación argüíndo non participar "nesta farsa". 

Feijóo
POLÍTICA

''Sigo pensando que os 7 edís condenados en Compostela non son delincuentes''

O esperpetento vivido no Concello de Compostela centrou a sesión de control ao goberno galego. A oposición sinalou a responsabilidade do propio Feijóo no acontecido.

capas tendidas
COMUNIDADE SERMOS

Bota a andar o concurso "Sermos no obxectivo"

O Sermos en papel fai os 100 números e quere celebralo cun concurso fotográfico a través do Facebook. Dúas condicións: ser seguidor/a da páxina de Sermos e que nas fotos apareza o semanario. 

Concentración na Coruña
Galiza

O BNG pide un referendo que traia un proceso constituínte e soberanía para Galiza

Nove concentracións reclamaron un novo proceso constituínte camiño cara a soberanía da Galiza. O BNG situou o debate nestas coordenadas, as que defenden fronte ao debate monarquía-república. 

Galiza

"Quince días para tramitar a lei para cambiar un rei, nove meses para a Risga"

Se non se resolven antes, os expedientes da Risga aprobaríanse de maneira automática aos tres meses, por silencio administrativo. É o que reclamou o BNG no Parlamento nunha iniciativa presentada pola deputada Carme Adán.

Galiza

O PP aproba en Ponteareas que o Concello asuma a defensa do alcalde

O alcalde de Ponteareas non terá que pagar a súa defensa. O PP aprobou que sexa o Concello quen a asuma, o que levou en Compostela á condena xudicial, inhabilitación e demisiónd e 7 concelleir@s.

Arturo Iglesias
CULTURA

Arturo Iglesias: “Exeria é a primeira cronista de viaxes da historia”

Con Exeria.Nos límites do mundo (AS-PG) o profesor e escritor Arturo Iglesias constrúe un relato sobre as experiencias no camiño da primeira cronista de viaxes da historia. O libro presentarase os próximos días na Coruña, Ferrol e Betanzos. 

Presentación de Cousas de Raíces
Galiza

Cousas de Raíces, unha iniciativa colectiva a prol do bosque galego

Corenta colectivos e entidades botan a andar “Cousas de Raíces”, unha iniciativa en defensa do bosque galego e o seu aproveitamento sostíbel. 

Galiza

Denuncian que responsábeis públicos de saúde mental se reúnan cun “lobby” de privatización

O Movemento Galego da Saúde Mental denuncia que os responsábeis da área na sanidade pública se reunisen con representantes dun “lobby” con intereses na privatización da saúde. A xuntanza tivo lugar nun xantar no Hostal dos Reis Católicos.

SOCIAL

Multas de 150 euros aos cerqueiros por berrar "lume" nunha manifestación

A Subdelegación do goberno español está a remitir multas a mariñeiros e armadores da frota do cerco que tomaron parte na manifestación do 6 de marzo en Vigo.