opinión

Delegación da AELG
CULTURA

A profesionalización afástase na literatura galega

A diferencia das situacións das literaturas galega, vasca e catalá quedou á vista no encontro Galeusca que se desenvolveu esta fin de semana en Barcelona. No caso galego, a profesionalización da escrita albíscase cada vez máis difícil. 

Guilherme e Bastardo
CULTURA

“Verevedere” de Guilherme e Bastardo preséntase co viño de Vide Vide nas Crechas

Xurxo Nóvoa e Alfredo Dourado presentan na Casa das Crechas de Santiago o seu proxecto “Verevedere” cunha cata de viños de Vide Vide. 

Dilma Rousseff primeira volta
INTERNACIONAL

Dilma ganha a primeira volta e disputará a presidência com o candidato da direita

Marina Silva, a grande derrotada, deixou entrever que apoiará Aécio Neves na segunda volta.

CULTURA

Un caderno para coñecermos 'que se agocha tras a Unión Europea'

A Fundación Moncho Reboiras publica en formato electrónico e descargábel de balde un caderno, da autoría de Manuel Mera e Xabier P. Igrexas, no que se abordan en chave crítica as principais cuestións arredor da UE, o euro e a Troika.

Ferrín, Rivas, Piñón e Tosar
CULTURA

A coraxe de se dedicar á escrita

A coraxe, a incerteza e a emoción mais tamén a vocación de pervivencia son materias coas que se adubía o oficio da escrita. Delas falaron Nélida Piñón, Méndez Ferrín, Manuel Rivas e Luís G. Tosar na clausura da Bienal Literaria que conmemoraba o 25 aniversario do Pen Club galego. 

SOCIAL

Garda Civil detén un independentista en Compostela acusándoo de ser membro de RG

Raúl A.C foi detido a primeira hora da tarde na zona de Santa Clara-Espíritu Santo e aplicóuselle a Lei Anti-terrorista. Ministerio de Interior considérao o ''presunto autor'' do estoupido de Baralla.

SOCIAL

AGE denuncia o desmantelamento do servizo de orientación escolar

A coligazón alerta da eliminación ou reagrupamento d@s orientador@s en até 23 centros de toda Galiza, principalmente no rural de Lugo. 

D.Lex estrado
CULTURA

Volta e Dálle leva a súa máquina da xustiza a Betanzos

Volta e Dálle ofrece a súa visión crítica do sistema xudicial en clave de humor co espectáculo “Dura Lex”, que estará o sábado 4 de outubro en Betanzos. 

Suso de Toro
CULTURA

O Galeusca literario debate en Barcelona a profesionalización da escrita

“A profesionalización do oficio de escribir e traducir” é o tema do encontro da Federación Galeusca que xunta este fin de semana en Barcelona escritores e escritoras da Galiza, Euskadi e Cataluña. 

Mundo

A presidenta do Círculo de empresarios tilda de "problema" contratar mulleres grávidas

Afirma que opta por contratar "mulleres maiores de 45 ou menores de 25". 

Sete magníficos máis un
CULTURA

Festival de Noso e Festiclown no inicio do San Froilán

O Festival de Noso e o Festiclown, simultaneo en Cisxordania, animan as rúas de Lugo no primeiro fin de semana das festas do San Froilán. 

SOCIAL

IES Vilar Ponte: "A Xunta semella non querer que o centro funcione"

A Anpa do instituto viveirense valora iniciar accións para exixir unha solución aos problemas do centro perante a escaseza de profesorado e a inexistencia de dirección. 

LINGUA

Little oak, o inglés como arma na “cruzada” do Carballiño contra o galego

Recibiu queixas por ter o servizo de atención só en español e dá un paso máis cos impresos en bilingüe. Español e inglés. Eis a maneira do Concello do Carballiño de responder ás reclamacións da Mesa que demandou a intervención do Valedor do Pobo. 

Acampada_Jordi Borrás _ Nació Digital
Països Catalans

200 persoas acampan en Praça Catalunya mentres as forzas soberanistas se reúnen na Generalitat

Os movementos sociais independentistas --xunto con ERC e a CUP-- presionan o Govern para continuar adiante cos preparativos da consulta. 

LINGUA

O Consello de Europa envía o seu Comité de expertos para avaliar a situación do galego

O Comité de expertos do Consello de Europa estudará na Galiza o cumprimento da Carta Europea das linguas. A Mesa presentará un informe negativo e a CTNL denuncia a súa exclusión. 

POLÍTICA

A Xunta de Feijóo aumenta os fondos para recuperar pistas rurais en ano electoral

Goberno e Deputacións provinciais acordan un plan para arranxar as estradas do rural entre 2014 e 2015. O presidente anuncia un incremento do 82% nos fondos.

Peches nos centros de ensino contra a LOMCE
Galiza

As ANPAS reclaman da Xunta un acordo como o do Goberno vasco para garantir o ensino en galego

Despois de que o Goberno vasco conseguira manter a súa capacidade para determinar a presenza do euskera no ensino, as ANPAS esixen unha negociación similar por parte da Xunta. 

POLÍTICA

A SEPI xustifica o traslado dunha parte do flotel de Navantia e oponse ao dique

O presidente, Ramón Aguirre, asegura que "só é un 2%" da produción e que se debe a un cumprimento nos prazos. Aliás, aclarou que o dique flotante non se construirá.

CULTURA

A Bandeira lembra a Ramón de Valenzuela no seu centenario

O escritor Xosé Neira Vilas ou o seu fillo José Ramón participarán na conmemoración do centenario do escritor Ramón de Valenzuela na Bandeira. 

SOCIAL

O Concello de Xinzo responde con fotos ás denuncias por unha aula infantil

Representantes das nais e pais do alumnado da Galiña Azul critican que non se lles remita a documentación solicitada e reclaman a autorización de abertura da aula.