opinión

bispo
POLÍTICA

O bispo de Alcalá ve o PP tomado polo “feminismo radical” e “infectado polo lobby LGTB"

Era evidente que a integrista Igrexa española non demoraría en reaxir contra a decisión do Goberno Rajoy de retirar a súa reforma da lei do aborto.

SOCIAL

Máis de 2 mil sinaturas piden a retirada da sanción ao gandeiro da Sionlla

Jorge Piñeiro foi multado polo Concello de Santiago argüíndo que as bostas das súas vacas na estrada supoñen un delito.

Països Catalans

Mas asinará este sábado o decreto de convocatoria da consulta autodeterminista

Será finalmente este sábado, segundo avanza Ara, cando o presidente da Generalitat de Catalunya, Artur Mas, asine o decreto de convocatoria da consulta autodeterminista.

POLÍTICA

"Se a Xunta non vai ao Monte Pindo, o Monte Pindo vai á Xunta"

Através do BNG, a Asociación Monte Pindo Parque Natural, preguntará á Xunta pola súa xestión da catástrofe no Olimpo Celta.

Galiña Azul_Xinzo
SOCIAL

Denuncian irregularidades na abertura dunha nova aula na Galiña Azul de Xinzo

Representantes das nais e pais advirten dun posíbel incumprimento legal por parte do Consorcio galego e o Concello de Xinzo de Limia. 

Mai
SOCIAL

O feminismo gañou o pulso ao PP

O feminismo gañou o pulso ao Partido Popular. A retirada do anteproxecto de reforma da lei do aborto e a demisión de Gallardón mostran que a constancia na loita social pode facer quebrar un goberno.

instituto
SOCIAL

Demite a dirección do IES Vilar Ponte (Viveiro) por escaseza de profesorado

A equipa directiva presentou a súa renuncia após comunicárenlles desde a Xunta que non se cubriría o cupo de docentes que marca a lei.

CULTURA

A escritora Marica Campo, Premio Ramón Piñeiro “Facer País”

Pola súa traxectoria e, en especial, polo seu labor na defensa da lingua e a literatura galega o xurado escolleu á escritora Marica Campo como gañadora da XIII edición do Premio Ramón Piñeiro “Facer País”. 

INTERNACIONAL

Sturgeon, na carreira para relevar Salmond: “Escocia será independente”

A viceprimeira ministra escocesa Nicola Sturgeon confirmou esta cuarta feira que aspirará a relevar a Alex Salmond ao fronte do SNP e do goberno de Holyrood.

CULTURA

O catálogo social en liña patrimoniogalego.net recolle xa 6.000 bens duns 300 concellos

O obectivo está nos 10.000 e xa superan os 6.000. O catálogo social en liña patrimoniogalego.net é xa o maior rexistro público dixital de monumentos galegos e recibiu neste ano 160.000 visitas.

Moncloa
INTERNACIONAL

A caverna mediática española acusa a Rajoy de 'traizón'

A imprensa madrileña afín ao Partido Popular responde con dureza desde as súas páxinas á decisión do goberno de Rajoy de retirar a reforma da lei do aborto e alíñase co sector ultra-conservador. 

.
UNHA NOVA PESCUDA DE CILIA TORNA

A prehistoria da UPG (LP) e do PGP

O proceso de conformación da UPG (Liña – Proletaria) e de seguido do Partido Galego do Proletariado é o resultado dun debate que vai ocupar todo o ano 1977 entre dúas tendencias do que no momento coñecíamos como movemento nacional–popular.

Congreso español
SOCIAL

A oposición celebra a renuncia do PP a lexislar sobre o aborto

Se nas primeiras declaracións os partidos da oposición parlamentar se apuraban a celebrar a retirada da lei e reclamar a dimisión de Gallardón, en pouco, a súa demanda converteríase en realidade. Os partidos da oposición destacaron o papel da presión do feminismo na decisión do Goberno. 

ponton
LINGUA

O Plan de Normalización perde no Parlamento a unanimidade de hai dez anos

Por segunda vez debátese no pleno do Parlamento o Plan de Normalización Lingüística. Se hai dez anos contou co consenso de todos os grupos,desta volta o partido do goberno rexeitou a iniciativa do BNG que esixía o seu cumprimento. 

Celestino Fernández de la Vega
CULTURA

No centenario de Fernández de la Vega, o autor do segredo do humor en tempos tristes

A pouco estivo de arrebatarlle o Día das Letras Galegas a Filgueira Valverde mais non puido ser. De triunfar na apertada votación, o nome de Celestino Fernández de la Vega ampliaría o seu reducido coñecemento neste ano no que se fai o centenario do seu nacemento tal día como hoxe, en Friol. 

aborto
POLÍTICA

Rajoy retira a reforma da lei do aborto e Gallardón vaise

O presidente do goberno español desiste de reformar a lei nos termos anunciados por Gallardón, mais si que, na actual lei de prazos, se fará obrigatorio o consentimento familiar no caso das menores de idade. Gallardón dimite como ministro e anuncia que deixará o escano, as responsabilidades no PP e di adeus á política. 

SOCIAL

As familias do Rosal féchanse no CEIP para reclamar unha praza docente

A Consellaría de Educación négase a conceder unha praza docente que ao centro lle corresponde por dereito segundo o catálogo deseñado pola propia Xunta.

Galiza

Animan a moverse contra a feira taurina e a “tauromafia” da Coruña

Unha feira taurina en formato reducido cun mínimo de 100.000 € de cartos públicos. Colectivos animalistas e abolicionistas fan un chamamento á participación cidadá na manifestación do vindeiro domingo 5 de outubro. 

Mofa e Befa
CULTURA

Os clásicos modernízanse en Carballo

Pouco a pouco, o Festival Internacional Outono de Teatro vaise achegando ao cuarto de século. Nesta súa vixésimo terceira edición, revisita os clásicos co gallo do 450 nacemento de Shakespeare. O 3 de outubro comeza un intenso mes de teatro en Carballo.

CULTURA

Alonso Montero di que Filgueira non era falanxista nin “tecnicamente un franquista”

O presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, defende nunha entrevista concedida a El Pais que, malia ser alcalde no tempo de Franco, Filgueira Valverde non era “falanxista nin tecnicamente un franquista”.