opinión

Galiza

A CIG denuncia comportamentos machistas na aplicación do ERE de Abanca

Que 63% das persoas afectadas polo cambio de xornada sexan mulleres é só un exemplo dos “comportamentos machistas” que denuncia a sección sindical da CIG na aplicación do ERE en Abanca. Convocan unha concentración para esta quinta feira. 

MGS(1)
POLÍTICA

MGS e Nós-UP reivindican a vixencia do legado de Moncho Reboiras

Ambas as dúas organizacións independentistas conmemoraron o día do asasinato de Reboiras en Imo e Ferrol. En senllos actos puxeron en valor dos "principios ideolóxicos" e "militantes" do de Imo. 

Podemos ciencia
INTERNACIONAL

'Podemos Ciencia' rexeita sumarse ao boicote a Israel

O círculo acordou nun debate online non se adherir á campaña internacional argüíndo que "censurar cientificamente países non ten sentido" e atribúen o conflito en Palestina "aos políticos" israelitas.

Xosefa de Bastavales
CULTURA

As mulleres do “bravú” regresan na homenaxe a Xosefa de Bastavales

O Bravú tamén ten mulleres? Ten e van subir ao escenario para homenaxear á pandeireteira Xosefa de Bastavales.

Allariz_Ana
SOCIAL

Allariz volveu encher a praza do concello 25 anos despois da revolta

A veciñanza alaricana conmemorou o vinte e cinco aniversario da revolta popular cunha romaría coa que homenaxear "a todo o pobo mais, sobre todo, aos que non están", sinalou o alcalde. VÍDEO NO INTERIOR.

POLÍTICA

Catro mil prazas para o exército e menos servizos públicos

A CIG Saúde denuncia a convocatoria de milleiros de prazas nas Forzas Armadas mentres en Galiza se destruíron en catro anos 3.000 empregos na sanidade pública. 

Ebola
INTERNACIONAL

Máis dun milleiro de mortes por ebola na África Occidental

Liberia tornouse o epicentro da epidemia que atinxe xa a países da súa contorna como Nixeria, Serra Leoa e Guiné-Conacri. Esta terza feira morreu o primeiro dos doentes tratados co soro experimental ZMapp, Miguel Pajares.

TRABALLO

BIS propón o despedimento de máis dun terzo do plantel en Galiza

Á multinacional alemá BIS, adicada ao deseño e instalación de andamios así como a traballos de illamento, sóbralle máis dun terzo do plantel que ten en Galiza. A empresa desenvolve os traballos de remodelación da fachada da Catedral de Compostela.

Moncho Reboiras
Galiza

O aniversario do seu asasinato reaviva a relevancia histórica de Moncho Reboiras

O portal da Rúa da Terra, en Ferrol, onde tal día coma hoxe de hai 39 anos foi abatido a disparos da policía o militante nacionalista Ramón Reboiras será o centro dos actos da UPG na homenaxe a quen foi un dos seus membros. MGS, Nós-UP e FPG realizarán tamén actos de lembranza a Reboiras. 

Anaco do cartaz do Festival
CULTURA

O Festival de Riós confirma que o audiovisual se festexa no rural

O mundo do audiovisual está a topar o seu espazo no rural. Os días 13 e 14 de agosto desenvólvese na localidade de Riós, o  Festival das artes escénicas que, desta volta, premia ao actor Antonio Durán, Morris. 

POLÍTICA

A marea chega a Vigo a prol dunha candidatura cidadá para as municipais

Lanzan un manifesto co que procurar apoios e encetar un proceso semellante á Marea Atlántica na Coruña que remate coa constitución dunha candidatura "unitaria" nas eleccións municipais de 2015.

INTERNACIONAL

Reanúdanse as negociacións entre Palestina e Israel cun novo alto ao fogo

Durará 72 horas e visa empurrar as negociacións que decorren no Cairo. 

Escotet e Feijóo
Galiza

Abanca, unhas contas que non dan

De non ser polos preferentistas Abanca rexistraría perdas por riba dos 550 millóns de Euros. A entidade recibiu 36.925 millóns de euros de axudas públicas desde 2008 mais debe facer fronte antes de fins de 2015 a vencementos de débeda co Estado e ao BCE por 8.000 millóns. Sitúase á cabeza de refinanciación de créditos dubidosos, o 91,7% fronte ao 64,1% de media do sector.  

Concha Rodríguez
CONCHA RODRíGUEZ, PSICóLOGA

"A reforma do aborto é unha cuestión de moral relixiosa feita lei"

Avaliamos o anteproxecto de lei deseñado polo goberno español con Concha Rodríguez, responsábel da área de xénero do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galiza após o comunicado no que exixen a retirada da reforma. 

tanques-crop
POLÍTICA

O ministerio de Defensa español gastarase un crédito especial de 900 millóns de euros

O Goberno xustifica a medida nas “eivas” das súas forzas e gastará unha enorme cantidade de cartos en armamento e adestramento en medio dunha crise social de alta intensidade.

DSC_2770
CULTURA

"A nosa música é extrema porque somos un escáner desta época"

Das Kapital cumpren catro anos. Das lapas para enfrontar “a denominación consentida” e o “pop consensual” ás faíscas nas que habita unha nova furia “contra a convención melódica”. Sant-Just, ‘O Arcanxo do Terror’, ora pro nobis.

Acto de recebimento dos presos da UPG na Universidade de Santiago.
NO ANIVERSARIO DO ASASINATO DE MONCHO REBOIRAS

O noso agosto negro

Cando aquel martes 12 de agosto de 1975 se coñeceu a nova do asasinato do militante da UPG Xosé Ramón Reboiras Noia, foron moitas as galegas e galegos que caeron na conta de que Galiza non era un xogo, aínda máis, decatáronse de que por Galiza morríase.

SOCIAL

Asasinada máis unha muller no Estado español pola violencia machista

Ana María Márquez é a quinta muller asasinada pola violencia de xénero no conxunto do Estado en menos dun mes.

CULTURA

Dous poemas inéditos do Ánxel Fole máis satírico

O número 109 do semanario Sermos Galiza -xa nos quioscos e na nosa loxa dixital- publica dous poemas inéditos do Ánxel Fole máis satíricos, atopados no Fondo Ben-Cho-Shey. 

Allariz
Galiza

25 anos da revolta que transformou Allariz

Este 11 de agosto cúmprese un cuarto de século da loita popular que rematou co goberno do Partido Popular en Allariz e iniciou un proceso de transformación municipal liderado pola veciñanza.