opinión

A aviación de Israel bombardea vivendas
INTERNACIONAL

Israel viola a tregua 4h após entrar en vigor

Apenas pasaran unhas horas do inicio do cesamento ao fogo acordado durante 72 horas cando a artillaría israelita asasinaba a catro cidadáns palestinos no sur da Faixa de Gaza, na cidade de Rafah. O número de persoas mortas ascende a máis dunha vintena.

GAZA
INTERNACIONAL

Os países do Sur sancionan a Israel mentres que a UE mantén a súa ambigüidade

As reaccións internacionais á masacre en Gaza reflicten posturas dispares entre América Latina e o eixo Bruxelas-Washington. O Mercosur anuncia a cancelación de todos os convenios civís e militares con Israel. 

Compostela2
SOCIAL

Rexeitamento social da violencia machista nas rúas de Galiza

Após o asasinato de Sara Fernández na terza feira, o movemento feminista galego tomou as rúas de 5 cidades para amosar a súa repulsa a este novo asasinato.

caderno de agosto 1 340
COMUNIDADE SERMOS

Sermos Galiza estrea Caderno de Verán

Sermos Galiza estrea esta quinta feita caderno de verán, con reportaxes, entrevistas, narrativa erótica, un relato inédito en entregas de Xabier P. Docampo e nova sección de Xurxo Souto. 

Congreso CxG
POLÍTICA

CxG deixa en mans das agrupacións locais a fórmula de concorrencia ás municipais

Serán as localidades as que decidan de que maneira concorrerán aos comicios de 2015. 

Gaza
INTERNACIONAL

"Asasínanos o mundo que nos ten aquí fechados"

A poboación gazatí denuncia a posición de Exipto por manter fechadas as fronteiras de Rafah e Kerem Shalom.

Fragmento dunha ilustración de Trazo de xiz
CULTURA

As “fontes orixinais” de Miguelanxo Prado descóbrense na mostra "Mar interior"

Mar Interior é o título da exposición que mostrará a partir do 1 de agosto 59 obras de Miguelanxo Prado, unha retrospectiva ao coidado de Fausto Isorna que nos achega ás “fontes orixinais” da súa traxectoria. Ficará aberta no Museo das Peregrinacións de Santiago.

Manifestación contra as touradas en Pontevedra Foto: GZ Videos
Galiza

“Galiza mellor sen touradas” acada o apoio de representantes do BNG, AGE e PSdeG no Parlamento

A plataforma “Galiza, Mellor Sen Touradas” recadou o apoio de 23 parlamentarios e parlamentarias do BNG, AGE e PSdeG para reclamar unha Coruña libre de touradas. 

LINGUA

Prolingua esixe a Xesús Vázquez que faga pública a avaliación do galego no ensino

Cunha carta dirixida ao Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Prolingua esixe que se fagan públicos os resultados da avaliación oficial da situación do galego no ensino non universitario e reclama que se tomen medidas perante un “retroceso sen precedentes”.

Viale Moutinho
CULTURA

“Escrever nas margens” no Festival de Poesía do Condado

“Escrever nas margens” é o lema da XXVIII edición do Festival de Poesía do Condado que xa presentou o seu programa para os días 5 e 6 de setembro. Moita poesía mais acompañada de música, obradoiros e audiovisuais. 

INTERNACIONAL

Arxentina non alcanza un acordo cos ‘fondos abutre’ e nega estar en suspensión de pagamentos

Arxentina esgotou o prazo fixado para o pagamento a propietarios da débeda sen chegar a acordo cos ‘holdouts’, que exixían 1.300 millóns de dólares apoiados na sentenza dun xuíz estadounidense.

Baltar e Feijóo no Congreso de Ourense
POLÍTICA

Baltar, condenado a 9 anos de inhabilitación por ‘’prevaricación continuada’’

A sentenza xudicial non vai ter efecto ao estar xubilado o que fora presidente da Deputación de Ourense. A xustiza considera probado que 'enchufou' a 104 persoas na Deputación de Ourense.

Citroën
TRABALLO

Operari@s en defensa dos seus dereitos

Os conflitos abertos en Citroën (Vigo), Urbaser (Lugo) e Atento (A Coruña) ilustran a loita das traballadoras e traballadores en Galiza contra o continuado retallamento de dereitos e salarios.

Pontevedra
Galiza

Pontevedra proponse acabar co feísmo con +Boavila

A iniciativa, que parte do concello, quere contar coa colaboración cidadá para mellorar a calidade urbana e a convivencia nos barrios.

Euskal Herria

A Audiencia Nacional comisa un cento de 'herriko tabernas'

O tribunal condena a penas de entre tres anos e 17 meses de cadea a 20 persoas, entre elas Joseba Permach e Floren Aoiz.

POLÍTICA

Alcaldes do BNG, partidarios de converxer en listaxes abertas con Podemos e IU

Movimentos no seo da fronte nacionalista. Algúns alcaldes próximos ao líder da corrente Abrente, Carlos Aymerich, son partidarios de ir ás municipais en listaxes abertas.

violencia_dentro
SOCIAL

Dúas mulleres asasinadas pola violencia machista en 48h

Verónica Frías (24 anos) e Sara Fernández (81 anos) foron asasinadas entre a segunda e terza feiras. O movemento feminista convoca concentracións na quinta feira.

Xabier P. Docampo
AUTOR DE 'OPERACIóN MONTE DE LIXO'

Xabier P. DoCampo : “Os xornais teñen que volver publicar literatura”

Sermos Galiza conta este verán cunha sinatura de luxo. O Caderno de Agosto publicará en cinco entregas, a primeira esta quinta feira, o sorprendente relato de Xabier P. DoCampo Operación monte de lixo, un thriller no que o autor se mergulla no mundo da corrupción. 

O Marisquiño
CULTURA

O 'skate' internacional volve a Vigo co Marisquiño

A elite deste deporte urbano, que se torna filosofía de vida, darase cita na cidade olívica do 8 ao 10 de agosto. 

Orlando
ORLANDO GONZáLEZ, MéDICO E ALCALDE DE MONDOñEDO

"Cando cheguei ao accidente da A-8 o que vin era dantesco"

Perante o anuncio de novas medidas de seguridade, máis eficaces, que promete Madrid desde o Ministerio de Fomento pregúntase "por que non se fixo antes?".