Feixoo presenta no Parlamento a súa renuncia
"Estou emocionado; se non te emocionas nestes momentos non te emocionas nunca", dixo na mañá desta sexta feira, tras facer oficial a súa dimisión na Cámara galega.
"Estou emocionado; se non te emocionas nestes momentos non te emocionas nunca", dixo na mañá desta sexta feira, tras facer oficial a súa dimisión na Cámara galega.
O 31 de marzo de 2013 vían a luz pública unhas fotografías que revolveron a política galega. As imaxes amosaban a Alberto Núñez Feixoo partillando vacacións co narcotraficante Marcial Dorado. As instantáneas tomáranse cando este último xa fora procesado no marco da chamada 'Operación Nécora'.
A aprobación da Lei do audiovisual entra na súa fase decisiva no Congreso dos Deputados. Unha vez fechado esta semana o prazo de presentación de emendas polos grupos parlamentarios, as propostas de modificación formuladas polo PSOE e o PP non garanten a presenza do galego nas novas plataformas de comunicación.